jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PARA AS VACACIÓNS

Nesta publicación déixovos algúns recursos para a próxima semana, por se queredes seguir traballando cos rapaces e rapazas. Cabe destacar que non son obligatorias, soamente son suxerencias por se alguén as precisa. 

  • Tarefas para todos: poñer a mesa, traballar as emocións (podedes recortar caras de revistas e clasificalas, imitalas...), e os sentidos.





Podedes crear unhas botellas sensoriais e botellas da calma para ter na casa e utilizalas como recurso cando os nenos e nenas o precisen. Déixovos un link no que explica paso a paso como facela:

https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/manualidades/como-hacer-una-botella-de-la-calma-o-bote-magico-para-ninos/
  • E podemos facer unha actividade sobre o noso proxecto deste ano, "Xogando coa arte de Hervé Tullet"😃



  • Tarefas máis específicas:
CARLOTA (despois mirar o que lle puxo a profe Elena abaixo)

O máis importante é a repetición e contancia, polo que o ideal sería traballar na mesma liña:

- Fotografías.
- Pictogramas.
- Vocabulario: cores, emocións, animais, alimentos, etc.
- Motricidade fina e grosa, e texturas. 


LUCI ( despois mirar o que lle puxo a profe Elena abaixo)

Que podemos traballar?

- A comunicacion e o vocabulario: A través de fotografías ou imaxes, fomentar que as describa a través de preguntas.
- Os números: conteo a través de obxectos, da aprendizaxe vivencial (dando saltos...).
- As letras e o seu nome: deletrear as letras do seu nome, escribilo, xogar coa letra L, as vogais, etc.
- Motricidade fina e grosa: recortar, trocear papel e pegalo, facer boliñas, utilizar plastilina, saltar, bailar, facer ioga, etc.



ISAAC

- Lectura e comprención a través de preguntas.
- Escritura de palabras, frases, contar sílabas, etc.
- Números: conteo, sumas e restas con problemas sinxelos...
- As horas.
- Conceptos: masculino-feminino, sinónimos e antonimos, singular e plural...
- Motricidade fina e grosa: recortar e pegar, facer boliñas con papel, encestar, bailar, facer ioga, etc.





Unha aperta a tod@s!! Para calqueira consulta ou se queredes compartir algún dos traballos, aquí tedes o meu correo: oteromiguelez.lucia@gmail.com

E DE PARTE DA PROFE ELENA PARA OS TRES VER O VIDEO DA OUTRA PUBLICACIÓN XOGAR COAS MANS E DIBUXAR NOS DEDOS, FACER COMO TITERES CON ELES, CON LUCI E ISAAC FACER QUE ELES FALEN CREEN O DIÁLOGO COMO CANDO XOGAN. CON CARLOTA: PRIMEIRO FACERLLE UN DEBUXO CALQUERA POR EXEMPLO UNHA FLOR MOI GRANDE NUNHA DAS SÚAS MANS PARA CONSEGUIR PRIMEIRO ESA ATENCIÓN (PINTARLLE CANTO MÁIS MELLOR PARA QUE LLE CHAME ATENCIÓN)
UNHA VEZ ESTEA ATENCIÓN FIXADA NAS SÚAS MANS, POÑERLLE AS NOSAS ENRIBA COMO AS DO VIDEO CON DOUS PERSONAXES E EMPEZAR A FALAR CON VOCES MOI EXAXERADAS, PARA QUE LLE CHAME ATENCIÓN TANTO AS VOCES COMO AS MANS, ENSEGUIDA LEVANTAREMOLAS SEPARANDOAS E FALANDO UNHA MAN E SEGUIDA A OUTRA PARA QUE ELA INTENTE SEGUIR COA MIRADA ESA VOZ E ESA MAN. FACELO RÁPIDO PARA QUE XOGUE COA CABEZA E BUSQUE ESA ATENCIÓN ( COMO CANDO MIRAMOS UN PARTIDO DE TENIS.
MOITOS BIQUIÑOS PARA OS TRES😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario