Bos días!! Que tal estades familias?
Antes de nada, coméntovos 3 aspectos para facilitar a comprensión da publicación de hoxe😉:
- Dado que maña é día festivo en Cangas e que logo xa ven a Semana Santa, hoxe farei dúas publicacións. A primeira é soamente coas actividades de hoxe, e na outra mándovos recursos para as vacacións por se queredes traballar con eles, ademáis de que podedes lembrar as outras entradas ou rematar exercicios que quedaran pendentes.
- Por outra parte, tamén é tempo de desfrutar en familia, polo que subiremos propostas de xogos e actividades (dentro da pestana de "Ocio").
- Por último, mencionar que o día 2 de abril é o día do autismo, no que a cor elixida é a azul. Dentro da pestana da profe Elena vos deixamos unha manualidade e un vídeo cunha canción. Lembrades como bautizáchedes o ano pasado á nosa aula? "PÉTALOS DE COLORES", e a aula de Elena "SUPERHEROES UNIDOS POR UN MUNDO DE CORES". Por iso, esta canción nos representa😀, xa veredes como vos encanta!
ACTIVIDADES PARA HOXE
Tendo en conta as rutinas da aula, hoxe imos dedicar unha sesión ós contos. Escollín un que temos na aula e que sei que lles gustará moito, e a vós tamén. Isaac xa o coñece porque practicamos a lectura a través del, pero estará xenial recordalo e tratar de que él mesmo o conte coas súas palabras.
Esta é a portada do conto (podedes comezar ensinándolla e preguntarlle que ve nela e que pensa do título) e debaixo adxunto o enlace para que o podades visualizar:
- Comprensión do conto: formularlles algunhas preguntas, tipo: como se chama a xirafa?, como é?, que lle gusta facer?, por que se rin dela os demais animais?, cres que fan ben ríndose dela?, como remata o conto?, etc.
- Escritura: Poden escribir o título, pintalo, rodear as vogais ou as letras que contén o seu nome, etc.
- Animais: podedes traballar o vocabulario dos animais e escribilos e xogar coas súas sílabas, dando palmadas.
- Sons e estilos de música: podedes imitar os sons dos animais e engadir outros aínda que non aparezan no conto. Déixovos uns links para escoitar os estilos de música que aparecen no conto:
Vals: https://www.youtube.com/watch?v=ILBgXpYMRJk
Baile escocés: https://www.youtube.com/watch?v=pOSZrMOzq00
Sevillanas: https://www.youtube.com/watch?v=v_3EiFA37Zw
Tango: https://www.youtube.com/watch?v=Gcxv7i02lXc
Rock & roll:https://www.youtube.com/watch?v=d1QgI-q4LRA
- Manualidades: algúns exemplos:
Esta última podedes probar a facela con plastilina.
A maiores, déixovos aquí unhas tarefas de parte de Carlos por se tamén as queredes facer hoxe:
LUCI
ISAAC
E de parte da profe Elena:
Naturais: poñerlle estes dous videos e pararllo e idelle facendo preguntas.
https://www.youtube.com/watch?v=x6xzfp1I75g
https://www.youtube.com/watch?v=cAhy3VSSrtg
Despois xogar con él cos alimentos da casa, por exemplo: esta leite que está no frigorífico é de orixe animal ou vexetal?, pensa de onde saíu?, dun animal ou da terra?......e a auga?
No hay comentarios:
Publicar un comentario