jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL

Bos días, hoxe o primeiro que quero dicir e que é o día Mundial do Autismo, se estiveramos na aula traballaríamos este día en profundidade co proxecto, cos debates que os gustan moito, con videos e actividades, pero deisámolo para outra ocasión senón aquí falo eu soliña e non sei o que me debatides nin o que pensades para poder explicar. De todas formas déixovos unha canción moi chula e sólo quero que vos acordedes do que vos digo sempre "TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS SOMOS DIFERENTES".

A profe Luci fíxome a proposta que se tendes pintura na casa poderíades pintarvos igual que os do video (ou soamente as mans) e mandarme as fotos por mail ou se as reunides polo grupo de pais as fotos de cada neno na súa casa e alguén mas quere pasar  todas xuntas mellor, digo por se lle é máis fácil algún mandarllas a outro por wasahp, como queiran os pais. Algo faremos con elas agora e á volta ó cole tamén. Decídelle a mamá/papá que un día é un día e un pouquiño de loucura na casa como facedes no cole non vos ben mal, así que a pintar todos a cara e as mans, canto máis manchados mellor e cantas máis cores mellor xa sabedes mundo de cores e todos diferentes. Se algún quere ou pode poñer o seu arco da vella detrás, que salga na foto mellor que así xa miro todiños. Non ten que ser hoxe xa, que hai pais que traballan, cando vos poidan sacar eles a foto.

Déixovos a canción e máis una proposta pa poñer na ventá para o que queira.

Canción: "Vivan las manos de colores"


https://www.youtube.com/watch?v=n9ppwF6h1sc&feature=youtu.be





TAREFA DE HOXE:
Matemáticas: Hoxe sólo ides escribir en mate así que nada de protestar polos exercicios. Vades a mirar primeiro o video e despois ides intentar responder os exercicios:
Páxina 114 o 2 e 3, páxina 117 o 2 e 3,páxina 120 o 1 e páxina 121 o 6 e 7. Nos que dí que copies e digas que ángulo é, faino a ollo inda que non teñas transportador.






Naturais: ides clicar nestes enlaces e vades mirar os videos nos que explican as páxinas 64 e 65 doutra forma e como faría eu na clase nombrando máis cousas do que dí o libro. Vades ver cada video varias veces polo menos 3 veces cada video, e vades intentar quedarvos con todo o que dí, ídes estudar así hoxe, miralos ata que vos quede o que dí. Despois un adulto vaiche facer preguntas a ver se as sabes responder. Hoxe é como si estudaras polos videos en vez de polo libro e despois che fixeran un examen. 
Dille a papá e mamá que deixo aquí abaixo algunas preguntas de exemplo pero poden preguntar o que queiran, pero moitas ehhhh a ver con cantas cousas vos quedastedes. Estade moi mos: atentos, xa sabedes :ollos de buho e ourellas de elefante para enterarvos de todo. Por certo un dos videos vai moi rápido( o de edueduca) así que unha de dúas ou espabilades a ler moi rápido ou ide parando a pantalla para enterarvos.
 ¡¡¡¡ÁNIMO CAMPIÓNS!!


PREGUNTAS ORIENTATIVAS:
¿Os materiais de que tipo poden ser?, os alimentos naturais de que orixen poden ser?, de donde se obteñen cada tipo?, os alimentos chegan o súper e de que 4 formas podemos mercalos?, como se poden comer os alimentos vexetais?, sabrías citar que partes nos podemos comer das prantas?,  dime algún exemplo de raíces que nos comamos, agora dime un exemplo de de semillas que comamos. 
A coliflor de que parte da planta ven?, e a pataca?, dime un alimento que nos aporte vitaminas, o aceite é un elemento elaborado ou non?, os macarrons son elaborados a partir de...…...
A fariña de onde sae?, co trigo podemos facer pan?...…………..e así algunas preguntiñas máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario