viernes, 15 de mayo de 2020

Venres, 15 de Maio de 2020.



Bos días!! Como estades? Xa chegamos ó venres. 

Hoxe imos celebrar o día da familia coas seguintes actividades:

1) Escolle unha ou varias fotos e explica:

- Que persoas saen nesas fotos? Como son?
- Onde estabas ese día?
- Que fixeches?
- O pasaches ben?

 Encantaríame ver un vídeo sobre esta actividade. Se non tedes fotos, podedes facer un debuxo e responder ás mesmas preguntas. 

2) Por outro lado, a mellor maneira de celebrar este día é pasar un rato xogando coas familias😊. Na pestana "OCIO", tedes varias propostas a modo de exemplo. Pero se me ocorren moitas máis ideas: elaborar unha receta xuntos, facer unha manualidade, contarlles vós un conto ós vosos pais, nais, avós, irmáns...

Espero que desfrutedes moito en familia!

E antes de rematar, déixovos tamén unha tarefa e unha canción para traballar o Día das Letras Galegas (domingo, 17 de maio). 

Este ano vai dedicado a Ricardo Carballo Calero.

TAREFA

Que lugar che gusta moito e te fai sentir ben?

CANCIÓN

E para rematar déixovos unha canción moi divertida que podedes bailar:

https://www.youtube.com/watch?v=CBDixGpPomA

Unha aperta!!

PROFE ELENA:
Bos días hoxe ler a outra publicación ata onde pon tarefa 2. Podedes dixeñar o voso cadro de normas da casa para todos, así cada vez que Isaac non as cumpra deberemos recordarllas co cadro. Normas non só de correción de comportamentos senón tamén bonitas de emocións como as que deixei alí.
Biquiños e boa fin de semana.😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario