martes, 31 de marzo de 2020

Mércores, 1 de Abril de 2020.

Bos días!! Estreamos un novo mes, espero que teñades unha agradable entrada!😀

Aquí tedes as actividades para hoxe, para facer despois das rutinas de calendario coas cancións e a anticipación de tarefas. Ademáis, convén que repasedes as normas de comportamento.

Se tedes algunha pregunta acerca de como utilizar algún recurso, ou se precisades que vos envíe traballo sobre algún outro aspecto que se vos ocorra, dicídemo e mandareivos o material encantada.

Espero que estedes desfrutando das actividades en familia😀. Saúdos e apertas!

CARLOTA

- Seguimos traballando con fotografías para que recoñeza as caras dos seus familiares e sexa capaz de asocialas.

- Que tal cos pictogramas? É necesario que sexades constantes no seu uso, para favorecela súa comprensión e efectividade.

- Continuamos tamén a aprendizaxe das cores, lembrando sempre as que xa vimos e engadindo pouco a pouco outras novas.




- E para rematar, é importante traballar tamén algo de motricidade: a través de movementos e exercicios co corpo, os puzzles e xogos de encaixar pezas (preferiblemente con sons), facer formas coa plastilina, aplastala, etc. Outra idea, sería darlle uns obxectos tapados e que ela os teña que atopar ou quitarlles o envoltorio:


LUCI

Números:

E de parte de Carlos:





Letras:





Grafomotricidade:



ISAAC

Mate:





Lingua:

De parte de Carlos:

E de parte de Elena:

 Matemáticas: este campeón hoy puede ver la primera parte del video de matemáticas y luego va a buscar por casa líneas rectas y líneas curvas.

Galego: hoxe pode xogar con vós a decir palabras que empecen por "g" , ensinarlle a que para que lle saían as palabras vai facer gargaras coa gorxa (ggggggg) : gato, garaxe,  gaita, gaivota, Gonzalo,.....Dicirlle que en galego non existe o "j" empregamos o "x".
Pero podemos prácticar con él este exercicio de nombrar palabras con "j" en castelá, e diremoslle que agora en vez de facer gargaras vamos a botar a espiña que temos na gorxa jjjjjjj.

Naturais: ver videos dos enlaces que deixei e deles podemoslle ensinar os tres estados da materia, que busque por casa cousas en estado sólido e cousas en estado líquido. Vamoslle ensinando e axudandolle. Cando esteades a cociñar podedeslle ensinar o vapor, e na ducha......e dicirlle que é o estado gaseoso.
Máis que nada ensinarlle exemplos sinxelos, para que saiba que todo é materia, que hai tres estados que podemos buscar nas cousas da casa e despois poñerlle o exemplo só da auga, coller un xeo dicirlle toca toca, está sólido, agora vamos a esperar e convertese en liquido, se volvemos a meter ese líquido no conxeladoor que pasa??, cousiñas e exemplos así.

Un biquiño moi grande para Isaac

Rani's Class!!


Hola familias!!
Lémbrovos o enderezo ao blogue de Inglés onde atoparedes o material que vou preparando

https://ranisclass.blogspot.com/search/label/YEAR%203

O traballo para esta clase está na pestaña YEAR 3

E vos animo a que intentedes acceder á aplicación gratutita de Oxford Bliklearning. Todos os detalles, eiquí https://ranisclass.blogspot.com/2020/03/material-cortesia-de-oxford-3-primaria.html

para calquera problema ao acceder ou de calquera tipo o meu enderezo é ranipaz73@gmail.com

Bye!!
31 DE MARZO

Bos días, qué tal espertaron eses nenos/as?, con moita enerxía ehhhh!, que hoxe é un día novo, como dixen pensade un día menos xa para vernos. Qué tal a tarefa de onte ?, espero que ben, xa sabedes que calquer dúbida podedes preguntarme nos comentarios que para vós é máis doado ou dille os papis que me manden un mail se queren. Volvo poñer por aquí o mail por se alguén non o encontra: elenapondal@gmail.com.
estades estudando as tablas de multiplicar?, na aula virtual, está o blog de orientación onde hai recursos para aprender as tablas, botadelle un olliño.

TAREFAS DE HOXE:

Lingua: ides repasar o que miramos no encerado dos numerais, lembrades non?, primeiro segundo......tendes o cuadriño na páxina 128. Despois de repasar o cadro vades facer os exercicios 1 e 2 desa mesma páxina, da páxina 129  o 4 e 6 e da páxina 138  1 e 3(no tres non é necesario buscar os significados, se non sabes algún preguntalle a un adulto), Ánimo os dos numerais son moi curtiños!!

Inglés: ver blog de Rani

Educación física: mover un pouquiño o cu co profe Alberto.

Sociais: ver antes de nada e concentrados sen distracións nin tele nin nada por detrás o video que vos deixo. Unha vez mirado o video e se estivestedes moi moi atentos saberedes facer as actividades páxina 73 o 20 e 21, páxina 76 o 30 e páxina 77 o 33, 35 e 38.
Despois a tarda ou cando mamá/papá che diga debes estudar ben ou darlle un repasiño o video ou estudar as páxinas 72, 73, 74 e 75), que suponse que de ahí xa tiñas que saber al menos o das materias primas e o sector primario. É moi fácil só tes que entendelo, veña campeón que xa veredes como estes exercicios de soci parecevos interesantes.

https://drive.google.com/open?id=1BLbNgVj4fNrJbt9c-UVjvzJjDftJwQqc


Un biquiño a todos.
Martes, 31 de Marzo de 2020.

Bos días!! Xa estamos a 31 de Marzo, último día do mes.

Hoxe imos comezar traballando as estacións, despois de facer a rutina das cancións e o calendario. Aquí tedes uns recursos a modo de exemplo:






Por outro lado, os martes como xa sabedes dedicamos unha sesión a traballar a psicomotricidade. Podedes lembrar as publicacións anteriores e repetir algúns exercicios de ioga e relaxación, traballar as partes do corpo... ou ben probar con algunha das actividades que vos propoño a continuación. Un saúdo!

CARLOTA






LUCI







ISAAC



Co periódico podedes traballar nocións coma: enriba, á dereita, á esquerda, diante e detrás.

A maiores, deixo aquí unhas fichas por se tamén as queredes facer:

CARLOTA


LUCI



ISAAC

MATE:




LINGUA:


E de parte da profe Elena:

Lingua: traballar con él os ordinais e cardinais mediante o xogo, poñendo os bonecos en fila, facendo diferentes pisos cunha construcción......


Sociais: poñerlle o video da outra pestaña, pero explicarlle de forma resumida máis ben os exemplos da vaca, da lá da ouvella que serve para.......E despois contarlle o de que non podemos saír da casa pero que outros son os heroes os que merecen o Oscar da clase nestes momentos. Contarlle o video despois de miralo, de forma resumida e en forma de conto ou historia.


Un saúdo!

lunes, 30 de marzo de 2020

30 DE MARZO

Bos días a todos meus campións, hoxe é un día especial porque está de cumple un dos meus heroes Iker e tamén estivo días atrás a miña heroína Carme, que me ten que perdoar pero con isto do virus esquecinme🙏🙏. Pero...."Máis vale tarde que nunca di o dito", aleeeee xa tendes outro refrán para a colección que dicides sempre que temos cad adía un novo jaja.
        "FELICIDADES OS DOUS DA PROFE E TODOS OS COMPAÑEIROS, XA VOS DAREMOS UN BO TIRÓN DE OURELLAS E SOBRE TODO UNHA APERTA MOIIIIII GRANDE"


https://www.youtube.com/watch?v=tznBgIGSi98

TAREAS DE HOXE: ( Poderíades empezar por lingua e Sociais mellor que si queredes rematades pronto)

Galego: hoxe tocaría lengua pero imos facer unha lectura de lingua (páx 122/123) e vades facer a comprensión lectora (páx 124/125) pero vadela facer así:responder de forma escrita e soíños os exercicios 1, 2 e 3 e despois pídelle axuda a un adulto para que che pregunte oralmente o resto das preguntas vale?? e non protestes só 3 escritos.

Plástica: facer o que vos deixou Paloma, na pestaña outras clases.

Música: a profe Mari quere que practiquedes moitos coa frauta e segades amenizando a vosa casa.

Informática: xa estades aprendendo estes días a prácticar un pouquiño máis co ordenador intentade escribir cousiñas, empregar o teclado......

E como sería clase de Valores tamén pediríalle esta hora Alberto para nos avanzar no noso proxecto. Imos meter aquí hoxe unha actividade do proxecto. Buscar en internet  a definición de "EMPATÍA", aínda que xa falamos deses valores, buscade a definión outra vez e resumidea cunha liña coas vosas palabras para tela clara. Depois ides nun folio a facer un debuxo, comic, redacción, conto........o que queirades, cada un a libre eleccción algo que que represente esa palabra.
Lembrades o libro ese que me propusestedes facer de boas accións?, bueno pois non sei se ese libro dará tempo este curso, porque require moito traballo pero as ideas están para levalas a cabo e os soños para cumprirse ,así que imos seguir a empezar a facer cousiñas dese libro. vós dixestedes repito libro de boas accións e valores con comic, un valor por páxina creo lebrar, pois hoxe ides comezar pola empatía. Nun folio facedes o que queirades sobre algo que represente iso, repito comic, debuxo, un conto......cad un o que queira e poñedelle por algún lado "A EMPATÍA" para saber de que valor estaamos a falar en cada traballo. E recordade na cadea de favores que viramos, non é o mesmo a solidariedade, a xenerosidade que a empatía, si van relacionados pero cada un é un valor, buscade en internet a defición.
Sociais: facer o test páxina 80, parece moito pero é un test curtiño, só quero que respondades a resposta correcta e dicir copiade esa a correcta nada máis,non as tres respostas, son curtiñas. A pregunta 10 non se fai!!!!!!

Biquiños a todos e bo día.



Good morning, folks!!!
Here we are again. Ready to work?

We are next to Easter Holidays (Pascua), so take some ideas to make some craft from this link.
Elixe a que máis che guste e...mans á obra!!! Á volta da cuarentena, traede os vosos traballos a clase. 


https://youtu.be/qSikQv_6JxQ

 Kisses
Paloma

Luns, 30 de Marzo de 2020.

Bos días familia!! Como estades, que tal foi a fin de semana?

Hoxe os propoño un taller para traballar os sentidos, espero que vos guste!


TALLER PARA TRABALLAR OS SENTIDOS

O ano pasado fixemos un taller parecido na clase a profe Alicia e máis eu. Seguro que se lembran :)
Podedes comezar preguntándolles cantos sentidos temos e cales son. Déixovos unha canción a modo de introducción:

https://www.youtube.com/watch?v=lF0y3glPWis

E agora, a experimentar cos sentidos! Aquí vos deixo unha serie de propostas:

VISTA:

- Podedes xogar ó veo-veo, buscando obxectos que teñan a mesma cor, que comecen por unha letra dada, ou nomear que cousas ven nas seguintes plantillas.






 Nesta última imaxe, podedes ademáis xogar a atopar cousas que leven o fonema "l".

- Outra opción é traballar as cores a través de papel celofán e figuras xeométricas, e incluso utilizar lanternas. Nós fixeramos unhas gafas "3D". Que ben o pasamos!





OLFATO

- Para traballar o sentido do olfato, podedes taparlle os ollos e mostrarlle diferentes aromas: perfume, limón, menta, especias... o que se vos ocorra. Adiviñará de que se trata? Logo destapámoslle os ollos e lle ensinamos o que uliu.

OÍDO

- Podedes elaborar uns frascos sonoros: con garavanzos, azucre, arroz, unha pelota, botóns, etc.
- Cancións, melodías diferentes, xoguetes musicais, sons de medios de transporte, animais, etc.

GUSTO

- Experimentade cos sabores, tamén podedes taparlle os ollos se queredes: é ácedo, doce, ...

- Tamén podedes probar os ingredientes cos que ides cociñar.

TACTO

- Podedes xogar con diferentes texturas: suave, rugoso...

- Amasar con plastilina ou masa.



- Utilizar esponxas para facer figuras nunha folla:

- Seguir unha forma dada con distintos materiais: botóns, pedras...


- E podedes experimentar con auga fría e auga quente.


A maiores, os deixo unhas actividades do profe Carlos e a profe Elena. E non olvidedes ver as actividades da profe Paloma e repasar a frauta. Unha aperta!!



 LUCI

ISAAC



Gallego: lerlle esta lectura que leríamos hoxe todos na clase. Debemos lela exaxerando o tono de voz nas cousas máis importantes como : O coala só está desperto só dúas horas!!!!!, ou contarlle a modo de conto. Deberé mirar as imaxes mentres se lle conta.
O rematar faráselle unha breve comprensión lectora con preguntas tipo: sabes  nombrar animais dos que estivemos a falar?, pensa pensa….¿quen durmía case todo o día?, quen nadaba mentres durmía?, quen emtiía a cabeza entre a plumaxe para durmir?.........
O rematar a comprensión pedíremosllle que elixa o animal que máis lle gusta de eses , preguntaremoslle porque? E posteriosmente que no lo describa de forma oral, como o outro día ensiñarlle a empregar adxectivos e axudalo para que fluya a sua linguaxe oral.
SOCIAIS: Falar un pouquiña con Isaaac do que falamos na clase, que en tódolos lugares hay normas senón sería unha locura e as normas están para cumplilas. Na rúa hay normas de tráfico, normas de convivencia entre os ciudadanos, no cole hay normas, na casa hay normas, na casa dos avós soe haber otras normas…..ou saltar alguna norma que os país non permiten jaja, falar un pouco con él diso. O rematar él deberá facer un pouco de escritura nombrando alguna norma do cole e alguna norma de casa,con que escriba tres de casa chega se pode escribir 5 mellor.


LECTURA.


Unha aperta!!