viernes, 27 de marzo de 2020

Venres, 27 de Marzo de 2020.

Bos días!! Que tal vai a semana? xa estamos a venres! 😀
Gustouvos o conto da pequena oruga glotona?

Hoxe comparto algunhas actividades para que podades realizar estes días. Ademáis, xa sabedes que podedes revisar e repetir as tarefas que xa fixemos volvendo a ver as publicacións de días anteriores, tantas veces como queirades.

Por outro lado, como hoxe é o día mundial do teatro, vouvos propoñer algúns xogos para facer coa familia e que publicarei na pestana de "Ocio".
Un saúdo e moi boa fin de semana!!

CARLOTA

- Comezaremos polo calendario e as cancións, tratando de ensinarlle os pictogramas de cada momento do día.

- Lembraremos as cores traballadas (amarela e vermella), a través de obxectos desas cores, das pezas de construcción,  e das tarxetas.

- Por outro lado, podemos xogar cos puzzles dunha maneira un pouco diferente. Podedes esconderlle as pezas nunha bandexa chea de arroz, pasta... o que queirades, de forma que as teña que atopar.


- É moi importante que traballemos o tema do lavado das mans. Déixovos este recurso que vos pode ser de utilidade e que estou segura de que a Carlota lle encantará:


LUCI

- Comezaremos co calendario e coas cancións, repasando os días da semana e as estacións do ano.

- Podemos repasar o conteo, e traballar a noción de número a través da manipulación de obxectos e das seguintes fichas:






 - Podemos traballar as tarefas da casa, a través de actividades tipo:



 - E aquí vos deixo tamén unhas actividades de parte de Carlos:



ISAAC

- Comezaremos co calendario e as cancións, e repasaremos os días da semana, meses, estacións, etc.

- MATEMÁTICAS: repasar as horas, traballar os números e a súa noción a través de actividades manipulativas, dictados, etc.


E de parte de Carlos:




LENGUA: construir frases a partir de palabras dadas, dictados, escritura sobre o seu día, separar as palabras en sílabas, etc.


E de parte de Carlos:


De parte da profe Elena:

Ver video de sociais se quere e pódese xogar con él ás horas do desayuno, comida e cea a preguntarlle algo do video. Non ten que saber termos de homoxéneo/heteroxéneo senon saber se mira un ovo frito preguntarlle, saber que o yogurt leva leite por exemplo, se mira unha tortilla de pataca preguntarlle que leva a tortilla? e irlle ensinando que cousas leva. Incluso estaría ben que Isaac cociñara contigo unha tortilla ou un pastel e despois preguntarlle que cousas ten dentro, podes aproveitar a ocasión para pesar alimentos e seguir vendo o dos gramos e facendo algunha suma.
Actividades da fin de semana: aprender a tabla do 10, ler un pouquiño e pode facer o debuxo ou foto e escribir palabriñas o redor (actividade heroe, ler na outra pestaña).
Biquiños para Isaac.


Un abrazo nenos e nenas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario