martes, 19 de mayo de 2020

Ola de novo Superheroes e Superheoinas!

Os profes da xincana preparamos un vídeo que esperamos que vos guste😊


*Anotación da profe LucíaQuedoume engadir no vídeo que no meu reto, quenes non poidan pintarse a man poden facelo debuxándoa nun folio, e pintándoa e explicando as cores e as emocións igual que da outra maneira😉.

Como me gustaría que participarades todos/todas mañán e pasado decidín que non vou poñer tarefas, porque sei que o da carta xa é unha tarefa que vos vai levar tempo, o debuxo tamén, inventar un instrumento inda tendes que pensar con que o vades facer, como.......Pois vou deixar mércoles e xoves para que empecedes cos retos, de todas formas non tendes que facer todos esta semana, leede ben as instruccións que deixei onte e mirade o que pedimos no video.

Se algún neno non vai participar nos retos, pois que me mande unha mensaxe que a ese neno/nena sí que lle mando tarefa por privado. Se dou dous días non é para estar de vacacións senón para traballar como todos os días pero de tódalas materias e de forma divertida.
 Xa sabedes tendes que enviar cada reto a un profe deferente e iredes selando ata cumprimentar toda a xincana e conseguir o diploma.

A carta puxemos o correo de Alberto para que a enviedes pero xa as miro eu tamén, que como sabedes somos os dous os profes de valores . Aínda que ningún reto vai ser evaluado,porque o que queremos é divertirnos toda primaria , compartir cousas xuntos eu a carta si que a vou ter en conta para a materia de galego,para ver un pouquiño como nos vamos expresando, así que  xa sabedes como digo sempre: boa presentación, boa letra, expresámonos ben e sobre todo intentar falar de todo un pouco como vos dixen no video. Para iso vos deixo esas mañáns para que non escribades unha carta en 10 minutos, senón facedea con ganas e abrir os vosos sentementos contando como vos sentistedes, como vivistedes todo aquilo dende o 1º día.
 Calquera dúbida preguntádeme vale?.
Mañán o único que vou publicar é o vocabulario que falamos vosos pais e eu. O xoves non publicaría nada e o venres vemonos de volta coas explicacións de matemáticas e cousiñas.

Unha idea que vos dou é que aprendades a planificarvos como vos teño dito. Por exemplo: mañán vou adicar a mañán o debuxo de Paloma e a inglés, xoves adico a mañán a carta , o venres fago a man dos sentimentos e o que non decaia.O finde xa busco cousiñas por casa e doulles a cabeza para crear un instrumento moi chulo, que teño moitas ganas de mirar eses instrumentos. Como vos dixo Mari vos da pistas porque seguro que poñendo a traballar a vosa creatividade nos sorprendedes con algo moi chulo.
Este foi un exemplo para organizarvos pero repito tendes aínda toda a semana que ben para facer retos.

Ánimo e a polos retos💪💪💪💪💪💪💪(o que valoramos é a participación e ganas por iso un diploma)
Biquiños a todos e ata o venres (decídelle aos pais que mañán vexan o do vocabulario)😘😘😘😘😘😘😘😘😘

2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Ola Iván, lee a publicación, hoxe e mañán as tarefas son os retos. O neno/nena que non quera participar nos retos que me avise que lle envio tarefas aparte.

      Eliminar