Bos días a todos e todas!
Hoxe os propoño unha variedade de actividades para cada un de vós, que os servirán para facer os días que queirades xa que dan pé a facelas de diferentes maneiras. Espero que vos divirtades!
Lembrade que para o que necesitedes, podedes contactar comigo a través do meu correo (oteromiguelez.lucia@gmail.com), así coma para mandar fotos do voso día a día :)
CARLOTA
- FOTOS: Podedes ensinarlle fotos da familia (onde se vexan ben as caras) para que as recoñeza, acompañando da palabra que defina á persoa: mamá, papá...
- GOMETS: Coas pegatinas estaremos traballando a motricidade fina e a atención. Os deixo algún recurso que vos pode ser útil:
- XOGOS E MOTRICIDADE: puzzles (musicais, con agarre... É importante a modelaxe para mellorar a coordinación ollo-man e para encaixar as pezas de forma cada vez máis autónoma). E manualidades coma pintar (debemos xogar con poucas cores para reforzar a aprendizaxe das mesmas) e pegar papeis de cores.
- TRASVASE: É unha actividade que a Carlota lle gusta moito facer coa profe Ali. Aquí os adxunto un enlace para que vexades en que consiste.
https://www.youtube.com/watch?v=fs73-UYyB00
- LINGUAXE: Para comunicarse é necesario o uso dos pictogramas. Para a súa comprensión o ideal sería amosarllos e acompañalos da palabra e acción que vai facer. Pouco a pouco podemos ir elaborando unha axenda para que ela mesma, de forma autónoma, poida coller o picto para comunicarse. Aquí vos deixo algúns recursos para o día a día:
LUCI
- NOME: Na clase estamos traballando o nome propio. O escribimos a partir de letras dadas, dun apoio con raias para que siga a forma das letras, e nombramos as letras. Aquí vos deixo un exemplo de actividade:
- LINGUAXE: é importante que traballemos a expresión e comunicación. Se pode fomentar a través de preguntas (recordando o que fixo o día anterior, falando do calendario e as rutinas do día, axudándolle a formar frases...)
ISAAC
- MATEMÁTICAS: sumas, restas e problemas sinxelos; xogando á compra-venta, seriacións, número anterior e posterior, nº maior e menor, horas, etc. Algúns recursos para estes días:
- LINGUA: completar ou copiar palabras e frases, sinónimos e antónimos, singular e plural, masculino e feminino, lectura...
- COMUNICACIÓN: podemos recordar o que fixo o día anterior, dialogar das rutinas do día de hoxe, plantexar preguntas a través de contos animándoo a que o conte él coas súas palabras, etc.
Espero que vos entreteñan moito os recursos de hoxe! Estes días prepararei novos materiais e o luns os comparto con vós.
Unha aperta!!
ÁNIMO CHICOS!!! XA VAI QUEDANDO MENOS! :)
ResponderEliminarDISFRUTADE COAS ACTIVIDADES QUE VOS PLANTEXA A PROFE LUCÍA, SON XENIAIS!!
BICOS E APERTAS
Profe Ali :)
Gracias professss!!!
ResponderEliminar