miércoles, 29 de abril de 2020

29 DE ABRIL

Bos días,estamos aquí un día máis pero como os digo ás veces un día máis non senón un día menos para voltar á normalidade, así que moito ánimo. Respecto as tarefas do cole, carai onte quedei moi abraiada co que se están esforzando algúns nenos/as, houbo quen conseguiu no reto poñer 24 adxectivos👀👏👏👏👏👏,.
Isto quiso  decir que houbo esforzo, só tiña que pensar e por ao lado de cada nome un adxectivo. Seguro que dende a vosa fiestra ou terraza víanse moitas máis cousas das que algúns puxeron.

TAREFAS 

Agora ímos coas tarefas de hoxe nas que primeiro ides mirar o video e despois realizar as tarefas que vos deixo. Hoxe mesturamos varias materias(todo ten que ver co paso do tempo e a organización do tempo). O video é como se estiveramos no cole así que tardades en mirar o video pero despois de repasar e da explicación, se estivéstedes atentos os exercicios facédeos nun intre, agora si vos distraedes non evidentemente.


https://drive.google.com/file/d/1qNWppQMOLrFDvMcpg1FmlllrEg8_Do1Q/view?usp=sharing


























Agora que xa rematastes os exercicios, vas ler as páxinas 88-89 de sociais e dille a un adulto que che faga preguntas de comprensión desa páxina ou do video de arriba. Por exemplo: cantos anos son un lustro?, e dous lustros?,cantos meses ten un ano?, cantas horas ten un día?,.........
Déixoche o video dos meses do ano para que o vexas e intentade todos aprender os meses xa, non pido xa en lingua de signos pero en lingua oral non se poden fallar xa.
https://drive.google.com/file/d/19IySsEqrC823wo6AshkjeQsm-OgnKKUJ/view?usp=sharing
Un biquiño e ata mañan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario