martes, 16 de junio de 2020

Bos días campeóns/campeonas, como estades?

Seguro que onte gustouvos mirar os traballiños de todos. Hoxe tendes para mirar eiquí un bo rato, porque vos deixo as exposicións de todos os vosos compañeiros/compañeiras.

As exposicións son todas diferentes e todas moi boas. Cada unha é boa polo que representa a ese neno/nena. Como os digo sempre todos somos iguais pero diferentes á vez,  iso é o que nos fai únicos e especiais. Imaxinade que fórades todos iguais, as exposicións serían todas iguais tamén o que sería moi aburrido e non aprenderíamos nadiña.

Lembrades cando na clase falamos de que os mestres e as familias estamos formando e ensinando?, pois estas exposicións fainos encher de orgullo aos vosos pais e mais a mín.

Nenos que antes non querían nin ler en alto agora son capaces de expoñer, nenos que ás veces non teñen ganas de traballar, pois foron capaces de preparar a exposición, cando algúns tiñan que sair o encerado e dáballe vergonza pois agora expuso........

Ás veces, as familias e profesorado podemos chegar a ser moi insistentes en que: corrixades erros, aprendades valores,  retifiquedes, estudedes ou eu cando insisto en que atendades na clase . Cando falábamos destas insistencias, sempre vos dicía a razón pola que o facemos. Lembrades a frase que vos dicía?

" Os nenos de agora sodes os futuros adultos", pois o que vín nestas exposicións gustoume moito.

Estou moi orgullosa deste traballo, pola superación de moitos e sobre todo pola implicación e esforzo de todos ante o traballo. Sodes uns mestres estupendos😉.

https://drive.google.com/drive/folders/1Jg7_4m_p6xC9g-5nHiUgnXLFwkodkf8-?usp=sharing

Védelas con calma, que algunhas amplian contidos dados e cóntanvos cousas moi interesantes.

Biquiños e ata mañá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario