jueves, 2 de abril de 2020

VACACIÓNS

Bueno campións, a mañá non quisen recordar as vacacións senón algún seguro que diría :a pois entón xa farei a tarea outro día jaja, pero mañá non habería cole posto que é festivo en Cangas e colleríamos vacacións hoxe. Algún estará pensando, mañá non hay tarea?, pois non a de hoxe a mañá era a última ata a volta de Semana Santa. Profe e non levamos deberes?, pois tampouco porque xa me foron contando uns paxariños que o estades a facer moi ben. Si deberíades ser responsables e estudar as tablas e leer que sabedes que é moi importante. Decídelle aos pais que hay bibliotecas virtuales que ofrecen libros moi chulos. Deixo aquí un enlace pero as editoriais tamén dan acceso ás descargas en pdf os libros nestes momentos:


Aínda que non poña tarefas para as vacacións gustaríame que fixerades unha soa cousiña,que en tantos días seguro que non vos custa nada. Este encarguiño é que fagades un cómic ou quen queira unha redación nun folio ou cartolina (elixides unha cousa ou outra).

Sobre que tema?, pois sobre esta situación que estamos a vivir agora, o deste amigo infiltrado Covid que pola súa culpa non podemos ir o cole, estamos cumprindo todos unha misión: uns de quedar na casa pero outros teñen a misión de seguir índo a traballar para axudarnos a todos: os médicos e peroas dos hospitais para salvar as persoas que se contaxiaron, outros investigando para intentar derrotar a este inimigo, as dependentas como xa vos dixen van a traballar para que teñamos para comer, os policía, gardas civís e militares para vixiar que todos cumpran a misión, os reporteiros e xornalistas para informarnos de todo, os mariñeiros, agricultores , gandeiros para seguir recollendo as materias primas para que non nos falte de nada, os transportistas que nos traen todos os productos, algunas persoas traballan elaborando material médico, os pilotos...…..repito hay moita xente que inda vai a traballar porque o seu traballo é moi importante para toda a poboación, estes son auténticos heroes e heroínas téndelo en conta para a redacción ou o cómic.

Lémbrades o que digo sempre de todos unidos mellor?, pois nestes momentos estamos todo o mundo unido intentando gañar esta derrota como ás dos heroes da tele. Agora estamos unidos por gañarlle a este infiltrado, ata outros países sabedes?, pois si uns países con outros tamén están unidos, como a cadea de favores nosa( a do video) pois igual pero duns países con outros. Sabedes que ata chegan avións doutros países que comparten con nos moitas cousas como: as gafas dos médicos, as batas, as luvas…….Agora si que a xente está portándose ben e cumprindo cos valores que sempre dicimos verdade??, empatía uns con outros, xenerosidade, amabilidade,respecto, unión...…...esta situacón está sendo a cadea queríamos ehhhh, un mundo de cores, só nos falta botar o enemigo este dunha vez e listo. Non se sabe canto se vai tardar, porque sabedes que as loitas ás veces son máis difíciles que outras, pero o que hai que ter é paciencia e moito ánimo.

Entón repito o encarguiño que me gustaría que fixerades : unha redación (unha carilla) sobre o que está a pasar ou un cómic porque no cómic tanto contas o que está a pasar nos debuxos como no que escribes en cada viñeta. Esmerádevos un pouquiño e pensar en todo o que vos contei deses traballadores heroes que xa vos dín moitas pistas e ideas. Tamén se me  ocorre outra cousa, se alguén en vez de un cómic ou redacción quere escribir unha carta a alguén contando todo o que está a pasar  tamén pode. O que queirades , espero mirar ese traballiño 😉que seguro que me sorprende moito. Xa sabedes ten que ser en galego porque sería traballiño do proxecto tamén. O que non lle acorde como era o cómic que o mire no tema 7 de galego ou que se acorde daquela historia que nos contou Alexandra do bulling, lémbrades que nos gustou moito?, pois no cómic contaba todoooo aquilo.

Por certo mamá/papá ensinouvos un video que puxemos os profes no Facebook con fotos de cando eramos nós cativos??, recoñecestedesme?, pídelle que cho ensine e a ver se encontras os profes, sobre todo os que vos dan a vós: profe Alberto, Luci, Rani,Paloma, Mari e eu a ver se me topades, xa me contaredes ehhhh😊

Dende que estamos na casiña, puxemos tres videos para vós, non sei se vichedes todos: o dos arcos da vella dos profes, o video de cando eramos cativos e agora un de vacacións, ,mirádeos que seguro que vos gustan.


PROPOSTA (optativa)
Agora vou facervos unha proposta, non é obrigatorio pero algún/alguna igual lle gusta. Poderíades empezar a escribir un diario persoal. Non sei se todos sabedes o que é un diario?, pois para que me entendades é escribir nunha libretiña tódolos días o que fixeches ese día  dende que te levantaches ata que remata o día. Esa persoa que escribe di: querido diario: (é como si o diario foxe unha persoa ) hoxe día tal levanteime………..facía bo día.....fixen tal....despois xoguei cos meus pais....tamén contase como te sintes ese día, cousas que che gustarían,....contase tamén secretos sabes?, porque é un diario persoal teu, que contas o teu día a día. O que pasa que falas como se o diario fose unha persoa e lle estiveras falando.

Xa sei que pensades que agora non tendes moito que contar, porque diredes: non saín da casa , non fun a ningún lado, non fixen nada interesante que contar, pero non non!!!!!, estás equivocado/a na casa seguro que fas moitas cousas durante o día. Seguro que tes momentos de xogos que contar, risas coa familia, alguna anécdota desas que contades na clase que vos pasan......pois podes contar ese día a día. Ahhh !!!, que me esquecía tamén cando escribas como te sintes cada día poderías poñer cousas que botas de menos e sobre todo as cousas que che gustaría facer cando gañemos a derrota e nos deixen saír a rúa, ir o cole, que che gustaría facer?, a que sitios che gustaria ir?, con quen?, a quen queres mirar primeiro?,a quen tes moitas ganas de abrazar........Pois mira todas esas cousiñas son as que podes escribir no diario cada día. O diario repito escríbese todos os días, claro que haberá días que teñas moitas ganas de contar e outros igual non foi un día moi bo para tí e igual só escribes duas liñas, pero non pasa nada ,porque e teu, escribes cando queres, a hora que queres e o que ti queres . Este diario é como o que cubro eu da clase, sabedes non? , onde escribo tódolos días e poño quen se portou mal jaja, quen non veu a clase......pois isto igual vas ter  rexistrados todos os teus días da túa vida. Cando sexas máis maior gustarache leer ese diario de cando eras pequeno e sobre todo esas páxinas do Diario onde poñía que estábamos todos encerrados na casa sin salir a calle...…..e dirássss: mimaaa cantos anos pasou dixo, vou leer a ver o que poñía cando estivemos na casa naqueles tempos.O Diario e secreto pero se algún neno quere compartir cando volvamos o cole o seu diario e leernos como pasou él todo esta aventura do coronavirus pois claro que pode, estaremos encantados de escoitalo.

Lémbrades o conto que fixera Iván?, de aquel barco no século tal, que saía de tal sitio......e despois íanos contando cada día o que pasaba nese barco, onde se dirixía cada día …...Pois era como un diario tamén dese barco.

Bueno esa era unha proposta para quen queira, agora aquí abaixo vouvos deixar un video divertido de relaxación de movementos pero máis ben son deses retos que vos gustan a vós. Prácticade a ver se vos sae o das mans e dicidelle os da casa que o intente tamén. 
Un biquiño moiiiiiiiii grande a todos e si non mando deberes para as vacacions e porque os deberes que os encargo é que seades moiiiiiii felices, así que obrigatorios só iso SER FELICES, e máis vouvos contar un secreto: dixeronme que o enemigo covid o que máis lle fastidia e ver a xente rir moito, sabedes porque??, porque si estamos tristes él pensa jaja son eu o gañador, pero nonnnnn todos a rir moito e a disfrutar para enfadalo e que lle quede claro que non nos rendimos, seguimos loitando ata derrotalo, pesadooooo que é un pesadooooo!!!!!. 
Así que ímos fastidíalo ,ídes disfrutar, rir moito e conseguir que rían todos os da vosa casa. Mira co video de abaixo con eses monequiños  na tuas mans xa podes facer rir a todos, ponlle distintas voces e listo.

Disfrutade das vacacións, do descanso e da familia.
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘(25 biquiños un para cada un)

No hay comentarios:

Publicar un comentario