Bos días!!
Hoxe é martes, e como vimos no post da pasada semana, hoxe faríamos unha sesión de psicomotricidade. Podedes lembrala e repetir algúns exercicios cos nenos e nenas. A maiores, os deixo unha nova proposta con tarefas relacionadas para que teñades máis recursos e poder utilizalos tamén o fin de semana ou cando queirades.
Non olvidedes as rutinas de calendario e anticipación, que son imprescindibles para eles/elas para comprender o transcurso do día e levalo ó mellor posible. Ademáis, hoxe podedes ver as actividades propostas por Rani e Alberto de inglés e educación física, dentro do apartado "outras clases".
Un saúdo!
A sesión que vos propoño serve para coñecer as partes do corpo. Podedes nomealas e sinalalas, xogar a "me pica" cos nomes da familia e traballar así a memoria (son María e pícame a orella/son Luis e pícape o pé, e a María pícalle a orella...), e bailar cancións coma:
https://www.youtube.com/watch?v=71hiB8Z-03k
A maiores, podedes traballalas:
CARLOTA:
- A través dos pictogramas e sinalando as partes da cara. Unha canción que lle gusta moito é:
https://www.youtube.com/watch?v=6r_qz5XnK-M
- Podedes debuxar unha cara e que ela pegue os ollos, nariz, boca e orellas. A modo de exemplo:
LUCI:
- Podedes debuxar unha cara e que ela pegue os ollos, nariz, boca e orellas.
ISAAC:
- Pode facer un debuxo seu e escribir as partes do corpo.
- A maiores, no apartado da profe Elena:
LENGUA: ver vídeo palabras derivadas y jugar con él a formar palabras. Ejemplo: fruta-frutero. Jugar con él a formar ántonimos sencillos.
SOCIAIS: Ver video.
Unha aperta moi forte!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario