miércoles, 22 de abril de 2020

22 DE ABRIL

Bos días campeóns/campeonas, qué tal saíron os problemas de onte?, sei que a varios nenos/as as tarefas desta semana bastante ben, iso quere dicir que imos mellorando. En xeral o  que máis os segue costando é escribir por iso debemos practicar vale?, pero inda así eu sei que cando queredes sabedes redactar, inventar......pero só cando queredes, así que xa sabedes a poñer da vosa parte e a ver quen me sorprende moito. Agora vouvos escribir para explicarvos as tarefas ben, pero non vos agobiar antes de leer que só ides mirar videos e a facer 2 tarefas, así que nada de agobios😉

Hoxe é un día importante xa que é o "Día Mundial da Terra" , o planeta terra no que vivimos do cal xa temos falado cando foi de Plastiquina. Dixemos que o planeta está sufrindo debido as accións humanas e tamén falamos de que íamos intentar protexelo, hai que construir un medio ambiente saudable e sostible e facer frente ó cambio climático .
Sei que recoñecíades os erros humanos que cometíamos, os actos que se deberían evitar, falamos das tres "R" : reducir, reutlilizar e reciclar e cando estivo Plastiquina incluso falamos de máis  de tres "R".
Pero o que para vós é un pouco descoñecido é o do cambio climático e efecto invernadoiro, polo que hoxe ides facer un pouco de maratón de videos sobre isto, en lugar de escribirvos eu toda a explicación. Sei que por vós encantados que sempre pedides videos na aula jaja.
Hoxe ides facer 2 tarefas pero relacionadas con este día así practicamos escritura ,expresión e tamén un pouco de tecnoloxía porque quero que busquedes información vós soliños.

1ºTAREFA (primeiro mira os videos atentamente para poder facer a actividade)

https://www.youtube.com/watch?v=D7azpbtGA4Y

https://www.youtube.com/watch?v=vguHLjBqNnM

https://www.youtube.com/watch?v=cCRxvg8Jh9Y

Agora que xa os vistedes e tendes un pouquiño as ideas claras ,quero que fagades unha ficha dun animal en perigo de extinción. Lembrades o que fixéstedes fai unas semanas cando vos pedín que buscárades en Google un dos animais máis raros do mundo?,pois agora igual.
 Buscades en google "animais en perigo de extinción," elixides un animal só e facedes sobre él una ficha sobre él(una ficha de presentación).
 Xa sabedes nome do animal, onde vive, clima no que vive, como é ese animal,descríbeo,dime porque está en perigo…….Se algún neno non lle acorda isto de facer una ficha,que mire no libro de gallego ou lengua. Pero é libre podedes redactar como queirades. Lembrade eu non sei que animal é nin o que lle pasa , vou coñecelo cando lea o que escribístedes, así que presentádemo ben.

2º TAREFA
 Vas mirar e escoitar este conto 2 veces. Primeiro un vez e a segunda vez vas míralo pero collendo anotacións (escribindo) as ideas ou cousas importantes que vai dicindo para que despois che acorden. Cada vez que diga algo importante podes ir parando o video ou cada vez que o conto che cambie de tema podes parar e resumir ese cachiño.

Lembras  o que era facer un resumen?, pois agora a actividade que che encargo é que fagas un resumen deste conto. O neno que non lle acorde como se facía un resumen vai consultar na páxina 97 do libro de lengua castellana.
Lembras cando en grupo na clase facíamos resumos dalgunha fin semana de forma oral? . Lembrades cando Alicia nos fixera aquel resumo  dun domingo dela?, onde lle dixéramos que primeiro tardara 5  minutos en contalo, pero despois só lle dábamos 3 minutos para contar o mesmo de forma resumida sin esquecer as cousas máis importantes?. fixérao moi ben porque en 3 minutos enterámosnos de todo, que había naquel monte?, moitas cousas, pero ela nos tres minutos nomeou só o que máis lle chamou atención.
Pois no voso resumo deste conto igual, pensade que eu non sei de que vai ese conto e teño que enterarme do máis importante  no voso resumo.

Non vos agobiar, sabedes facelo, ningún resumo vai estar mal, vanme gustar todos, porque son feitos por vós e sei que todos van ser diferentes. Un seguro que me conta algo que o outro neno non me contou, que se lle escapou. As cousas todas que son inventadas ningunha está mal, simplemente veremos que cousiñas podemos mellorar.
A idea é que nunha carilla contesme un resumo de que vai ese conto, sin esquecer as cousas máis importantes e por suposto que ten que ser coas tuas palabras e a tua maneira. Se tomaches anotacións mentres o mirabas, ahora só tes que unir esas anotacións redactando, unindo ideas, formando oracións. O neno/nena que non sea capaz de facer este resumo, de redactalo, sérveme con que me poña ideas principais e que más diga, Como facedes cos ingredientes na receta?, pois o mesmo, nomea as ideas principais.

Isto axúdavos aprender a redactar, a expresarvos e sobre todo a resumir para cando teñades que estudar. Cando na clase os dou o subraiador fosforito queredes subraiar todo, porque para vós todo é importante. Pero mirades o que vos subrayo eu sempre nas fotocopias?, palabras importantes, ideas importantes, iso é resumir.
https://www.youtube.com/watch?v=ExOBjG44czw

ESTAS 2 TAREFAS QUERO RECIBILAS, DECÍDELLE AOS PAIS QUE NON FAI FALLA QUE AS ENVIEN HOXE, CALQUER OUTRO DÍA QUE ELES POIDAN ENVIALA OU CANDO  AS FAGADES.
AÍNDA QUE VOS FALEI EN GALEGO, IMOS FACER UN TRATO, SE VOS ESFORZADES A FACELAS CON BOA LETRA, CON INTERESE E GANAS ;POIS DEÍXOVOLAS FACER EN CASTELAN VALE??, FACEDEAS A BOLÍGRAFO POR FAVOR, SENÓN MOITAS TAREFAS CON LÁPIS NA LIBRETA NON SON CAPAZ DE LÉELAS NAS FOTOS, SE É EN FOLIO INDA BUENO ( TAMÉN DEPENDE DA LETRA CLARO).
VEÑA QUE HOXE NUNHA FOLLA XA TEDES AS DUAS ACTIVIDADES LISTAS UNHA POR DIANTE OUTRA POR DETRÁS.

RANI
Agora vouvos deixar tamén o enlace o blog de Rani que vos preparou un video que vos vai gustar, que nos lembra que lle gustou moito a actividade que nós fixemos a última semana do cole na que nos divertiramos moito. Espero que vos servira de algo e que esteades axudando na casa nestes momentos. Mirade o video e realizade as actividades online que vos puxo. Podédeslle escribir no mail dela se queredes.
https://drive.google.com/file/d/1Qo6W2FehH4uq6zB_uS2xSdg-UhyMCTeM/view?usp=drivesd

Biquiños e a ver quen traballa moi ben hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario