sábado, 14 de marzo de 2020

BENVID@S!

Lembrade o título que vós inventástedes para o noso proxecto: “ SUPERPONDAIS UNIDOS POR UN MUNDO DE CORES”.
Bueno pois neste caso como héroes/heroínas que somos temos outra misión, derrotar cos nosos superpoderes a ese inimigo infiltrado que xa coñecedes co nome de “CORONAVIRUS”.
Cando en sociais falamos de ser bos cidadáns, das normas de convivencia, dicíadesme que moitas persoas non as cumprían verdade??, na rúa , no propio patio do cole, incluso algún decía que os pais ás  veces pois tampoco………
Acordamos entre todos que a vosa misión era concienciar a todos eles de moitas cousas que vós estades aprendendo e vixiar para que todo cambie e sexa un mundo de cores en tódolos sentidos.
Vós xa cambiastedes moito,a que si?? E cando queredes sabedes cumplir moi ben as normas. Así que confío en que ides cumplir a misión de vixiar a todos para xuntos derrotar a este infiltrado Coronavirus que tanto lle gusta viaxar.
Para iso deixovos uns videos de axuda para coñecer máis do que vos contei, de quen é este inimigo, das normas que debemos cumprir para derrotalo e un exemplo tamén de que aínda que non o vexamos e moi sinxelo que viaxe de mans en mans. Este Coronavirus é moi xoguetón, só se asusta cos xabóns de mans. Así que vixiar a todas  as persoas para que nos axuden asustalo ,se marcha pronto e poderemos voltar o cole.
Pero lembrade o que vos digo sempre un héroe/heroína para ensinar primeiro debe aplicar, así que empezade vós a lavar as mans e despois a vixiar!!.
Despidome ata o luns dicíndovos que esteades todos tranquiliños que como vimos en naturais xa hai persoas investigando e estudando para sacar a pócima máxica, como a da Pedra Filósofal que queredes crear algún de vós jajaja!!!!
Ah!!, que me esquezaba na vosa nova misión vai incluída tranquilizar os vosos SUPERPAIS que ás veces poñense un pouco nerviosos porque vos queren moito.
Como dicía a nosa poesía do mércores:
Son moi valerosos
Uns viven na miña casa
E verdade non estamos de guasaaa,
Son os que me gustan máis
Eles son os meus SUPERPAIS!!!!

Un abrazo moi moi forte da profe Elena.
Ide contabilizando todos os abrazos que non vos podo dar agora en persoa para darvos despois todos xuntos!!!!!
Deíxovos eiquí uns enlaces a uns videos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario