lunes, 30 de marzo de 2020


Luns, 30 de Marzo de 2020.

Bos días familia!! Como estades, que tal foi a fin de semana?

Hoxe os propoño un taller para traballar os sentidos, espero que vos guste!


TALLER PARA TRABALLAR OS SENTIDOS

O ano pasado fixemos un taller parecido na clase a profe Alicia e máis eu. Seguro que se lembran :)
Podedes comezar preguntándolles cantos sentidos temos e cales son. Déixovos unha canción a modo de introducción:

https://www.youtube.com/watch?v=lF0y3glPWis

E agora, a experimentar cos sentidos! Aquí vos deixo unha serie de propostas:

VISTA:

- Podedes xogar ó veo-veo, buscando obxectos que teñan a mesma cor, que comecen por unha letra dada, ou nomear que cousas ven nas seguintes plantillas.






 Nesta última imaxe, podedes ademáis xogar a atopar cousas que leven o fonema "l".

- Outra opción é traballar as cores a través de papel celofán e figuras xeométricas, e incluso utilizar lanternas. Nós fixeramos unhas gafas "3D". Que ben o pasamos!





OLFATO

- Para traballar o sentido do olfato, podedes taparlle os ollos e mostrarlle diferentes aromas: perfume, limón, menta, especias... o que se vos ocorra. Adiviñará de que se trata? Logo destapámoslle os ollos e lle ensinamos o que uliu.

OÍDO

- Podedes elaborar uns frascos sonoros: con garavanzos, azucre, arroz, unha pelota, botóns, etc.
- Cancións, melodías diferentes, xoguetes musicais, sons de medios de transporte, animais, etc.

GUSTO

- Experimentade cos sabores, tamén podedes taparlle os ollos se queredes: é ácedo, doce, ...

- Tamén podedes probar os ingredientes cos que ides cociñar.

TACTO

- Podedes xogar con diferentes texturas: suave, rugoso...

- Amasar con plastilina ou masa.



- Utilizar esponxas para facer figuras nunha folla:

- Seguir unha forma dada con distintos materiais: botóns, pedras...


- E podedes experimentar con auga fría e auga quente.


A maiores, os deixo unhas actividades do profe Carlos e a profe Elena. E non olvidedes ver as actividades da profe Paloma e repasar a frauta. Unha aperta!!



 LUCI

ISAAC



Gallego: lerlle esta lectura que leríamos hoxe todos na clase. Debemos lela exaxerando o tono de voz nas cousas máis importantes como : O coala só está desperto só dúas horas!!!!!, ou contarlle a modo de conto. Deberé mirar as imaxes mentres se lle conta.
O rematar faráselle unha breve comprensión lectora con preguntas tipo: sabes  nombrar animais dos que estivemos a falar?, pensa pensa….¿quen durmía case todo o día?, quen nadaba mentres durmía?, quen emtiía a cabeza entre a plumaxe para durmir?.........
O rematar a comprensión pedíremosllle que elixa o animal que máis lle gusta de eses , preguntaremoslle porque? E posteriosmente que no lo describa de forma oral, como o outro día ensiñarlle a empregar adxectivos e axudalo para que fluya a sua linguaxe oral.
SOCIAIS: Falar un pouquiña con Isaaac do que falamos na clase, que en tódolos lugares hay normas senón sería unha locura e as normas están para cumplilas. Na rúa hay normas de tráfico, normas de convivencia entre os ciudadanos, no cole hay normas, na casa hay normas, na casa dos avós soe haber otras normas…..ou saltar alguna norma que os país non permiten jaja, falar un pouco con él diso. O rematar él deberá facer un pouco de escritura nombrando alguna norma do cole e alguna norma de casa,con que escriba tres de casa chega se pode escribir 5 mellor.


LECTURA.


Unha aperta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario