sábado, 21 de marzo de 2020

RETOS FIN DE SEMANA

Bueno chicos para esta fin de semana non vou poñer deberes, pero si algún encargo. Xa sabedes, sodes heroes/heroínas e sempre tendes que estar alerta e con novos retos.

Non sei se os pais vos ensinaron o video que colgamos os profes no Facebook, pero por si non é así vou deixalo aquí no noso blog para que o vexades vós cando queirades e sobre todo escoitedes ben a canción.


¿Qué é isto do arco da vella?

Pois sabedes cando falabamos na clase das cadeas entre persoas para axudar?, pois nestes momentos isto de quedarnos na casa é unha cadea entre todos, unha misión que todos debemos cumplir, entón os rapaces de toda España están colgando nas fiestras das suas casas arcos da vella con mensaxes de ánimo para todos.

1ª ACTIVIDADE: A min gustaríame que os meus heroes/heroínas tamén fixeran o seu arco da vella, o colgaran na súa casa e o día que volvamos ó colexio o trouxeran. Esta cadea ten que ver moito co noso proxecto, ata as cores do arco có “mundo de cores” verdade?,por iso quero que o fagades e traiades ( as mensaxes que poñades teñen que estar en galego, recordade o proxecto sempre en galego).

Agora na clase estaríades preguntando, e de que cores profe?, e que mensaxe poño?, pois o arco  e a mensaxe pode ser como vós queirades é voso non meu, pero como os digo sempre sacar a vosa imaxinación.

Para que vexades a profe Lucía e máis eu xa temos o noso arco de ánimo nas nosas casas (sei que a moitos de vós lle fará ilusión mirar isto) jaja. Xa mirades que eu relacionei o meu co proxecto (heroes/heroínas, cultura, igualdade xénero,fixádeos ben, unión,solidaridade, respeto………) pero cada un como queira.


 
 2ªACTIVIDADE: Agora outro encarguiño para este finde que quero que traigades á aula tamén. Primeiro contarvos que hoxe comezou a primavera, esa estación na que saen as flores, os días comezan a ser máis longos, máis luminosos e máis coloridos, moitas cores coma as do arco da vella. Pois cando rematedes o arco, o poñades na fiestra quero que mirando para él nun folio en blanco inventedes unha poesía, aproveitando que hoxe é o día da poesía :), sobre a PRIMAVEIRA e as cores, con todas as do arco da vella ehhhh, non vale duas cores e listo. Imaxinarvos : vermello como o……..laranxa como aaaaa….

Ideas de palabras para a poesía: as cores, os valores que fomos dando na aula….pensade na árbore dos valores da clase. Veña que seguro que me sorprendedes coa poesía, que cando queredes tendes a imaxinación máis grande de todooooo o cole!!!!!!

O que non lle acorde o que era unha poesía que recorde a que nos fixeron Manuel e Xiana na aula. Lembrade trataban de emocionar, empregaban palabras de emoción, utilizaban a rima…..pensade pensade que é o que quero ,que pensedes soiños.

3ª ACTIVIDADE: Tranquilos nada de joooooo outra?, esta e unha que vos vai gustar moito, pero é optativa e para quen queira. É unha idea para os país, que non depende de vós, senon dos pais repito, e se mamá/papá che din que no , recorda que non é non!!

A ver eu sei que algún botaredes moito de menos o cole e os amigos a que si?, e que claro que no verán estamos máis tempo sen mirarnos e todo iso pero non nos botamos tanto de menos porque estamos tan entretidos fora da casa, praia, festas,paseos……. que levámolo de outra forma verdade?

Pois vamos a dicirlle a mamá e papá que consideren un pouco a situación, o momento polo que estamos pasando que se para os maiores é difícil para os nenos máis, estar tantas horas metidos na casa, sen correr, sen os amigos, sen relación con otros nenos,  con adultos,…..Que todos sabemos que este tempo venos moi ben para facer cousas en familia pero inda así faltan os amigos a que si?

Pois vamos pedirlle os papis que valoren se é posible que vos vexades dalgunha maneira entre vós un ratiño que eu sei que vos vai gustar moitoooooo. Por exemplo papis, os nenos sempre din na aula que os pais tendes un grupo de whatsapp , pois estaría moi ben que imaxinarvos que sábado ou domingo por exemplo puxerades unha hora entre todos os pais para que entre eles fagan unha videochamada e se poidan ver. Verse todos a mesma vez? ,podríanse ver por Skype, pero se é polo whatsapp hay unha aplicación que se chama “ houseparty” e poderíanse ver ata 10 nenos á mesma vez, pois imaxinarvos poderíanse turnar 8 logo outros 8  e así. Agora por experiencia con eles se o facedes avisarlles antes de que é como cando facemos un debate deben saber respetar o turno de palabra senon non hai debate, pois aquí o mesmo un por un senón non vos enterades.

Isto é unha simple idea ou iniciativa que vos dou os papis , por suposto e cousa vosa. A decisión e como todo ;habrá quen si e quen non. Eu solo fago a proposta pensando na situación que estamos, no mellor para eles e eu só quero que estean todos contentos e leven isto de estar na casa o mellor posible.

Unha aperta a todos e ata o luns

No hay comentarios:

Publicar un comentario