Bos días a todos, como levades esta cuarentena?
Espero que o máis entretidos posible. Sei que é difícil non saír a rúa, que vos gusta moito, pero tamén hai que intentar sacarlle o lado positivo sempre a todo. Pensade que moitos dicíadesme que non pasabades moito tempo, diciades algún con mamá porque sempre estaba traballando e outros con papá porque traballaba fora de casa todo o día e incluso meses…….Eu xa vos expliquei moitas veces que son auténticos superpais e que se non están con vós máis tempo é por culpa do día a día, da rutina, do traballo, de ir gañar para cuidarvos, pero que todo iso fano por vós. Algún ata me dicía que co pai non tiña moitos recordos nin fotos dende que naceu, que todo o albúm é con mamá porque él sempre está traballando……….Pois este é un momento para pasar todos eses ratos xuntiños, sacar todas esas fotos, xogar xuntos, facer actividades xuntos, cantar xuntos, xogos de mesa………

Que quero decir con isto? que ás veces un problema convertese en
oportunidade. Agora temos un gran problema, como xa falamos, co noso inimigo
Coronavirus pero imos intentar como dicimos sempre na clase ¡non afogarnos nun
vaso de auga!, jaja frase de tódolos días verdade que si. Moitos estarán rindo
porque sabedes que a digo sempre por ben voso e para que espabiledes.
Bueno pois o dito sacallede o lado positivo a estes días e
aproveitalos moito moito para facer moitas cousas con mamá e papá e sobretodo
para contarlles os trabalinguas que aprendemos! Poñede a proba oos pais a
ver se os dín tan ben coma vós, ou xogade con eles os palíndromos , non sei se
todos sabedes o que era iso. Sei que con as nenas da clase xoguei alguna vez.
Un palíndrome é un enunciado (palabra, oración ou texto) que se lee igual de
dereita a esquerda e viceversa, exemplo: radar, ollo…….Ali! tomó tila, se a leo
do revés leo o mesmo, a que sí?. Atar a rata!!, tamén se lee igual pa dereita que
para esquerda.
Pensade pensade!!!!!!!, que seguro que vós salen moitos. Podedes
escribilos e incluso facer un cartel deles. E non vale decir non sei, non sei
ningún........ que o que quero e que exercitedes esa memoria. Había unha nena na clase
que se lle daba moi ben os palíndromos, mellor ca min diría eu.
Para os papis dicirvos que estes pasatempos son os que xunto os problemas
matemáticos que l axudan a exercitar e reforzar esa creación.
O día da para moito para xogar solos e en familia. Ver pelis, facer
manualidades, axudar nas tarefas do fogar e facer os deberes do cole para non
perder a rutina.
Que é o que vos poño na seguinte publicación para non liar os nenos.
Que por certo así como andan en youtube e manexan moita tecnoloxía saben andar
neste blog e está destinado para eles que xa son “maiores” ,para ver que deben
facer cada día. Non lle deades todo feito, autonomía, iso si a tecnoloxía o
internet sempre coa supervisión dos adultos.
O longo da mañá apareceravos a tarefa de hoxe e esperamos que non tarde tanto en cargar os videos como onte jaja.
No hay comentarios:
Publicar un comentario