jueves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de Abril de 2020.


Bos días!! Xa estamos a xoves, ánimo campións!

Sabedes que día é hoxe? Hoxe é o día do libro, e como sei que vos encantan as sesións que facemos na biblioteca, quisen prepararvos algo especial para que vos sintades máis cerquiña do cole. Aproveitando que xa coñecedes o conto de "A pequena oruga glotona", estes días estiven creando un teatro de sombras para ensinarvos e contalo dunha forma diferente. Espero que vos guste! 



E agora fíxenvos un vídeo para que vexades paso a paso como facer o voso propio teatro de sombras 😀

https://drive.google.com/open?id=1P1kUnqzWlk47Vw80AYHbnDhkFxMPlHpk

Seguindo coa mesma temática, déixovos unhas actividades:




O seguinte enlace é dunha canción con adiviñas moi divertidas. 

https://www.youtube.com/watch?v=q6GPFWvHgQs

E o que vos mando a continuación é para que xoguedes a facer sombras de animais coas vosas mans:

https://www.youtube.com/watch?v=FUgcj4sGOfQ


Hoxe quero mandarvos como tarefa que collades o voso conto favorito e que vos animedes a mandarme un pequeno vídeo (podedes envialo a próxima semana se non vos da tempo): lendo algunha parte, contándoo co voso teatro, inventando algunha adiviña coma as que aparecen na canción, facendo un debuxo ou pintando algunha imaxe que reflexe algo do conto que vos gusta... O que vos queirades, estou segura de que me encantará!😃
Déixovos o meu correo e un link co que podedes mandar os vosos vídeos se non collen no correo:

Correo: oteromiguelez.lucia@gmail.com

Link: https://wetransfer.com/

Mándovos un resumo das tarefas:



E para rematar, mándovos unhas fichas de Carlos:

Para todos:
E a maiores: 

LUCI




ISAAC



Unha aperta moi forte!!
PROFE ELENA: 
Ola hoxe para facer homenaxe do día do libro xa lle deixa Luci o conto e despois na otra entrada pode facer o último enlace da publicación que é a tarefa de Paloma e o penúltimo enlace que deixei eu tamén que é un marcapáxinas.
Un saúdo, xa mirei onte o ben que estaba traballando😉😘




No hay comentarios:

Publicar un comentario