Bos días!! Como estades? Saíchedes onte a dar un paseo?😊
En primeiro lugar, hoxe quero mandarvos unhas tarxetas para traballar a saída á rúa e a volta á casa cos nenos e nenas, para que sexa máis sinxelo e podades disfrutar deste momento sen agobios. É moi importante ter en conta os seguintes aspectos:
- ANTES DA SAÍA
Anticipar:
- O momento do día no que van saír.
- Con quen irán.
- Percorrido que farán.
- DURANTE A SAÍDA
- Mostrarse de exemplo con actitudes adecuadas.
- Observar as dificultades no percorrido (tocou cousas, o percorrido non foi do seu agrado...).
- Podedes utilizar estes materiais TEACH como apoio, para ensinarllos se é necesario.
- DESPOIS DA SAÍDA
- Tratar de modificar aspectos ou dificultades que xurdiron para a próxima saída.
Agoro déixovos unhas tarefas para hoxe. Unha aperta!!
CARLOTA
LUCI
E de parte de Carlos:
PROFE ELENA:
Bos días para o campeón, hoxe mirar o video de lengua e intentar facer o exercicio das bombillas que deixo debaixo dos diminutivos e aumentativos.
De matemáticas aínda que non faga a tarefa, pode mirar os enlaces que deixo da vistita para nenos do Museo do Prado e incluso se tiveras impresora na casa imprimir a tarefa que deixo de matemáticas pero cambiarlle as operacións por unhas restas máis sinxelas. Despois de recortalas xogar con él a encontrar as parellas. Podéselle acotar poñendo mellor a metade das obras para que saiba recoñecer algunhas e se mira Gioconda que saiba dicir o é a Gioconda, a reina Margarita das meninas seguro que lle gusta.
Un biquiño e ata mañán😘😘
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario