martes, 31 de marzo de 2020

31 DE MARZO

Bos días, qué tal espertaron eses nenos/as?, con moita enerxía ehhhh!, que hoxe é un día novo, como dixen pensade un día menos xa para vernos. Qué tal a tarefa de onte ?, espero que ben, xa sabedes que calquer dúbida podedes preguntarme nos comentarios que para vós é máis doado ou dille os papis que me manden un mail se queren. Volvo poñer por aquí o mail por se alguén non o encontra: elenapondal@gmail.com.
estades estudando as tablas de multiplicar?, na aula virtual, está o blog de orientación onde hai recursos para aprender as tablas, botadelle un olliño.

TAREFAS DE HOXE:

Lingua: ides repasar o que miramos no encerado dos numerais, lembrades non?, primeiro segundo......tendes o cuadriño na páxina 128. Despois de repasar o cadro vades facer os exercicios 1 e 2 desa mesma páxina, da páxina 129  o 4 e 6 e da páxina 138  1 e 3(no tres non é necesario buscar os significados, se non sabes algún preguntalle a un adulto), Ánimo os dos numerais son moi curtiños!!

Inglés: ver blog de Rani

Educación física: mover un pouquiño o cu co profe Alberto.

Sociais: ver antes de nada e concentrados sen distracións nin tele nin nada por detrás o video que vos deixo. Unha vez mirado o video e se estivestedes moi moi atentos saberedes facer as actividades páxina 73 o 20 e 21, páxina 76 o 30 e páxina 77 o 33, 35 e 38.
Despois a tarda ou cando mamá/papá che diga debes estudar ben ou darlle un repasiño o video ou estudar as páxinas 72, 73, 74 e 75), que suponse que de ahí xa tiñas que saber al menos o das materias primas e o sector primario. É moi fácil só tes que entendelo, veña campeón que xa veredes como estes exercicios de soci parecevos interesantes.

https://drive.google.com/open?id=1BLbNgVj4fNrJbt9c-UVjvzJjDftJwQqc


Un biquiño a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario