jueves, 30 de abril de 2020

30 DE ABRIL
Bos días, veña campións que mañá xa comezamos outro mes novo e xa vai quedando menos para  que todo termine. Que mes é o que comezamos?, espero que dende onte xa ningún/ningunha falle os meses eh!!.Na seguinte videochamada xa verei eu quen me sabe dicir os meses, algunha preguntiña da historia do libro do outro día, quen sabe o mellor dicirme algúns artistas da obra que lle ensine eu........A ver ,a ver quen me sorprende moito😉. Xa teño anotadas algunhas estreliñas dos retos eh, para eses nenos/nenas que se esforzaron moito.
A primeira estreliña púxenlla sabedes a quen?ao voso compañeiro Isaac que nin vos imaxinades todo o que está a traballar, está feito todo un heroe: fai as tarefas diarias, lee, debuxa, xoga, canta e ata conta contos coma se fora o profe💪🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟.

TAREFAS DE HOXE

MATEMÁTICAS

Primero vais a ver el video para recordar y después realizais los ejercicios. Hacer las operaciones mejor mentalmente o al menos intentarlo,os dejo los monos con los resultados para orientaros en ese cálculo, pero remito son muy fáciles hacerlo mentalmente.



ESTOU INTENTANDO SUBIR ESTE VIDEO PERO DAME ERROR,  ESPERO QUE SUBA NALGÚN MOMENTO XA QUE ME DEIXOU SUBIR O DE ABAIXO SEN PROBLEMA (DE NON SER ASÍ FACER O EXERCICIO IGUALMENTE QUE É MOI SINXELO,

 SÓ EXPLICABA NO VIDEO QUE O FAGADES MENTALMENTE QUE SON CIFRAS CURTAS . OS MONOS SON AS SOLUCIÓNS DOS PLÁTANOS, PERO O IMPORTANTE É QUE LEMBREDES QUE PRIMEIRO SEMPRE FACÍAMOS A OPERACIÓN DE DENTRO DO PARÉNTESE E DESPOIS FACÍAMOS O RESTO DA OPERACIÓN.

SOCIAIS
Primeiro ides mirar os videos: un meu e o outro ampliando para que vexades mellor con imaxes as idades. Xa que na historia do libro do outro día vos falaba de moitos anos atrás pois aproveitamos para situarnos un pouquiño no tempo e empezar a saber algo de historia.

https://drive.google.com/file/d/16CZBBl0-nV5dzU6YWWrgDNSOa3RTrglY/view?usp=sharing

Outro video:
https://www.youtube.com/watch?v=6E8Gx9MvGuE




Agora vas ler as páxinas 92 -93 e vas facer os exercicios 17 e 19 .Cando fagas a liña do tempo faina mellor en vertical que despois sempre decides: profe non me cabe para escribir,  eu non podo escribir que non me da......Pois mellor en vertical, é mais vades poñer ó lado, ou entre idade e idade nese espacio, algo importante que pasara ahí nesa idade que lembredes do video, a ver quen estivo atento/atenta.

Por exemplo: descrubimento de Ámerica, así frases curtiñas, en que idade o colocades?, facede memoria, poñede o que queirades pero en cada idade ten que haber unha frase mínimo ou máis que identifique esa idade. A ver quen é capaz, ánimo.

PROXECTO
Deixo un encarguiño que vos vai gustar, estes días que  vades estar sen tarefas,  pois preguntádelle aos pais se podedes mirar en familia a película de "Wonder" ( está en youtube  e en neflix),. Lembrade todo o que levamos falado durante o curso sobre o respecto , a empatía, o bulling, amabilidade... Mirala cun adulto, cando eles poidan e así pregúntalle todo o que queiras saber.

Antes de mirar a película quero que no folio que dixen un día que gardarades coas definicións dos valores da empatía e respecto, pois nese mesmo folio hoxe debedes engadir outras definicións. Vades buscar en google ou no dicionario outros 5 valores:

 A definición de "AMABILIDADE", a definición de " AMIZADE", a definición de "COMPAIXÓN", a definición de "ACEPTACIÓN" e a definición de "PERSEVERANZA". Despois de ler e entender o significado, anotade se queredes mellor o significado coas vosas palabras (se non entendedes o significado preguntádelle a un adulto ou a min, podedes escribirme xa sabedes). Ó mirar a peli fixádevos se os actores da película cumpren todos eses valores.

Biquiños a todos e disfrutade destes días en familia😘😘😘😘😘😘😘

Xoves, 30 de Abril de 2020.

Bos días familias!! Xa estamos a xoves. Mañá é o día do traballador, por iso non haberá ningunha publicación, pero hoxe os traio unha moi especial😄. 
  • En primeiro lugar, coma todos os xoves, imos facer unha sesión dedicada a un conto.
  • Despois, fágovos unha lista de aplicacións con xogos educativos que podedes usar cos nenos e nenas.
  • E por último, unha sorpresa que estou segura que vos encantará. 
Ahí van as tres partes do post de hoxe. Unha aperta moi forte a tod@s!!
  1. SESIÓN DO CONTO
Hoxe imos traballar cun novo conto que se titula "El pez arcoiris".

Comezamos observando a portada e lles facemos preguntas sobre o título e a imaxe.
Logo podemos ver o conto no seguinte enlace:


E agora podemos facer preguntas sobre o vídeo e algunhas actividades, coma por exemplo:

- Decorar o noso propio pez arcoiris:

- Sumas, restas, conteo con obxectos ou elementos do conto:


 


- Podedes intentar representalo ou contar o conto coas vosas palabras, escribir palabras do conto, contar as súas sílabas, etc.

- E tamén vos deixo un xogo de memory:




2.-  APLICACIÓNS CON XOGOS EDUCATIVOS

Para ordenador:



Para tablet:







3.- SORPRESA!

Quero que vexades este vídeo, é moi especial:


E despois de velo, queremos saber que vos pareceu e ter noticias de todos vós, porque os botamos moooooito de menos. Aquí tedes o meu correo para que nos fagades chegar calqueira mensaxe😊

oteromiguelez.lucia@gmail.com

E se queredes mandarnos algún vídeo podedes utilizar esta páxina para que nos chegue ó correo:

https://wetransfer.com/

Un bico enorme!


PROFE ELENA:
Bos días Isaac, hoxe podría facer de matemáticas a actividade dos monos pero adaptada cunhas operacións nos plátanos sinxelas. Poñerlle  o video de sociais, pero sobre todo o segundo video da prehistoria. Captar que vimos do mono e fomos evolucionando. Que vexa como eran os cavernícolas, o lume.....
Unha aperta e boa fin de semana😘😘

miércoles, 29 de abril de 2020

29 DE ABRIL

Bos días,estamos aquí un día máis pero como os digo ás veces un día máis non senón un día menos para voltar á normalidade, así que moito ánimo. Respecto as tarefas do cole, carai onte quedei moi abraiada co que se están esforzando algúns nenos/as, houbo quen conseguiu no reto poñer 24 adxectivos👀👏👏👏👏👏,.
Isto quiso  decir que houbo esforzo, só tiña que pensar e por ao lado de cada nome un adxectivo. Seguro que dende a vosa fiestra ou terraza víanse moitas máis cousas das que algúns puxeron.

TAREFAS 

Agora ímos coas tarefas de hoxe nas que primeiro ides mirar o video e despois realizar as tarefas que vos deixo. Hoxe mesturamos varias materias(todo ten que ver co paso do tempo e a organización do tempo). O video é como se estiveramos no cole así que tardades en mirar o video pero despois de repasar e da explicación, se estivéstedes atentos os exercicios facédeos nun intre, agora si vos distraedes non evidentemente.


https://drive.google.com/file/d/1qNWppQMOLrFDvMcpg1FmlllrEg8_Do1Q/view?usp=sharing


























Agora que xa rematastes os exercicios, vas ler as páxinas 88-89 de sociais e dille a un adulto que che faga preguntas de comprensión desa páxina ou do video de arriba. Por exemplo: cantos anos son un lustro?, e dous lustros?,cantos meses ten un ano?, cantas horas ten un día?,.........
Déixoche o video dos meses do ano para que o vexas e intentade todos aprender os meses xa, non pido xa en lingua de signos pero en lingua oral non se poden fallar xa.
https://drive.google.com/file/d/19IySsEqrC823wo6AshkjeQsm-OgnKKUJ/view?usp=sharing
Un biquiño e ata mañan.


Mércores, 29 de Abril de 2020. 

Bos días familias!! Como estades?

Déixovos aquí o enlace ó blog de orientación, no que os membros do equipo subimos materiais e recursos que vos poden ser útiles a todos e todas😉:

https://orientacionpondal.blogspot.com/

Aquí vos mando as tarefas para hoxe. Espero que vos divirtades con elas, unha aperta!

  • RUTINAS DE CALENDARIO
          En primeiro lugar vemos o calendario para situarnos en que día, mes e estación estamos, así coma o tempo que fai e escoitamos e cantamos as cancións:




  • TAREFAS INDIVIDUAIS
         Déixovos un enlace a unha páxina con xogos para aprender conceptos básicos, traballar coas emocións e facer quebracabezas:

https://www.pictojuegos.com/

         Agora mándovos algunhas actividades:

CARLOTA

- Clasificación de cores. 
- Gomets ou pintura de dedos.
- Asociación imaxe-obxecto real: con froitas, xoguetes...
- Estimulación sensorial: encher unha bandeixa con fariña, area, azucre...

 

LUCI

- Vogais.
 - Grafomotricidade.



- Atención-percepción: podedes debuxar diferentes siluetas de obxectos e xoguetes da casa para que as relacione.


E de parte de Carlos:


ISAAC

- Números ordinais.

- Restas.

E de parte de Carlos:





PROFE ELENA

Bos día meu heroe , como traballabas onte eh que xa che vin nas fotos, estaste portando como un auténtico heroe💪, Hoxe podes mirar os dous videos  e despois mamá que trablle un pouquiño as horas contigo: as e cuarto, e media e en punto. Podemos tamén debuxar o reloxo en grande e ver como si facemos saltiños de 5 vamos sumando e 5 , e 10........pouquiño pero intentalo. Na uala gustarache o reloxo grande no chan, se mamá ten unha cartolina facer un reloxo e cos pés marcar as horas.
Despois podemos dictar unha oración en pasado (algo que fixo cando ía o cole), unha oración en presente(algo que está a facer) e unha en futuro( que fará cando chegue o cole por exemplo).
Despois mirar o video de abaixo e intentar aprender os días da semana en lengua de signos e poñerlle tamén os dos meses pero cos da semana chega.
!Cantar canción dos días das semana que a sabe seguro e introducir os signos!
Biquiños e ata mañán😘

martes, 28 de abril de 2020

28 DE ABRIL

Bos días campeóns/campeonas, como vades?, espero que todos/as moi ben. Lembrádelle aos pais que teñen a súa disposición e a vosa tamén recursos moi interesantes no blog de orientación do cole: técnicas de estudo, pautas.......
Adxunto enlace: https://orientacionpondal.blogspot.com/

Hoxe ides repasar un pouquiño mate cuns exercicios chupados como decides vós e despois ides facer un texto.

MATEMÁTICAS:
Empezáis haciendo estas 3 operaciones y luego los ejercicios de abajo. Sin prisas , fijaros bien.

Cuentas:

59346 :7=

78956 : 6=
46789 x 48=

https://drive.google.com/file/d/11BDw0CJn0Q4Dz0ujvd1yQJtAlSJoD3l_/view?usp=sharing

IMPORTANTE:EN EL EJERCICIO 1 HACER LA DESCOMPOSICIÓN NO TENIENDO EN CUENTA LOS NÚMEROS DE DENTRO (OLVIDAROS DE ELLOS).


LENGUA:

Vais hacer un texto, una descripción como os explico debajo. Quiero que lo hagáis relajados, pensando bien, sabeis hacerlo, orientaros como con la brújula o como lo hice yo en el ejemplo que os dejo. Lo que me importa es que hagáis las cosas con un orden, utilicéis adjetivos y que tenga sentido el escrito claro.

https://drive.google.com/file/d/1VfrB63Bpd_AqSbXsEGRHQnvhgWW4z__U/view?usp=sharing

Esta tarea de la ventana de hoy decirle a los papás que la quiero ver, que me la envíen cuando ellos puedan. No hace falta que sea hoy, pero vosotros sabéis que tenéis que hacerlas hoy, no dejes para mañana lo que puedas hacer hoy!!. Que me la manden sin corregir que quiero ver los fallitos, si los hay chicos que a lo mejor lo haceis genial si os fijais y le poneis interés. Buena letra, al terminar repasar vosotros sólos si pusisteis los puntos, las comas, las faltas de ortografía,las mayúsculas, si repetís mucho alguna palabra......

Os dejo aquí debajo la tarea que os manda Paloma para esta semana, ir haciendo las cositas que os mandan los profes. Practicar con la flauta ahora que tenéis tiempo y hacer deporte.
https://drive.google.com/open?id=1dDN5efz-2Pck-CXC6_iO8lC4sf4_jwJ4

Un abrazo y hasta mañana😘😘

Martes, 28 de Abril de 2020.


Bos días!!

Como xa sabedes, os martes dedicamos unha sesión á psicomotricidade. Déixovos aquí os enlaces para que podades ver as publicacións anteriores e repetir as actividades que máis vos gusten. A maiores, propóñovos despois unhas actividades para traballar outros aspectos que me parecen interesantes. Moitos bicos!!

ENLACES ÁS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE

https://superpondais.blogspot.com/2020/04/martes-21-de-abril-de-2020.html

https://superpondais.blogspot.com/2020/04/martes-14-de-abril-de-2020.html

https://superpondais.blogspot.com/2020/03/martes-31-de-marzo-de-2020.html


https://superpondais.blogspot.com/2020/03/m-artes-24-de-marzo-de-2020.html


https://superpondais.blogspot.com/2020/03/martes-17-de-marzo-ed_17.html



OUTRAS ACTIVIDADES

- Seguimos traballando os "opostos" ou "antónimos"









- Asociación visual:
  • Obxecto-obxecto



  • Acción-obxecto


  • Lista da compra



  • Recta numérica e repaso de letras
  • Bingo: con calqueira tema que queirades traballar. 


Por hoxe nada máis. Unha aperta!!

Profe Elena:
Bos días, hoxe ler o enlace que está no apartado de lengua e intentar facer unha breve descrición sentadiño na terraza dicindo o que mira( unhas frases só) e despois un debuxo debaixo das vistas (o que él queira , explícalle :a ver que vemos para debuxar: unha árbore?, uns edificios?,coches? que día fai?...dalle ideas para debuxar sol, nubes. Traballar con él a lateralidade e decir o que mira ao fronte, á esquerda, á dereita...
A profe Luci e a mín gustaranos mirar o pequeno traballiño, cando estea , non ten por que ser hoxe, cando queirades.
Biquiños