martes, 2 de junio de 2020

Bos días, que tal a actividade de onte? Xa me enterei que algúns/algunhas de vós ríronse moito cos avós. A verdade non me estraña que o pasárades ben, porque eu cando fun lendo algunhas das entrevistas que me chegaban rinme moito tamén. Incluso a unha vina en video.

Polo que vin hai avós moi simpáticos, que facían moitas trasnadas jaja. O que máis me gustou foi que varias avoas coincidían en varias cousiñas.
O importante desta actividade é que pasástedes un bo rato e ensináronvos como eran as cousas fai anos. Intentarei que cheguedes a ler todos as entrevistas de todos os avós, para aprender cousas. de todos eles.

TAREFA

Hoxe ides facer un anuncio informativo e publicitario. O anuncio será para informar da famosa volta ó cole, ese día que todos tanto desexamos. Pois quero que informedes co voso anuncio (cartel) dese día a todo o alumnado do cole e tamén á xente da calle que non coñece o cole, por iso vos digo que sexa publicitario tamén.


É dicir, o cartel ten que informar do que pasa ese día, que vai haber, como vai ser esa volta, que imos facer.......
E debe facer publicidade do colexio: onde se atopa, como se chama, direción e teléfono por exemplo...

Estas son ideas, pero cada un que o faga o seu gusto, tendo en conta que debe informar e facer publicidade. Como digo sempre, por a traballar a vosa imaxinación e podedes incluso inventar ese día, ou por cousiñas que vos gustaría que houbera ou pasaran ese día.

Déixovos un video para que vexades, que nun anuncio non se trata de escribir moito, senón cun debuxo e pequenos textos ou títulos facer referencia ó que queremos que a xente capte.

Por suposto, vós podedes facelo máis bonito cos carteis deste video. Por exemplo: con coloríns, letras de esas bonitas que facedes pintadas e repasadas, pode ser relacionado cos Superpondais, co Covid, letras inclinadas.......

O noso suponse que é un día moi desexado por todos, como unha festa ou día moi importante que queremos que chegue. Pois pensade, cando vedes pola rúa carteis que informan de festas, que debuxos ou adornos teñen?, pensade, pensade......

Se pode ser, facédelo nunha cartolina ou papel algo máis grande cun folio mellor, para que vos collan máis cousas e os debuxos sexan máis grandes. Os pequenos textos que poñades mellor en maiúsculas, senón hai letras que non se entenden.

Por certo, non vos esquecer do máis importante; data , hora e lugar. Aínda que como sabedes nada é seguro, ides poñer data 10 de septembro.

Será unha volta con mascarillas?, nesa festa haberá apertas?......

Mirade o video e buscade en internet se queredes o que é un eslogan para ver exemplos.
https://www.youtube.com/watch?v=5_5hr8G1HFE

Espero a chegada destes carteis, que seguro que me gustan tanto como as entrevistas. Hoxe é obrigatorio facer esta actividade en galego.

Bicos e apertas para todos😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario