15 DE ABRIL
Bos días a todos, qué tal espertástedes?, quérovos coa enerxía coa que vindes sempre ás 9:00 cando chegades ó cole, que xa entrades coma motos pero moi receptivos e coas mentes máis frescas que o resto das horas.
Por iso sempre prefiro que comecedes por matemáticas cando hay cálculo ou problemas.
Antes de deixarvos as tarefas para hoxe quero deixarvos o enlace directo á publicación de onte de Rani, que os prepara clases divertidas con xogos e actividades.
A partir de agora os días que toca inglés no horario vouvos deixar aquí eu o enlace directo ó seu blog, porque non sei se todos os nenos sodes capaces de ir ó blog dela. No seu blog tendes o seu mail tamén para consultarlle calquera dúbida que teñades ou simplemente para contarlle :se vos gustan os xogos , se vos é complicado xogar, se non entendedes algo.....
https://ranisclass.blogspot.com/2020/04/welcome-back-3rd-primary.html
Hoxe ó terminar as tarefas podedes entrar a xogar no seu blog que é moi entretido e así ledes o traballiño que fixo algún de vós.
TAREFAS DE HOXE
MATEMÁTICAS:
¿Qué tal o cálculo de onte?, moitos fallos?, se algún neno/a non as ten correxidas que as mande o meu mail que eu as corrixo o resto xa lle irei preguntando aos papis como van saíndo esas operacións.
Hoxe ides facer estas multiplicacións que vos deixo aquí debaixo e despois os exercicios 14,18,19,23,24 e 25 da páxina125 (son curtiños e de repaso).
MULTIPLICACIÓNS: xa sabedes colocálas vós e vertical (facelas cos números separados que despois amontoades e non sabedes por onde íades). Moi importante: tachar as levadas que xa usamos😉😉
67894 x 64 =
54328 x 76 =
4568 x 234 =
DESCANSA UN RATIÑO ANTES DE FACER O SEGUINTE.
NATURAIS: Primeiro ides mirar estes dous videos para ter claro porque empregamos uns materiais ou otros para a fabricación e elaboración das cousas que nos rodean. Leedes ou estudiades cada un que mire o que necesita facer para que lle quede na cabeciña as páxina 66 e 67. A última xa a explicamos e falamos moitas veces co proxecto de desplastificate ( nesta páxina falavos da regra dos tres R pero lémbrade os que lle escribimos na capa de Pástiquina que eran varios máis)
Despois de mirar os videos vades facer os exercicios da páxina 70 ( agás o 1 e 2 que xa os fixemos). Non serve mirar polo libro ,así que estudiade primeiro e cando teñades as cousas claras a polos exercicios.
https://www.youtube.com/watch?v=7sI85VAiLdo
https://www.youtube.com/watch?v=Tx2y3BPiV6g&t=4s
https://www.youtube.com/watch?v=-UFFFUTMlCw
GALEGO: escribe o alfabeto, lembra as letras que non empregabamos en galego.
LENGUA: o mesmo que en galego, escribe o abecedario que sei que seguides comendo letras.
Biquiños e moito ánimo que o facedes moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario