lunes, 1 de junio de 2020


Bos días a todos/as, como o prometido é deuda, aquí vos deixo o video de León na miña casa. Quero aclarar, que as nosas amigas que limpan o cole confirmáronme que León estivo sen comer exactamente dende o 13 de marzo ata a última semana de abril, cando foron á nosa aula e o atoparon.

Como ides observar, está máis pequeniño pero xa vedes que agora ten unha piscina máis grande e o estou a coidar moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=_eH3gFm-Wko

TAREFAS

Hoxe comezamos a recta final do curso, e esta semana máis que nunca quero que vos impliquedes nas tarefas, que son diferentes pero non menos importantes.


Durante o curso, aprendíchedes a facer varios tipos de escritos: contos, fábulas, receitas, poesías, diálogos, cartas, descricións e algunha noticia.

Pois hoxe  ides facer unha entrevista. En cursos superiores aprenderedes que tipos de entrevistas hai e a súa estructura, pero de momento facédea como vós queirades.

Na aula, sí explicamos o diálogo e fixemos varias prácticas. Pensade que a entrevista é un diálogo entre unha ou varias persoas. Lembrade como facíades os diálogos: non olvidar os dous puntos, os guións.

Nos contos mirábamos que as personaxes só as presentábamos ao principo, despois sustituíamos eses nomes polos pronombres persoais ou outras palabras que fixeran referencia a esas persoas.

Pois na entrevista o mesmo, presentamos as persoas ao principo. Despois, poñemos só a inicial do nome: Elena (E).

A entrevista vádeslla facer aos vosos avós, ou bisavós, esas persoas tan sabias das que temos falado tanto na aula. Xa veredes cantas cousas interesantes teñen para contarvos.

Deíxovos un video de exemplo:
https://www.youtube.com/watch?v=emVUjldBjNo

E tamén uns exemplos de preguntas:

-¿Como era o teu colexio?, ¿como era o teu mestre?.
-¿Qué soías almorzar?.
-¿Levávate túa nai ao cole?
-¿Había Cola- cao cando eras cativo?, ¿Na túa neveira había iuogures, petits.....?
-¿Algunha vez pasaches fame?
-¿Cando eras cativo houbo algunha pandemia?, ¿Había vacinas?
-¿A qué xogabas de pequeno no patio?, ¿e na casa?
-¿Cantos fillos tivo túa nai?
-¿Había debuxos?.
- Avoa, cóntame algunha trasnada de cando eras pequena....
- Avó, cóntame algo que recordes daquela época....
-¿Qué cousas cambiaron?, ¿As estradas e praias cambiaron?........

Non quero que copiedes todas estas preguntas, senón que lle deades a imaxinación, collades un papel e pensedes as vosa propia entrevista, cantas máis preguntas mellor.

Instrucións:

A entrevista pode ser en galego ou castelá. Esta actividade debedes escribila con bolígrafo e nun folio. Ó rematar enviádesma. Hoxe é a única actividade que tendes que facer, así que espero moito esforzo pola vosa parte.

Xa sabedes, boa letra, boa presentación e sobre todo disfrutade desa conversa cos vosos avós, que xa veredes como vos van contar cousiñas moi interesantes. Se algún neno quere grabala tamén pode.

Un biquiño a todos e ata mañán😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario