viernes, 27 de marzo de 2020

VENRES 27 DE MARZO

Bos días campións, a polo venres, se estiverades no cole, moitos xa estarían coma sempre: hoxe quen vai levar a medalla?, hoxe quen leva os oscars?, o cabo  dunha hora  xa decidiches quen o merece?, máis tarde: e a medalla?,o mediodía: profeeee eu merezo ser?, a tarde: xa miro a todos conta que conta estreliñas😅, famosos venres.....pero non vos preocupar que eu vou anotando e xa me consta que algúns estanse a portar ben. Lembrade: comportamento, traballo e boas accións senon non hai estrelas🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟
Vamos coa tarefa de hoxe:

MATEMÁTICAS: Hoxe vades traballar bastante en mate o longo da mañá e despois estudar naturais.
Vades facer de matemáticas estas 2 fotocopias e o rematar descansades mínimo unha hora.



Agora que descansástedes a polo cálculo, ánimo e sen distracións.



NATURAIS: ver o video que vos deixo e estudar naturais páxina 60 e 61. Despois para saber o que aprendiches fai sen mirar os exercicios 2, 3 e 4 páxina 61 e páxina 70 o 1 e 2 (se os pais queren podes facelos orais con eles). O que quero é saber se che quedou claro o que miraches no video ou o que tí estudiaches.



Esta fin de semana déixoche de traballiño.....:
Facer como fixéstedes das vosas heroínas , unha presentación lembrades?,pois agora dos vosos heroes, non dos da tele ehhhh, xa sabedes algún home da vosa vida que admiredes sexa papá, avó, tío, veciño, irmá, non ter porque ser da túa familia.....cada un quen queira. O que non teña un papel grande ou cartolina (que xa sei que non se pode saír da casa) pois nun folio ou non sei no que se vos ocurra,canto máis frande mellor o papel. Dádelle á cabeza, mesmo nun cartón podedes pintalo ou forralo e facer como unha especie de cadro coa biografía e presentación do voso heroe. Lembra poñer unha foto, fotos, ou debuxalo da o mesmo, pero importante acordate de poñer todo o importante e presentarnolo: nombre, onde vive, quen é, que poderes ten, porque é o teu heroe?, se che gustaría chegar a ser como él,que valores transmite, como é físicamente , como persoa é bo, xq?, amable?, simpático?, recorda utilizar adxectivos que sabes facelo e non vale tres liñas, xa mirastedes en clase que algúns viñan moi decorados e contaronos moitas cousas, por suposto podes decorar e pintar como ti queiras o fondo, con temática e cores de heroe se queres. Sabes que poden ser torcidas as cousas que vas contando, non é unha redacción non ten que ir a letra toda seguida, senon presentarnos como tí queiras a ese heroe, como moitas cousas o redor do debuxo ou foto. O que quero é que non copies senon que lle deas a cabeza e imaxinación. 

Estudar tablas os nenos que non as saben e os outros repasalas.
Ler moito.
INGLÉS: Ver o blog de Rani.
Moitos biquiños a todossssss e disfrutade da familia😘😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario