Bos días!!
Como estades, que tal foi a semana santa? Espero que disfrutárades moito xogando en familia e que descansárades ben.
Hoxe toca volver á nosa rutina de traballo, así que alá imos!
En primeiro lugar, repasaremos conceptos coma os días da semana, meses, estacións,... a través das cancións:
https://www.youtube.com/watch?v=xkSob4DrQm0
https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY
https://www.youtube.com/watch?v=eYePAG7MID8
https://www.youtube.com/watch?v=S2gJndFQJ-c
Os martes como xa sabedes, dedicamos unha sesión á psicomotricidade. Podedes lembrar algúns dos exercicios que xa fixemos, déixovos os enlaces que os levarán directamente a esas entradas:
https://superpondais.blogspot.com/2020/03/m-artes-24-de-marzo-de-2020.html
https://superpondais.blogspot.com/2020/03/martes-31-de-marzo-de-2020.html
A maoires, propóñovos as seguintes tarefas para hoxe. Unha aperta a todos e todas!!
CARLOTA
- Seguimos aprendendo as cores a través de actividades manipulativas:
- Traballamos a atención e a motricidade fina a partir de xogos nos que teña que encaizar pezas, pelotas, etc.
- Continuade mostrando os pictogramas para mellorar a súa comprensión e uso.
LUCI
- É importante insistir na aprendizaxe do seu nome, traballando as letras, escribíndoas con plastilina, pintando debuxos que conteñan o seu nome, etc.
- Repasar números e letras.
ISAAC
- Lectura e escritura: a través de contos que lle gusten, escribindo palabras relacionadas coa historia, os días da semana e os meses, etc.
- Matemáticas:
- Lingua:
LUCI
ISAAC
PROFE ELENA:
Escribir cinco frases de cousas que fixo neste confinamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario