Bos días familias!! Como estades?
Imos comezar a semana coas rutinas de sempre, para levar mellor o día:
- Cancións e calendario:
https://www.youtube.com/watch?v=xkSob4DrQm0
https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY&t=1s
https://www.youtube.com/watch?v=eYePAG7MID8
- Anticipación de tarefas e momentos do día: é moi importante que os nenos e nenas coñezan o que van facer durante o día e que lles anticipedes cando é o momento de traballar, de xogar, de comer, de ler, etc.
Hoxe vos deixo uns materiais para traballar e mellorar a conducta:
Estes últimos recursos fan referencia á técnica da "economía de fichas", que busca lograr determinadas conductas nos nenos e nenas a través da súa motivación. Podedes utilizar gomets con caras alegres ou tristes, de forma que eles mesmos vexan a súa evolución, e "premialos" cando a conducta mellore, con algunha actividade que lles guste moito: por exemplo un xogo en familia, escoitar música e bailar, ler un conto, pintar, etc.
Pouco a pouco, podedes ir engadindo novas conductas.
Para terminar por hoxe, déixovos unhas actividades. Non olvidedes ver a pestana "outras clases" para facer as tarefas de plástica da profe Paloma.
Unha aperta forte!!
CARLOTA
E de parte de Carlos:
ISAAC
E de parte de Carlos:
Profe elena: Bos días ao campeón, hoxe poderíamos xogar con él os sinónimos ou ántonimos. Na outra pestaña hay parexas de sinónimos, podemos escribirllas nun folio, recortalas e él deberá atopar as parexas.
Podemos facer o mesmo co exercicio de ordear as frases pero escribíndolle trociños de frase en diferentes papeis recortados e axúdarlle a ordear os papeis (como un crebacabezas).
Moitos biquiños para Isaac😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario