miércoles, 18 de marzo de 2020

MÉRCORES 18 DE MARZO

Bos días meus supernenos, que tal vos vai coas tarefas?, pouquiño a pouco, pero facémolo para non ir perdendo o fio e reforzando, xa que íamos moi ben estas últimas semanas en tódolos sentidos: comportamento, traballo e boas accións xa sabedes.Isto é o que máis valoro eu xa o sabedes.

Agora ides traballar e descansando  un pouquiño entre materia e materia, pero ir traballando durante o longo da mañán como se foramos o cole. 

MATEMÁTICAS: 

Hoxe ides traballar o kilo, lembrade era a unidade de medida do peso. Non subo video porque para calcular facíamos igual que cos litros(L). Simplemente recordar que para medir capacidades máis pequenas co kilo (k) tíñamos os medios kilos e os cuartos de kilo(k).
Para medir a lonxitude utilizabamos as mans, os pés, os pasos e o metro. Para medir os litros a xarra medidora ou vasos ou calquer recurso que atopemos e para medir os kilos(k) utilizamos as balanzas ou outros recursos como fixen eu na aula coa percha.
Agora antes de comezar os exercicios vai á cociña da túa casa e colle diferentes paquetes de pasta (espaguetes, macarrons....) e busca na parte posterior do paquete onde pon cantos kg de pasta trae ese paquete. Seguro que na túa cociña vas topar paquetes que traían 1 k, outros 500g.....vas topar diferentes pesos. Os gramos somos como nos litros os centilitros son medidas máis pequeniñas. 
1kilo=1000g e medio kilo son=5000g
Igual encontraches tamén algún paquete de pasta encertado (xa lle falta pasta), pois xoga con papá ou mamá a ver se sabes calcular cantos gramos lle faltan o paquete, pensa nos cuartos e nos medios kilos mentalmente e se tes unha balanza na casa xoga tamén a pesar alimentos.
Lembrade o que falamos na clase os exemplos que puxemos de cando mamá/papá piden no supermercado 300g de queso, 250 de chourizo....lembrade eses exemplos.

Despois de practicar un pouquiño é momento de facer os exercicios: páxina 103 o 2,4,5 e 6. E da páxina 106 o 1,3,4 e 5. Son exercicios moi sinxelos e curtos. Para o exercicio 5 diche os prezos do que custa cada kilo, agora ti calcula non cuantos cuartos ni medios ten, non non que vos coñezoooo. Estache dicindo que si 1kilo custa iso, canto custará a metade, e os cuartos??. Como cando digo que reparto carmelos entre tantos nenos......uyyyy xa dei moitas pistas!!!!!

Agora vades facer duas multiplicacións que vos poñan na casa.

LENGUA

Página 109 el ejercicio 6 e 7 y página 110 el ejercicio 1, 2 e 3 (primero mira el cuadrito por si no recuerdas las palabras derivadas.
Ahora quiero recordarte que mañana es un día importante, sabes que día es?, es el Día del padre, pero calla, no se lo recuerdes a papá hoy. Yo te voy a dar una idea de regalo y de paso practicamos  la expresión y ortografía. Le vas a escribir una carta a papá, pero una carta como ya sabes hacerla, de una carilla o casi, con todas sus partes recuerda: lugar y fecha, saludo, cuerpo, despedida y firma. Hazlo bien exprésate como un niño mayor, fíjate en la ortografía, sabes que tienes que colocar dos puntos por algún lado......
Puedes decorársela si quieres o hacerle un dibujo por detrás y puedes escribirle lo que te apetezca es tu padre no el mio, pero si quieres ideas podrías ponerle lo importante que es para tí y todas las próximas cosas que te gustaría hacer con él, sobretodo eses que decís que no tenéis tiempo a estar con papá.
Mañana se la regaláis y los niños que mañana no pueden estar con sus padres porque no están, no os preocupéis, la guardáis bien guardadita y ya se la daréis cuando venga que así cuando llegue, así luego hará todas esas cosas que le ponéis que os encantaría hacer juntos o lugares que os gustaría ir. Incluso si tu padre mañana no está y te llama por teléfono se la puedes leer si quieres, que seguro que le va hacer mucha ilusión. Acordaros lo que os digo siempre que si no están todos los días en casa no es porque no quieran sino porque tienen que trabajar para que a vosotros no os falte de nada, son auténticos héroes que incluso arriesgan su vida, acordaros lo que hablamos
.
SOCIAIS

O luns remataremos de explicar este tema 4, pero hoxe quero que repasedes ata a páxina 43. Excepto algún neno que non estudiou, a clase en xeral sabiadelo bastante ben e diferenciabades moi ben o dos sectores, a diferencia entre casco novo e antigo, que era unha localidade,a diferencia entre taller e fábrica, agora sabemos que hai diferentes tipos de barrios, falamos dos concellos nos que vivides Moaña, Cangas e Bueu das parroquias que tiña cada un, quen tomaba as decisións do pobo, a que hospitais ibamos cada pobo, quen axudaba o alcalde, quen o elixía, pero sobre todo as normas de convivencia é o que implica ser un bó cidadán.
Repasade o tema e intentade facer sen ver polo libro, páxina 73 o exercicio 19 e 20, páxina 76 o 30 e páxina 77 o 32.
Ou si está mamá ou papá contigo podes facelos oralmente con eles o importante e saber se te quedaches con todo o que demos na clase( que deste tema falamos moito co proxecto de bo cidadá e vemos videos de sectores, materias e demais) ,son cousas que che rodean no teu día a día e xa eres maior para sabelas.

Mañá tes todo o día para descansar e disfrutar da familia. Para facer o finde mandareiche unha actividade do proxecto ou algún video xa veremos, pouquiño pero algo si que agora estades moito tempo na casa.

Moitos biquiños e portate moi ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario