martes, 7 de abril de 2020


¡¡FELICIDADES!!


 

Chicos/as hoxe temos de cumple a un dos nosos heroes. Moitísimas felicidades Manuel de todos nós😘

https://www.youtube.com/watch?v=tznBgIGSi98


jueves, 2 de abril de 2020

VACACIÓNS

Bueno campións, a mañá non quisen recordar as vacacións senón algún seguro que diría :a pois entón xa farei a tarea outro día jaja, pero mañá non habería cole posto que é festivo en Cangas e colleríamos vacacións hoxe. Algún estará pensando, mañá non hay tarea?, pois non a de hoxe a mañá era a última ata a volta de Semana Santa. Profe e non levamos deberes?, pois tampouco porque xa me foron contando uns paxariños que o estades a facer moi ben. Si deberíades ser responsables e estudar as tablas e leer que sabedes que é moi importante. Decídelle aos pais que hay bibliotecas virtuales que ofrecen libros moi chulos. Deixo aquí un enlace pero as editoriais tamén dan acceso ás descargas en pdf os libros nestes momentos:


Aínda que non poña tarefas para as vacacións gustaríame que fixerades unha soa cousiña,que en tantos días seguro que non vos custa nada. Este encarguiño é que fagades un cómic ou quen queira unha redación nun folio ou cartolina (elixides unha cousa ou outra).

Sobre que tema?, pois sobre esta situación que estamos a vivir agora, o deste amigo infiltrado Covid que pola súa culpa non podemos ir o cole, estamos cumprindo todos unha misión: uns de quedar na casa pero outros teñen a misión de seguir índo a traballar para axudarnos a todos: os médicos e peroas dos hospitais para salvar as persoas que se contaxiaron, outros investigando para intentar derrotar a este inimigo, as dependentas como xa vos dixen van a traballar para que teñamos para comer, os policía, gardas civís e militares para vixiar que todos cumpran a misión, os reporteiros e xornalistas para informarnos de todo, os mariñeiros, agricultores , gandeiros para seguir recollendo as materias primas para que non nos falte de nada, os transportistas que nos traen todos os productos, algunas persoas traballan elaborando material médico, os pilotos...…..repito hay moita xente que inda vai a traballar porque o seu traballo é moi importante para toda a poboación, estes son auténticos heroes e heroínas téndelo en conta para a redacción ou o cómic.

Lémbrades o que digo sempre de todos unidos mellor?, pois nestes momentos estamos todo o mundo unido intentando gañar esta derrota como ás dos heroes da tele. Agora estamos unidos por gañarlle a este infiltrado, ata outros países sabedes?, pois si uns países con outros tamén están unidos, como a cadea de favores nosa( a do video) pois igual pero duns países con outros. Sabedes que ata chegan avións doutros países que comparten con nos moitas cousas como: as gafas dos médicos, as batas, as luvas…….Agora si que a xente está portándose ben e cumprindo cos valores que sempre dicimos verdade??, empatía uns con outros, xenerosidade, amabilidade,respecto, unión...…...esta situacón está sendo a cadea queríamos ehhhh, un mundo de cores, só nos falta botar o enemigo este dunha vez e listo. Non se sabe canto se vai tardar, porque sabedes que as loitas ás veces son máis difíciles que outras, pero o que hai que ter é paciencia e moito ánimo.

Entón repito o encarguiño que me gustaría que fixerades : unha redación (unha carilla) sobre o que está a pasar ou un cómic porque no cómic tanto contas o que está a pasar nos debuxos como no que escribes en cada viñeta. Esmerádevos un pouquiño e pensar en todo o que vos contei deses traballadores heroes que xa vos dín moitas pistas e ideas. Tamén se me  ocorre outra cousa, se alguén en vez de un cómic ou redacción quere escribir unha carta a alguén contando todo o que está a pasar  tamén pode. O que queirades , espero mirar ese traballiño 😉que seguro que me sorprende moito. Xa sabedes ten que ser en galego porque sería traballiño do proxecto tamén. O que non lle acorde como era o cómic que o mire no tema 7 de galego ou que se acorde daquela historia que nos contou Alexandra do bulling, lémbrades que nos gustou moito?, pois no cómic contaba todoooo aquilo.

Por certo mamá/papá ensinouvos un video que puxemos os profes no Facebook con fotos de cando eramos nós cativos??, recoñecestedesme?, pídelle que cho ensine e a ver se encontras os profes, sobre todo os que vos dan a vós: profe Alberto, Luci, Rani,Paloma, Mari e eu a ver se me topades, xa me contaredes ehhhh😊

Dende que estamos na casiña, puxemos tres videos para vós, non sei se vichedes todos: o dos arcos da vella dos profes, o video de cando eramos cativos e agora un de vacacións, ,mirádeos que seguro que vos gustan.


PROPOSTA (optativa)
Agora vou facervos unha proposta, non é obrigatorio pero algún/alguna igual lle gusta. Poderíades empezar a escribir un diario persoal. Non sei se todos sabedes o que é un diario?, pois para que me entendades é escribir nunha libretiña tódolos días o que fixeches ese día  dende que te levantaches ata que remata o día. Esa persoa que escribe di: querido diario: (é como si o diario foxe unha persoa ) hoxe día tal levanteime………..facía bo día.....fixen tal....despois xoguei cos meus pais....tamén contase como te sintes ese día, cousas que che gustarían,....contase tamén secretos sabes?, porque é un diario persoal teu, que contas o teu día a día. O que pasa que falas como se o diario fose unha persoa e lle estiveras falando.

Xa sei que pensades que agora non tendes moito que contar, porque diredes: non saín da casa , non fun a ningún lado, non fixen nada interesante que contar, pero non non!!!!!, estás equivocado/a na casa seguro que fas moitas cousas durante o día. Seguro que tes momentos de xogos que contar, risas coa familia, alguna anécdota desas que contades na clase que vos pasan......pois podes contar ese día a día. Ahhh !!!, que me esquecía tamén cando escribas como te sintes cada día poderías poñer cousas que botas de menos e sobre todo as cousas que che gustaría facer cando gañemos a derrota e nos deixen saír a rúa, ir o cole, que che gustaría facer?, a que sitios che gustaria ir?, con quen?, a quen queres mirar primeiro?,a quen tes moitas ganas de abrazar........Pois mira todas esas cousiñas son as que podes escribir no diario cada día. O diario repito escríbese todos os días, claro que haberá días que teñas moitas ganas de contar e outros igual non foi un día moi bo para tí e igual só escribes duas liñas, pero non pasa nada ,porque e teu, escribes cando queres, a hora que queres e o que ti queres . Este diario é como o que cubro eu da clase, sabedes non? , onde escribo tódolos días e poño quen se portou mal jaja, quen non veu a clase......pois isto igual vas ter  rexistrados todos os teus días da túa vida. Cando sexas máis maior gustarache leer ese diario de cando eras pequeno e sobre todo esas páxinas do Diario onde poñía que estábamos todos encerrados na casa sin salir a calle...…..e dirássss: mimaaa cantos anos pasou dixo, vou leer a ver o que poñía cando estivemos na casa naqueles tempos.O Diario e secreto pero se algún neno quere compartir cando volvamos o cole o seu diario e leernos como pasou él todo esta aventura do coronavirus pois claro que pode, estaremos encantados de escoitalo.

Lémbrades o conto que fixera Iván?, de aquel barco no século tal, que saía de tal sitio......e despois íanos contando cada día o que pasaba nese barco, onde se dirixía cada día …...Pois era como un diario tamén dese barco.

Bueno esa era unha proposta para quen queira, agora aquí abaixo vouvos deixar un video divertido de relaxación de movementos pero máis ben son deses retos que vos gustan a vós. Prácticade a ver se vos sae o das mans e dicidelle os da casa que o intente tamén. 
Un biquiño moiiiiiiiii grande a todos e si non mando deberes para as vacacions e porque os deberes que os encargo é que seades moiiiiiii felices, así que obrigatorios só iso SER FELICES, e máis vouvos contar un secreto: dixeronme que o enemigo covid o que máis lle fastidia e ver a xente rir moito, sabedes porque??, porque si estamos tristes él pensa jaja son eu o gañador, pero nonnnnn todos a rir moito e a disfrutar para enfadalo e que lle quede claro que non nos rendimos, seguimos loitando ata derrotalo, pesadooooo que é un pesadooooo!!!!!. 
Así que ímos fastidíalo ,ídes disfrutar, rir moito e conseguir que rían todos os da vosa casa. Mira co video de abaixo con eses monequiños  na tuas mans xa podes facer rir a todos, ponlle distintas voces e listo.

Disfrutade das vacacións, do descanso e da familia.
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘(25 biquiños un para cada un)

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PARA AS VACACIÓNS

Nesta publicación déixovos algúns recursos para a próxima semana, por se queredes seguir traballando cos rapaces e rapazas. Cabe destacar que non son obligatorias, soamente son suxerencias por se alguén as precisa. 

  • Tarefas para todos: poñer a mesa, traballar as emocións (podedes recortar caras de revistas e clasificalas, imitalas...), e os sentidos.



Podedes crear unhas botellas sensoriais e botellas da calma para ter na casa e utilizalas como recurso cando os nenos e nenas o precisen. Déixovos un link no que explica paso a paso como facela:

https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/manualidades/como-hacer-una-botella-de-la-calma-o-bote-magico-para-ninos/
  • E podemos facer unha actividade sobre o noso proxecto deste ano, "Xogando coa arte de Hervé Tullet"😃




  • Tarefas máis específicas:
CARLOTA (despois mirar o que lle puxo a profe Elena abaixo)

O máis importante é a repetición e contancia, polo que o ideal sería traballar na mesma liña:

- Fotografías.
- Pictogramas.
- Vocabulario: cores, emocións, animais, alimentos, etc.
- Motricidade fina e grosa, e texturas. 


LUCI ( despois mirar o que lle puxo a profe Elena abaixo)

Que podemos traballar?

- A comunicacion e o vocabulario: A través de fotografías ou imaxes, fomentar que as describa a través de preguntas.
- Os números: conteo a través de obxectos, da aprendizaxe vivencial (dando saltos...).
- As letras e o seu nome: deletrear as letras do seu nome, escribilo, xogar coa letra L, as vogais, etc.
- Motricidade fina e grosa: recortar, trocear papel e pegalo, facer boliñas, utilizar plastilina, saltar, bailar, facer ioga, etc.





ISAAC

- Lectura e comprención a través de preguntas.
- Escritura de palabras, frases, contar sílabas, etc.
- Números: conteo, sumas e restas con problemas sinxelos...
- As horas.
- Conceptos: masculino-feminino, sinónimos e antonimos, singular e plural...
- Motricidade fina e grosa: recortar e pegar, facer boliñas con papel, encestar, bailar, facer ioga, etc.




Unha aperta a tod@s!! Para calqueira consulta ou se queredes compartir algún dos traballos, aquí tedes o meu correo: oteromiguelez.lucia@gmail.com

E DE PARTE DA PROFE ELENA PARA OS TRES VER O VIDEO DA OUTRA PUBLICACIÓN XOGAR COAS MANS E DIBUXAR NOS DEDOS, FACER COMO TITERES CON ELES, CON LUCI E ISAAC FACER QUE ELES FALEN CREEN O DIÁLOGO COMO CANDO XOGAN. CON CARLOTA: PRIMEIRO FACERLLE UN DEBUXO CALQUERA POR EXEMPLO UNHA FLOR MOI GRANDE NUNHA DAS SÚAS MANS PARA CONSEGUIR PRIMEIRO ESA ATENCIÓN (PINTARLLE CANTO MÁIS MELLOR PARA QUE LLE CHAME ATENCIÓN)
UNHA VEZ ESTEA ATENCIÓN FIXADA NAS SÚAS MANS, POÑERLLE AS NOSAS ENRIBA COMO AS DO VIDEO CON DOUS PERSONAXES E EMPEZAR A FALAR CON VOCES MOI EXAXERADAS, PARA QUE LLE CHAME ATENCIÓN TANTO AS VOCES COMO AS MANS, ENSEGUIDA LEVANTAREMOLAS SEPARANDOAS E FALANDO UNHA MAN E SEGUIDA A OUTRA PARA QUE ELA INTENTE SEGUIR COA MIRADA ESA VOZ E ESA MAN. FACELO RÁPIDO PARA QUE XOGUE COA CABEZA E BUSQUE ESA ATENCIÓN ( COMO CANDO MIRAMOS UN PARTIDO DE TENIS.
MOITOS BIQUIÑOS PARA OS TRES😘😘😘
XOGOS EN FAMILIA 
  • Dominó: podedes crear o voso propio dominó con algunha temática que vos apeteza, formas, números, símbolos, animais, táboas de multiplicar, etc.
  • Oca: con este xogo da oca podedes retaros a dicir palabras que empecen por a letra da casilla onde caedes, obxectos ou cousas que teñan esa forma, facer unha acción tantas veces coma o número q nos saia, etc.
  •  Marcapáxinas
  •  Outros xogos e manualidades:



2 DE ABRIL

Bos días, hoxe o primeiro que quero dicir e que é o día Mundial do Autismo, se estiveramos na aula traballaríamos este día en profundidade co proxecto, cos debates que os gustan moito, con videos e actividades, pero deisámolo para outra ocasión senón aquí falo eu soliña e non sei o que me debatides nin o que pensades para poder explicar. De todas formas déixovos unha canción moi chula e sólo quero que vos acordedes do que vos digo sempre "TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS SOMOS DIFERENTES".

A profe Luci fíxome a proposta que se tendes pintura na casa poderíades pintarvos igual que os do video (ou soamente as mans) e mandarme as fotos por mail ou se as reunides polo grupo de pais as fotos de cada neno na súa casa e alguén mas quere pasar  todas xuntas mellor, digo por se lle é máis fácil algún mandarllas a outro por wasahp, como queiran os pais. Algo faremos con elas agora e á volta ó cole tamén. Decídelle a mamá/papá que un día é un día e un pouquiño de loucura na casa como facedes no cole non vos ben mal, así que a pintar todos a cara e as mans, canto máis manchados mellor e cantas máis cores mellor xa sabedes mundo de cores e todos diferentes. Se algún quere ou pode poñer o seu arco da vella detrás, que salga na foto mellor que así xa miro todiños. Non ten que ser hoxe xa, que hai pais que traballan, cando vos poidan sacar eles a foto.

Déixovos a canción e máis una proposta pa poñer na ventá para o que queira.

Canción: "Vivan las manos de colores"


https://www.youtube.com/watch?v=n9ppwF6h1sc&feature=youtu.be





TAREFA DE HOXE:
Matemáticas: Hoxe sólo ides escribir en mate así que nada de protestar polos exercicios. Vades a mirar primeiro o video e despois ides intentar responder os exercicios:
Páxina 114 o 2 e 3, páxina 117 o 2 e 3,páxina 120 o 1 e páxina 121 o 6 e 7. Nos que dí que copies e digas que ángulo é, faino a ollo inda que non teñas transportador.






Naturais: ides clicar nestes enlaces e vades mirar os videos nos que explican as páxinas 64 e 65 doutra forma e como faría eu na clase nombrando máis cousas do que dí o libro. Vades ver cada video varias veces polo menos 3 veces cada video, e vades intentar quedarvos con todo o que dí, ídes estudar así hoxe, miralos ata que vos quede o que dí. Despois un adulto vaiche facer preguntas a ver se as sabes responder. Hoxe é como si estudaras polos videos en vez de polo libro e despois che fixeran un examen. 
Dille a papá e mamá que deixo aquí abaixo algunas preguntas de exemplo pero poden preguntar o que queiran, pero moitas ehhhh a ver con cantas cousas vos quedastedes. Estade moi mos: atentos, xa sabedes :ollos de buho e ourellas de elefante para enterarvos de todo. Por certo un dos videos vai moi rápido( o de edueduca) así que unha de dúas ou espabilades a ler moi rápido ou ide parando a pantalla para enterarvos.
 ¡¡¡¡ÁNIMO CAMPIÓNS!!


PREGUNTAS ORIENTATIVAS:
¿Os materiais de que tipo poden ser?, os alimentos naturais de que orixen poden ser?, de donde se obteñen cada tipo?, os alimentos chegan o súper e de que 4 formas podemos mercalos?, como se poden comer os alimentos vexetais?, sabrías citar que partes nos podemos comer das prantas?,  dime algún exemplo de raíces que nos comamos, agora dime un exemplo de de semillas que comamos. 
A coliflor de que parte da planta ven?, e a pataca?, dime un alimento que nos aporte vitaminas, o aceite é un elemento elaborado ou non?, os macarrons son elaborados a partir de...…...
A fariña de onde sae?, co trigo podemos facer pan?...…………..e así algunas preguntiñas máis.

Xoves, 2 de Abril de 2020.

Bos días!! Que tal estades familias?

Antes de nada, coméntovos 3 aspectos para facilitar a comprensión da publicación de hoxe😉:

  1. Dado que maña é día festivo en Cangas e que logo xa ven a Semana Santa, hoxe farei dúas publicacións. A primeira é soamente coas actividades de hoxe, e na outra mándovos recursos para as vacacións por se queredes traballar con eles, ademáis de que podedes lembrar as outras entradas ou rematar exercicios que quedaran pendentes.  
  2. Por outra parte, tamén é tempo de desfrutar en familia, polo que subiremos propostas de xogos e actividades (dentro da pestana de "Ocio").
  3. Por último, mencionar que o día 2 de abril é o día do autismo, no que a cor elixida é a azul. Dentro da pestana da profe Elena vos deixamos unha manualidade e un vídeo cunha canción. Lembrades como bautizáchedes o ano pasado á nosa aula? "PÉTALOS DE COLORES", e a aula de Elena "SUPERHEROES UNIDOS POR UN MUNDO DE CORES". Por iso, esta canción nos representa😀, xa veredes como vos encanta!
 Unha aperta!!


ACTIVIDADES PARA HOXE

Tendo en conta as rutinas da aula, hoxe imos dedicar unha sesión ós contos. Escollín un que temos na aula e que sei que lles gustará moito, e a vós tamén. Isaac xa o coñece porque practicamos a lectura a través del, pero estará xenial recordalo e tratar de que él mesmo o conte coas súas palabras.

Esta é a portada do conto (podedes comezar ensinándolla e preguntarlle que ve nela e que pensa do título) e debaixo adxunto o enlace para que o podades visualizar:





Aquí tedes algunhas ideas de actividades que podedes facer a partir deste conto, pero seguro que se vos ocorren moitas outras, espero que o disfrutedes!

- Comprensión do conto: formularlles algunhas preguntas, tipo: como se chama a xirafa?, como é?, que lle gusta facer?, por que se rin dela os demais animais?, cres que fan ben ríndose dela?, como remata o conto?, etc.

- Escritura: Poden escribir o título, pintalo, rodear as vogais ou as letras que contén o seu nome, etc.

- Animais: podedes traballar o vocabulario dos animais e escribilos e xogar coas súas sílabas, dando palmadas.





- Sons e estilos de música: podedes imitar os sons dos animais e engadir outros aínda que non aparezan no conto. Déixovos uns links para escoitar os estilos de música que aparecen no conto:

Vals: https://www.youtube.com/watch?v=ILBgXpYMRJk

Baile escocés: https://www.youtube.com/watch?v=pOSZrMOzq00

Sevillanas: https://www.youtube.com/watch?v=v_3EiFA37Zw

Tango: https://www.youtube.com/watch?v=Gcxv7i02lXc

Rock & roll:https://www.youtube.com/watch?v=d1QgI-q4LRA


- Manualidades: algúns exemplos:



Esta última podedes probar a facela con plastilina.

A maiores, déixovos aquí unhas tarefas de parte de Carlos por se tamén as queredes facer hoxe:

LUCI





ISAAC 


E de parte da profe Elena:

Naturais: poñerlle estes dous videos e pararllo e idelle facendo preguntas.

https://www.youtube.com/watch?v=x6xzfp1I75g 

https://www.youtube.com/watch?v=cAhy3VSSrtg 


Despois xogar con él cos alimentos da casa, por exemplo: esta leite que está no frigorífico é de orixe animal ou vexetal?, pensa de onde saíu?, dun animal ou da terra?......e a auga?

miércoles, 1 de abril de 2020

1 DE ABRIL

Bos días chicos/as alegría que hoxe comeza  un mes novo para todos, un mes no que cada vez xa está máis preto o verán que tanto vos gusta, así que moito ánimo.
Veña imos a traballar agora moito, que xa para a semana que ven descansades, así que ímonos esforzar un pouquiño💪

TAREFAS MÉRCORES

Matemáticas: hoy vamos a trabajar bastante mate que esta semana no hicimos ni una cuenta ni nada de mate. Como seguro que ya estáis aburridos de las unidades de medida vamos a cambiar y vamos hacer unos ejercicios de repaso trimestral. Vais a la página 124 y vais hacer el 3, 4, 5, 7, 9 y 12 (cualquier duda que no os acuerde consultais atrás en el libro o me escribis que estoy aquí para resolver dudas).

AHORA TOCA DESCANSAR MEDIA HORITA👏👏

Como ya descansasteis y estais con fuerza y despejados para ver cosas nuevas primero vais  a ver el video. Es algo nuevo que no iba a dar en estes momentos, porque no os puedo explicar en persona y sé que para la práctica necesitáis ayuda. Este tema 8 no lo dí estas semanas pasadas porque sé que cierto material como el transportador  de ángulos, el compás ….lo tenéis en el cole y como estáis cumpliendo la misión muy bien pues de casa no se puede salir a comprar otro......por eso lo trabajaremos más en profundidad el día que volvamos al cole de otra forma. Sé que os hacía mucha ilusión estrenar ese material pero sobra tiempo para estrenar y  aprender estas cositas, que en los posteriores cursos de primaria trabajareis este mismo tema.
Aunque bueno vamos a intentar aprender algo así en la distancia jaja, o eso vamos a intentar!😉. Primero ver el video y luego vais hacer unos ejercicios si quereis de forma oral con un adulto o hermano/a mayor o de forma escrita como os digan los mayores, sólo es para ver si lo entendistes, aunque son cortitos y de responder una pregunta, como son nuevos te van a gustar. Página 112/113 el 1, 2, 3 y 4 (orales no vale tú solo/sola)




Galego: repasamos cuadriño do uso do "g"  visto xa na aula, según vós que sabíades moi ben poñer a diéresis…..pois ides demostralo facendo os exerccios 2 e 4 da páxina 130 que son moi curtiños.

Naturais: Estudar.
Hoxe ía gravar un video mostrándovos diferentes exemplos que ía facer dos cambios da materia pero decidín mellor poñervos uns enlaces duns videos que aínda que só presente un exemplo de cada, vades entender mellor o das particulas mirando esas imaxes.
-Primeiro lémbramos que todo o que nos rodea é materia a cal ten una masa e un volumen.
-Agora facemos memoria do trimestre pasado no que sabíamos que a auga tiña 3 estados verdade?, pois o resto da materia tamén a podemos atopar  materia neses 3 estados: sólido , líquido e gaseoso.
Dependendo no estado que se atope a materia a forma e volumen pode variar ou non. Por exemplo se eu meto 25 cl nun botellín de auga primeiro e  eses 25cl despois nun prato sopeiro:
A auga é a mesma?, si claro que si, utilizo a mesma cantidade de auga.
A súa forma variou?, si porque o botellín é máis estreito e alto co prato, entón a auga adaptase a ese recipiente.
O seu volumen é o mesmo?, si iso non varia porque ocupa o mesmo espazo. O volumen só varia no estado gaseoso que se esparcen demasiado as particulas , son son moi xoguetonas e separanse moito.
-A materia pode estar neses 3 estados, pero pode cambiar de estados, como no ciclo da agua que miramos que cambiaba, pois a materia igual, ten cambios de estado.
Mirade os enlaces e se non o entendedes ben avisademe que gravo eu un video con exemplos.


https://www.youtube.com/watch?v=fxDKpEYAoSE

https://www.youtube.com/watch?v=x2nKoFYolj8


Despois estudamos as páxinas 62/63 que son chupadas como dicides vós , pois só quero que diferenciedes eses cambios da materia. Hai que saber dicir  por exemplo:se un día na clase chegamos e están as fiestras empeñadas saber dicirme que cambio se produciu ahí, se chegamos o comedor e o xeado está derretido saber dicirme que cambio de materia  pasou…..O que digo sempre; quero que entendades o que di o libro non que aprendades toda esa letra e despois non saibades aplicala no día a día se vos fago unha pregunta.

E ata aquí a tarefa de hoxe. Facer ben mate , moi concentradiños e dille a mamá e papá que se poden che fagan preguntas despois de estudar naturais.

Biquiños para todos.