viernes, 19 de junio de 2020

Bos días meus heroes/heroínas, chegou o último día do curso. Como xa falei con vós en persoa onte, só me queda despedir este curso desta maneira:

Primeiro adxunto enlace da nosa charanga de entroido para que vos quede de recordo. Xa vos daredes conta que a primeira parte da canción non a temos gravada, pero seguro que vos lembrades 😉



https://drive.google.com/drive/folders/1NVC8xFJ48-9araZkSiW1qg2hodHtGgGM?usp=sharing

Para despedirnos, déixovos un video a modo resumo  do que foi o noso curso escolar.  Aínda que o Covid frenou toda a nosa vida, o que non coseguiu foi borrar todos estes momentos vividos os cales quedan no noso recordo.

Xuntos aprendimos, rimos e tamén choramos, pero o mais importante é que pasámolo moi ben.

Espero que vos guste:

" SUPERPONDAIS UNIDOS POR UN MUNDO DE CORES"



Biquiños meus Superpondais e feliz verán a todos/todas!😘
Venres, 19 de Xuño de 2020.



Bos días familias!!

Hoxe remata o curso e toca despedirse, así que ímolo facer dunha forma mooooi especial que estamos seguros de que vos gustará moito e vos sacará un sorriso😊. 
Deixamos un vídeo do resumo deste ano, visitade tamén a pestana da profe Elena😄


Unha aperta moi forte a todos e todas e que pasedes un bo verán!!😉


jueves, 18 de junio de 2020

Xoves, 18 de Xuño de 2020.


Que teñades un bo día!😊
Bos días campeóns!!, con alegría que hoxe ímonos mirar. Déixovos as cartas que fixérades para persoas do cole.

Se queredes cando veñades, podedes traelas e así eu entrégollas aos seus destinatarios. Aínda que xa teñen constancia esas persoas deses escritos, gustaralles telas de recordo.

https://drive.google.com/drive/folders/14FgmbBUAYHCBhDwTdOmJMMgG-kxsC7LU?usp=sharing

Vémonos despois👏👏.

miércoles, 17 de junio de 2020

Mércores, 17 de Xuño de 2020.



Bos días a todos e todas!! 
Bos días a todos/todas!! Seguro que as exposicións de onte gustáronvos moito a que si?, con algunhas botástedes un sorriso seguro...…

Hoxe déixovos primeiro estas entrevistas que fixéstedes aos vosos avós que me encantaron. Cónstame que moitos de vós pasástedes un bo rato facendo esta actividade e ós vosos avós/avoas seguro que lles encantou que lles preguntárades.

Coma sempre dicimos as persoas maiores son as máis sabias porque xa viviron moito máis ca nos. Gustaríame que lérades todas as entrevistas dos vosos compañeiros, porque cada un dos avós cóntanos cousiñas diferentes nas que podedes aprender o que cambian os tempos e que diferente e a vida agora.

Por certo, ata temos as avoas de Marcos e Mateo en video 👏👏. Grazas a todos os vosos avós por participar con nos nesta actividade.

https://drive.google.com/drive/folders/1JmwhJgCJx-vYsUi-5bvP8QyD48gRlVmp?usp=sharing


Agora déixovos esta actividade que mandei de reducir, reciclar e reutilizar. Moi ben pola vosa creatividade e enhoraboa a vós e aos vosos pais por axudar. Sodes uns artistas!!

https://drive.google.com/drive/folders/1vFFeZ8v_jhb8UVmiVM6zvg_9dChMDjWW?usp=sharing

Clicade no enlace de embaixo, que Alejandro reutilizou e fixovos un titorial para que poidades facer a mochila vos tamén. Está feito todo un xastre!!.

https://www.youtube.com/watch?v=eHA-jk5FKnA&feature=youtu.be

Espero que disfrutedes vendo todos estes traballos😘

martes, 16 de junio de 2020

Martes, 16 de Xuño de 2020.


Que teñades un bo día! Vémonos na reunión😉😊
Bos días campeóns/campeonas, como estades?

Seguro que onte gustouvos mirar os traballiños de todos. Hoxe tendes para mirar eiquí un bo rato, porque vos deixo as exposicións de todos os vosos compañeiros/compañeiras.

As exposicións son todas diferentes e todas moi boas. Cada unha é boa polo que representa a ese neno/nena. Como os digo sempre todos somos iguais pero diferentes á vez,  iso é o que nos fai únicos e especiais. Imaxinade que fórades todos iguais, as exposicións serían todas iguais tamén o que sería moi aburrido e non aprenderíamos nadiña.

Lembrades cando na clase falamos de que os mestres e as familias estamos formando e ensinando?, pois estas exposicións fainos encher de orgullo aos vosos pais e mais a mín.

Nenos que antes non querían nin ler en alto agora son capaces de expoñer, nenos que ás veces non teñen ganas de traballar, pois foron capaces de preparar a exposición, cando algúns tiñan que sair o encerado e dáballe vergonza pois agora expuso........

Ás veces, as familias e profesorado podemos chegar a ser moi insistentes en que: corrixades erros, aprendades valores,  retifiquedes, estudedes ou eu cando insisto en que atendades na clase . Cando falábamos destas insistencias, sempre vos dicía a razón pola que o facemos. Lembrades a frase que vos dicía?

" Os nenos de agora sodes os futuros adultos", pois o que vín nestas exposicións gustoume moito.

Estou moi orgullosa deste traballo, pola superación de moitos e sobre todo pola implicación e esforzo de todos ante o traballo. Sodes uns mestres estupendos😉.

https://drive.google.com/drive/folders/1Jg7_4m_p6xC9g-5nHiUgnXLFwkodkf8-?usp=sharing

Védelas con calma, que algunhas amplian contidos dados e cóntanvos cousas moi interesantes.

Biquiños e ata mañá.


lunes, 15 de junio de 2020

Bos días Superpondais, hoxe temos de aniversario a nosa Superheroína Xiana que cumpre 9 aniños.

MOITOS PARABÉNS 





OS TEUS COMPAÑEIROS E MAIS EU ESPERAMOS QUE PASES UN FELIZ DÍA


 Esta semana as tarefas van ser mirar algúns dos traballiños que fóstedes facendo para compartir cos vosos compañeiros.

Algúns dicíadesme que vos botávades de menos uns aos outros, pois esta semana polo menos ídevos  escoitar e ver nos videos.

Irei poñendo un pouco cada día, porque se trata de que vexades todo con calma para así compartir aprendizaxes e ideas.

Hoxe déixovos para mirar con calma os cómics e os carteis de volta ao cole.

https://drive.google.com/drive/folders/1Wqe4VdZwLecIp7zkglFDvQmyioZ6tnGB?usp=sharing

https://drive.google.com/drive/folders/1H1cd7327xWRzgKETppJ9rq8fnmH8UuRG?usp=sharing

Biquiños a todos/todas.

Luns, 15 de Xuño de 2020.



Bos días familias!! Como estades? 

Chegamos á última semana de curso, polo que estes días os dedicaremos a facer un avance e recordatorio dos vosos traballos e os dos vosos compañeiros e compañeiras na pestana da profe Elena, seguro que vos gusta moito😉. Ademáis, nesta pestana subirei o calendario correspondente para cada día.

Lembrade que esta semana intentaremos facer tamén unha reunión para despedirnos todos😊

Xa sabedes que para calqueira dúbida, podedes contactar comigo a través do meu correo. Unha aperta forte!!

viernes, 12 de junio de 2020

Venres, 12 de Xuño de 2020.


Bos días familias!! Como estades? Xa chegamos ó venres. 

Hoxe deixamos uns novos retos e actividades na pestana da profe Elena, para traballar a escritura, a lóxica-matemática, a atención e a expresión. Esperamos que vos gusten!😊

Aproveito tamén para diciros que a próxima semana imos intentar organizar outra reunión para despedirnos e que se poidan ver todos de novo😉. Posiblemente o martes se vos parece a todos ben. Estamos en contacto e para calqueira dúbida tedes o meu correo:
oteromiguelez.lucia@gmail.com

Moi boa fin de semana e unha aperta!!
Bos días superheroes e superheroinas!! Xa é venres e soamente nos queda unha semana de clase para o remate do curso,moito ánimo!

Os nenos/nenas que non remataron a actividade de reutilizar prefiro que rematen agora a mañá esa actividade e non o que deixo para hoxe.

Xa me chegaron varias fotos desta actividade dalguns nenos e nenas. Os que faltades por enviarma, lembrade que hoxe era o último día.

TARXETAS CON RETOS

Podedes facer os seguintes retos que son moi sinxelos.

RETO 1


RETO 2
RETO 3


RETO 4

 
XOGOS

E para rematar, deixo uns enlaces con xogos:

TRABALINGUAS
A ver se sodes capaces de repetir os trabalinguas. 


TABLAS DE MULTIPLICAR
Ides repasar as tablas de multiplicar con este xogo-concurso.



Boa fin de semana!!

jueves, 11 de junio de 2020

Bos días! 
Hoxe déixovos dous novos xogos e ó final da entrada están as solucións das adiviñas de onte. 

XOGO 1

Coñecedes o programa "Pasapalabra"? Pois no seguinte enlace, tedes un rosco con preguntas para cada letra, a ver se sodes capaces de completalo no tempo que marca.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/2815199-pasapalabra.html

XOGO 2

Ides facer os seguintes retos de "Activa a túa mente":





SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS:

1) Ra
2) Ovella
3) Cabalo
4) Caracol
5) Vaca
6) Coello

Por hoxe nada máis, biquiños!
Xoves, 11 de Xuño de 2020.


Bos días!! Xa estamos rematando a semana. 
Hoxe deixámosvos unha nova propostas de xogos para que vos divirtades: no primeiro traballaremos a comprensión de textos e vocabulario cun "pasapalabra" e logo podedes facer os retos que aparecen nas tarxetas. Por último, tamén podedes ver as respostas das adiviñas de onte😉

Unha aperta!!

miércoles, 10 de junio de 2020

Bos días superheroes/superheroínas, como estades? Hoxe déixovos tres xogos para facer durante a mañá.

XOGO 1

Ides repasar os sinónimos e antónimos cos xogos do seguinte enlace:

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/sinonimos-antonimos


XOGO 2

A ver que tal vos saen estas adiviñas. Mañá subirei as solucións. 








XOGO 3

E para rematar, déixovos un xogo para traballar a memoria visual.

https://www.youtube.com/watch?v=IeaEzUuzFqQ


Biquiños a todos e todas.


Mércores, 10 de Xuño de 2020. 


Bos días!! Como vai a semana?

Hoxe deixámosvos na pestana da profe Elena tres xogos: un para repasar os sinónimos e antónimos, outro para facer unhas adiviñas e, para rematar, un xogo de memoria visual. Esperamos que vos gusten moito!😉

martes, 9 de junio de 2020

Bos días a todos/as, xa me dixeron que o xogo de onte vos gustara e xa vin que a todos vos saiu ben. Hoxe vouvos deixar outros dous xogos.

1º xogo:

Só tendes que buscar nesta imaxen un camelo, a ver quen o atopa...... Estou segura que o ides atopar vós antes que os vosos pais. Facédelle a proba, veredes como tardan máis.


2ºxogo:

Tendes que ir facendo todo o que vos dín estas tarxetas. Hai algunhas máis sinxelas ca outras porque os xogos como teño dito son a mellor aprendizaxe e están para xogar os 25 compañeiros da aula.

Collede lapis e papel para ir pola casa superando as probas. Vades anotando as que son escritas, porque o de ordear alfabéticamente non vos saía moi ben no cole e coas sílabas había erros o separalas escritas.

Decídelle aos pais que as 5 palabras da historia, que as poñan difíciles, sen sentido, así discurrides máis. Poden ser palabras ou accións. Por exemplo: can estudoso, colexio polar.........
Hai que buscarlles relación e facer unha historia ou conto. Non son válidas 5 frases independentes.

https://drive.google.com/drive/folders/1g491yzvetjgw6pL1OTAyaIWD4dDCoi2_?usp=sharing

Por certo, douvos ata o venres para presentar o reto de reutilizar do venres pasado. Lembrade, calquera cousa que teñades vella ou rota e poidades reutilizar.
Por exemplo: un pantalón vello, un estoxo vello, un cadro, un xoguete roto........

Tamén recolectando certos utensilios ou materiais que tendes  pola casa, que non se utilizan, podedes reutilizalos e crear algo novo.

Biquiños a todos e enviádeme as probas escritas destas tarxetas.


Martes, 9 de Xuño de 2020.


Bos días!!

Para hoxe propoñémosvos unhas tarxetas con diferentes actividades que podedes facer na casa. As actividades están na pestana da profe Elena. 
Esperamos que desfrutedes moito!😊

lunes, 8 de junio de 2020

Luns, 8 de Xuño de 2020.


Bos días familias!! Como estades? Espero que desfrutárades moito da fin de semana😊.

Para hoxe, a profe Elena e mais eu preparamos uns xogos que seguro que vos gustan moito (están na pestana de profe Elena)😉. Unha aperta forte!!


Bos días super superheroes, esta fin de semana sentinme moi orgullosa dos traballiños que me íades enviando. As  exposicións gustáronme moito porque son variadas, tanto en temas como nos diferentes recursos que empregástedes.

O que máis valoro sabedes que é o esforzo de cada un e a responsabilidade ante o traballo. Cónstame polos vosos pais que o tomástedes moi en serio e os resultados véronse.

A tarefa non era sinxela, pero xa vos dixen que hai que ir comezando a facer traballiños e aprender a expoñer. A cada neno/nena lle puido costar por motivos diferentes, pero como heroes/heroínas soubéchedes cumplir coa misión.

Enhoraboa a todos!!

Xa vos irei ensinado as exposicións de todos/todas , para así darlle un repaso ós temas e compartir entre todos aprendizaxes.

Agora espero ver o reto que vos puxen o venres: buscade cousas por casa que poidades reutilizar ou darlle utilidade. Dádelle a cabeza e deixade que voe a imaxinación.

TAREFAS
Hoxe  ides facer dúas actividades que vos van gustar: unha deagudeza visual e outra de xogo de ortografía.

1) Nesta actividade tendes que encontrar as diferencias entre as parellas de fotos. Que se estábamos guapos, agora estamos máis jaja.

https://drive.google.com/drive/folders/13tUd-g8oIKIIzvlOaTMbwQnlJqJq6qPn?usp=sharing

2) Agora ides xogar a este xogo de ortografía. Cada vez que non acertedes, pediravos que iniciedes o xogo. Enviádeme captura de pantalla de xogo conseguido (unha foto o whatsaap se queredes).

https://view.genial.ly/5ea5cc459e9e970d835089ca/game-la-ortografia-perdida

Biquiños a todos.

viernes, 5 de junio de 2020

Bos días campeóns/campeonas, como estades?. Espero que todos/todas moi ben. Quero que saibades que me encantaron os traballos todos desta semana, cada un por unha cousa. Neles vin esforzo e orixinalidade en moitos detalles.

Hoxe tendes que enviarme a exposición de naturais ou sociais que me consta que estes días atrás andabades traballando nela e esforzándovos. Onte xa me chegaron algúns videos e quedei abraiada pola soltura e seguridade de moitos explicando o seu tema.

Pero o que máis valorei é que se hai explicación e seguridade é por que houbo repaso e estudo dese tema. Era unha actividade con traballo previo, a cal estou vendo que supéchedes cumplir.

Cada día facedes mellor as cousiñas e iso gústame moito.

TAREFAS

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, día moi importante o cal debemos ter en conta tódolos días do ano. Non vos vou falar hoxe deste tema, porque sería repetirme seguido co que levamos falado  ao longo de todo o curso.

Vouvos deixar só uns curtos para ver e dous xogos. Non vou poñer tarefas, por unha razón:

-Porque como lle dixen a moitos, hoxe ides realizar mellor algunha tarefa conmigo (xa falo eu cos vosos pais disto).

Deixo enlaces:

Curtos

https://www.youtube.com/watch?time_continue=152&v=uOSwPz-vX1M&feature=emb_logo

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=R-ufluPWBuM&feature=emb_logo
https://www.youtube.com/watch?v=qCdDPCZfDoE

Xogos
https://wordwall.net/play/1822/588/219
https://wordwall.net/es/resource/1844336/%c3%a9sto-es-propio-de-un-planeta-limpio-y-contento

RETO: A ver quen é o neno que consegue buscarlle unha utilidade a algo vello que teña por casa. 

Para que me entendades, o outro día fixéstedes instrumentos musicais novos con material de reciclaxe verdade?, pois hoxe a ver quen é capaz de reutilizar algo vello ou roto. Ou por exemplo: no curto que acabades de ver, o rapaz reparou o frigorífico en lugar de mercar outro novo. 

Agora vós buscade por casa cousas para reparar ou algo vello que non utilicedes, e reformalo para darlle uso.

Estou segura que a vosa imaxinación da para moito. Esta actividade non hai que enviarme a foto hoxe douvos ata o mércores para reutilizar algunha cousiña.
Biquiños e boa fin de semana 😘



Venres, 5 de Xuño de 2020.


Bos días familias!! Como estades?

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, polo que imos aproveitar para recordar a importancia de que todos saibamos como coidar o planeta e que tomemos conciencia de que accións o poden danar, para tratar de evitalas. 

Para iso, déixovos unha canción e unha imaxe para que miredes e comentedes en familia. Ademáis, podedes contarme nun correo (a través de fotos, un vídeo ou un debuxo) como contribuides vós dende casa ó coidado do medio ambiente😉.

Para rematar, visitade a pestana da profe Elena na que tedes uns enlaces con xogos😊.
Unha aperta!!






jueves, 4 de junio de 2020

miércoles, 3 de junio de 2020

Mércores, 3 de Xuño de 2020.



Bos días!! Como vai a semana?

Hoxe preparei unha entrada especial, con vídeos e con diferentes actividades que penso que vos gustarán e que vos levarán tempo, polo que ata o venres non farei máis publicacións😉
Espero que as desfrutedes e que me mandedes algunha foto ou vídeo das vosas actividades!😊 

VÍDEO 1 : CONTO


VÍDEO 2: ACTIVIDADES CON PLASTILINA



Déixovos unhas plantillas coma as que utilizamos no cole, e que podedes imprimir para facer formas coa plastilina (traballar as partes da cara, a motricidade fina, os alimentos...).








TAREFAS

LUCI




ISAAC


Unha aperta!!

martes, 2 de junio de 2020

Bos días, que tal a actividade de onte? Xa me enterei que algúns/algunhas de vós ríronse moito cos avós. A verdade non me estraña que o pasárades ben, porque eu cando fun lendo algunhas das entrevistas que me chegaban rinme moito tamén. Incluso a unha vina en video.

Polo que vin hai avós moi simpáticos, que facían moitas trasnadas jaja. O que máis me gustou foi que varias avoas coincidían en varias cousiñas.
O importante desta actividade é que pasástedes un bo rato e ensináronvos como eran as cousas fai anos. Intentarei que cheguedes a ler todos as entrevistas de todos os avós, para aprender cousas. de todos eles.

TAREFA

Hoxe ides facer un anuncio informativo e publicitario. O anuncio será para informar da famosa volta ó cole, ese día que todos tanto desexamos. Pois quero que informedes co voso anuncio (cartel) dese día a todo o alumnado do cole e tamén á xente da calle que non coñece o cole, por iso vos digo que sexa publicitario tamén.


É dicir, o cartel ten que informar do que pasa ese día, que vai haber, como vai ser esa volta, que imos facer.......
E debe facer publicidade do colexio: onde se atopa, como se chama, direción e teléfono por exemplo...

Estas son ideas, pero cada un que o faga o seu gusto, tendo en conta que debe informar e facer publicidade. Como digo sempre, por a traballar a vosa imaxinación e podedes incluso inventar ese día, ou por cousiñas que vos gustaría que houbera ou pasaran ese día.

Déixovos un video para que vexades, que nun anuncio non se trata de escribir moito, senón cun debuxo e pequenos textos ou títulos facer referencia ó que queremos que a xente capte.

Por suposto, vós podedes facelo máis bonito cos carteis deste video. Por exemplo: con coloríns, letras de esas bonitas que facedes pintadas e repasadas, pode ser relacionado cos Superpondais, co Covid, letras inclinadas.......

O noso suponse que é un día moi desexado por todos, como unha festa ou día moi importante que queremos que chegue. Pois pensade, cando vedes pola rúa carteis que informan de festas, que debuxos ou adornos teñen?, pensade, pensade......

Se pode ser, facédelo nunha cartolina ou papel algo máis grande cun folio mellor, para que vos collan máis cousas e os debuxos sexan máis grandes. Os pequenos textos que poñades mellor en maiúsculas, senón hai letras que non se entenden.

Por certo, non vos esquecer do máis importante; data , hora e lugar. Aínda que como sabedes nada é seguro, ides poñer data 10 de septembro.

Será unha volta con mascarillas?, nesa festa haberá apertas?......

Mirade o video e buscade en internet se queredes o que é un eslogan para ver exemplos.
https://www.youtube.com/watch?v=5_5hr8G1HFE

Espero a chegada destes carteis, que seguro que me gustan tanto como as entrevistas. Hoxe é obrigatorio facer esta actividade en galego.

Bicos e apertas para todos😘
Martes, 2 de Xuño de 2020.


Bos días!!

Hoxe imos facer unha sesión de psicomotricidade e despois podedes realizar os xogos dos enlaces que vos mando ó final da entrada. Espero que vos gusten!😊

SESIÓN PSICOMOTRICIDADE

Imos seguir as instrucións que aparecen nas seguintes tarxetas, en total son 10:











ENLACES XOGOS

E para rematar, déixovos os seguintes xogos para traballar a atención e a memoria:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-memoria-infantiles/juegos-de-ordenar/ponlos-orden-01

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-memoria-infantiles/juegos-casa-arbol

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-logica-para-ninos/juegos-frutas-plantas

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-palabras-sonidos

Unha aperta!

PROFE ELENA:
Bos días , hoxe Isaac pode facer a actividade proposta para a  clase. Consiste en facer un cartel, un anuncio que informe da nosa famosa volta o cole. Pode facer :un debexo, uns globos, un título, por a data do evento e decoralo con cousiñas se ten.

O que lle apeteza  a él, seguro que lle sae moi ben.

Biquiños😘