martes, 17 de marzo de 2020

Martes, 17 de Marzo    (ED. ESPECIAL)

Bos días! Como estades?

Hoxe imos crear unha pequena rutina (para que utilicedes todos os días), e que así sexa mais sinxelo para os nenos e nenas o transcurso do día:

-  Podemos comezar cantando algunha das cancións que vos enviei onte , por exemplo: "buenos días"


    O ideal é que sempre reforcemos os días da semana e recordemos os meses do ano tamén. 

-  Logo, faremos o calendario: falaremos de que día é, o tempo que fai, en que mes estamos, a estación, como se senten, e as actividades que farán durante o día, así como o menú se xa o sabemos.


As actividades de hoxe as podemos sinalar a través destes pictogramas:
      Así, os martes dedicamos unha parte da xornada a traballar a psicomotricidade. Como o facemos? Aquí deixo algunhas ideas para que teñades en conta :)

1.     - Podemos empezar facendo uns estiramentos: movemos un brazo e logo o outro, corremos no sitio, facemos a bicicleta cos pés, intentamos tocar a punta dos pés coas mans... 
2.       Se temos unha pelota na casa, xogamos a pasala os uns ós outros (lanzala polo aire, dando un bote, rozando o chan, pases co pé... o que queirades). Se non tedes pelota, podedes probar a facer unha con papel de periódico ou papel albal... ou calqueira outro material. 
3.      Tamén practicamos o salto: cos pés xuntos, coa corda...
4.     E para rematar, facemos un pouco de relaxación  (déixovos uns links aquí debaixo).




     Con esta última canción seguro que se lles debuxa un sorriso na cara, lles encanta!             Deixo aquí unhas indicacións de como a bailamos:

      - Comezamos facendo un corro collidos das mans.
       - No estribillo: "Cántale al Sol" (mans ó ceo), "cántale a la Tierra" (mans ó chan),                "cántale al mar" (unha volta), "a la Luna" (brazos mecendo), "y a las estrellas"                    (debuxamos estrelas no ceo).

     Para rematar, hoxe soamente vou engadir unha cousiña que é moi importante que traballemos: as normas.


  Debemos insistir en que recollan os xoguetes, tiren os papeis á papeleira...

  A partir de mañá, subirei unhas propostas para traballar os números, as letras, a motricidade fina e outros aspectos importantes cos nenos e nenas. 

  Unha aperta moi forte!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario