Educación Especial: Luns, 16 de marzo
Ola familias!
Son Lucía. A través da carpeta de Educación Especial compartirei
distintos materiais que poderedes utilizar na casa cos nenos e nenas, para
continuar na medida do posible coas rutinas do cole :)
Sen dúbida algunha, as cancións son un dos recursos que máis lles
gustan e coas que aprenden vocabulario para o día a día, traballan a
atención, a memoria e o compañerismo, xa que é un momento que compartimos todos
xuntos.
Aquí vos deixo os enlaces para que as podades cantar e traballar,
estou segura de que lles fará ilusión escoitalas:
1) Canción: "Buenos días".
https://www.youtube.com/watch?v=xkSob4DrQm0
2) Días da semana.
https://www.youtube.com/watch?v=2dTfxCi8roI
3) Meses do ano.
https://www.youtube.com/watch?v=S2gJndFQJ-c
4) Estación: inverno.
https://www.youtube.com/watch?v=OWhR9a6_eUI
Por outro lado, temos na aula un calendario con pictogramas que
imos traballando cada día co encargado ou encargada. Adxúntovos a imaxe do
último día que o traballamos, para que podades partir dela e comentar cos nen@s
que día é, que tempo fai, como se senten, etc.
Para terminar por hoxe, adxunto o noso horario, xa que o terei en
conta para mandarvos as actividades de cada día:
Hoxe luns, podedes realizar unha actividad plástica que requira
pintar, recortar, pegar...
Déixovos a imaxe a modo de exemplo (relacionada coa situación que
estamos vivindo) para decorar cos nenos, ou facela vos ó voso gusto, e que logo
podedes pegar na vosa ventá.
Mándovos un abrazo forte a todos, vémonos pronto!
Os deixo o meu correo para calqueira consulta, o por si queredes
compartir os vosos traballos na casa, encantaríame velos :)
oteromiguelez.lucia@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario