jueves, 26 de marzo de 2020

Xoves, 26 de Marzo de 2020.

Bos días!!

Hoxe imos facer outro tipo de actividades, xa que os xoves os dedicamos a contar un conto na biblioteca do cole. Un libro que lles gusta moito e que vimos fai pouquiño é "A pequena oruga glotona". Déixovos o enlace para poder traballalo:

https://www.youtube.com/watch?v=h6HRpwcl9gg

A partir deste conto, podedes:
 
  • Elaborar un puzzle para que ordenen e para que poidan ir contando o conto eles/elas mesmos. Tamén podedes empregar froitas que teñades na casa. Así, traballarán a expresión e comunicación verbal, a lóxica-matemática, a creatividade, a atención e a memoria.

  • Xogar cos números contando as distintas froitas, facendo sumas e restas a partir de problemas que lle propoñades, etc.
  • Debuxar uns camiños nun folio para que os nenos e nenas os repasen, para traballar o trazo, ou facer un debuxo da oruga con pintura de dedos.  

  •  Escribir e recordar os días da semana e as palabras claves do conto., rodear as vogais e a letre inicial, etc.
  •  Facer bolas con plastilina, ou escribir letras e palabras.  
  •  Podedes elaborar un memory coas froitas e coa oruga glotona. 
  •  Facer seriacións con cores, gomets... creando diferentes "orugas glotonas".
                                                          

                                         

  •  Ordenar secuencias:
E moitas ideas máis que seguro se vos ocorren.



A maiores, a profe Elena propón estas actividades dentro da sua pestana:

GALEGO: facer estes exercicios con él de forma oral para que aprenda os animais en galego.
LENGUA: Ensinarlle unha imaxen dun animal e ensinarlle a describilo de forma oral, facer que se exprese, que faga uso de máis vocabulario. Ensinarlle que ten que dicir como é ese animal, se ten pelo, plumas, se é grande pequeño....Que intente él expresarse.
SOCIAIS: Ensinarlle algunha sinal de tráfico e debuxará unha ou dous para poñer no cole( papis ler apartado sociais na outra pestaña). O debuxo que él queira e como queira solo ensinarlle que se é prohibido ten que ser redonda co circulo vermello por exemplo, explicarlle iso.




Por último, me gustaría aconsellaros que entredes no blog do equipo de orientación, onde estamos colgando pautas de actuación e axuda para as familias e rapaces e rapazas. Pouco a pouco o iremos enriquecendo con máis recursos e información.

https://orientacionpondal.blogspot.com/



Unha aperta forte!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario