lunes, 23 de marzo de 2020

LUNS 23 DE MARZO

Bos días, que tal estades meus supernenos?, espero que xogando moito e disfrutando de momentos en familia. Cumpríchedes a misión de poñer o arco da vella nas fiestras?,espero mirar o bonito que vos quedou á volta.

Bueno, agora como xa é luns toca rutina de traballo que hoxe vai ser máis de ler que de escribir. Para explicar o que ides facer quero recordarvos antes que:
 Ó sábado día 21 foi o Día da Árbore, o Día da Poesía e o Día do Sindrome de Down (que disto falaremos no proxecto).
E onte domingo día 22 foi o Día Mundial da Auga. A primaveira é o tempo de celebrar a riqueza do noso patrimonio natural, ás árboles, o valor da auga…….
Nunha terra coma a nosa, estamos moi afeitos a auga, xa que forma parte da paisaxe que nos define. Ás veces incluso esquecemos o afortunados que somos de dispoñer dun ben tan preciado, por iso quero que lembredes que tiñamos unha misión con Plastiquina, íamoslle axudar a coidar do medio e a frear o cambio climático. Unha das medidas que dixemos que poderíamos cambiar era respeto a auga: non tirar residuos o mar, non deixar os grifos abertos, menos auga quente para aforrar enerxía……
Lembrade seguir facendo un uso adecuado deste recurso tan preciado como é a auga e o que implicaría a súa escaseza, hidratación dos seres humanos, o que falamos do regadío…….

Como non podía ser doutra maneira, a auga está presente en moitas das nosas lendas Galegas, déixovos unha páxina para que leades alguna lenda galega sobre a auga, lede, lede! que xa veredes como seguro que vos interesa saber lendas de certos lugares que coñedes, algunhas son un pouco difíciles de ler vós , pero por exemplo podedes ler:
“ A Poza da Moura”, “ As herbas de San Xoán en Culleredo”, “ Arco da Vella, vaite de aí”…….
Se non a atopades dentro da páxina as lendas da auga, pedirlle axuda os país pa topalas, a páxina é: http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=4&n=augas.

Penso que nalgunha ocasión falamos do que era unha lenda, pero senón unha “LENDA” era un relato que combina o real con elementos imaxinarios e maravillosos nun contexto histórico concreto.

TAREFAS DE HOXE


GALEGO: O primeiro que quero que fagades é ler ,só ler dúas lendas desa páxina e xa me contaredes alguna lenda dalgún lugar ou traédeo escrito, como vós queirades, o que me importa é que saibades contar polo menos unha ou dúas lendas Galegas e que observedes que aquí en Galiza cantas lendas existen da auga porque como dixen é un ben moi moi preciado.

Agora  seguimos con galego, que tal vos saíu a poesía do fin de semana?, seguro que vos costou non?, tranquilos é normal, porque si que temos leído varias poesías pero inventar  unha poesía era para algúns nenos a primeira vez ,para otros non, pero como digo sempre estamos para aprender. Lembrade que contos escribiades fai uns meses e que contos escribides agora, mellorástedes moito a que si?, pois coa poesía pasará o mesmo, paciencia. Para iso hoxe vou explicar un pouco da poesía para ir coñecéndoa mellor. Tamén vou falar dos pareados como preguntariades vós un trabalinguas profe?, bueno……..parecido para vós peo non é un trabalinguas.
Un pareado: é unha estrofa de dous versos (liñas)que riman , poden estar dentro dos poemas,nos refráns……..E diredes vós,  e que é unha estrofa profe?,pois mellor vouvos explicar nun video senón non nos entendemos, e estas son as clases nas que faríamos moitos exemplos e falaríamos moito verdade?, como cos trabalinguas jaja que vos encantaron.
Adxunto video:


Agora quero que fagades estes exercicios destas páxinas que vos mando foto, son moi fáciles, lede ambas follas.
Adxunto exercicios:




E por último vades repasar o cuadriño  “r” e “rr” ides repetir o exercicico 2 da páxina 114 ( xa os fixemos de forma oral todos eles). Vádelo facer como vos digo sempre coa man na gorxa, cerrade os ollos e sobre todo fixarvos cando levantades a lingua e cando non.
Agora ide un ratiño ó recreo e despois seguides.

MATEMÁTICAS:
Hoy vais a  hacer de la página 104 ejercicio 2, 4, página 105 ejercicio 5, 7 y página 107 el 7 ( fíjate bien la letra que te pone en este ejercicio si kg o toneladas).
Recordar lo que os dije que para medir pesos más pequeños que el kilo (k), utilizábamos el gramo(g) .
 1kilo= 1000gramos, es decir necesitamos 1000gramos para formar 1 kilo. Si al paquete de espaguetis de 1kilo le faltan espaguetis ya vamos hablar de gramos.
Y recordar que para pesar cosas mayores que el kilo(k) ,utilizábamos la tonelada (t), 1 tonelada(t)=1000kg.

Hasta aquí la tarea de hoy. No os olvidéis de practicar la flauta y ver lo que Paloma me pasó para que hiciérais.

Un beso muyyyyyyyy grande para todos, ya os echo de menos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario