jueves, 14 de mayo de 2020

Bos días, hoxe estou moi leda xa que traio unha sorpresa👏👏, a cal ata foi gran sorpresa para min. O voso querido  León como xa me preguntárades noutras ocasións, cada vez que estabamos tempo sen ir a escola( Nadal ou no entroido) ,él viña de vacacións para a miña casa, pero esta vez non  o puiden traer.

 O día que marchei do cole co estado de alarma non o trouxen,porque nun principio aquel Luns os mestres inda iamos a volver o cole ,pero non foi así. _Ese famoso Venres foi o último día que estiven na aula e o vin.

Todo este tempo de confinamento dáballe voltas á cabeza a ver como vos ía explicar a vós que non o trouxera e que xa non ia estar mais con nós. Como calquer ser vivo cando non come nun tempo morre. De feito o outro día falando con Iker por teléfono, faloume dos seus peixes e él lembrouse de León neses momentos e pode dicirvos que eu díxenlle que lamentablemente xa León non ía estar máis con nós.

Bueno rapaces pois onte algunha persoa xa foi ó colexio e enviáronme este video, abride, abride os ollos e estade atentos.


Icreíble pero certo, está vivo👏👏. Se hai algún heroe na nosa clase ese e León, nin a soidade, nin o Coronavirus, nin a fame de 2 meses logrou derrotalo💪🐟.

Eu non sei cantas vidas ten este peixe porque xa pasou mil batallas: cando algúns de vos ó limpar a peceira  facía malabares con él, despois cando Luci deunos algún susto con algunha trasnada co pobre peixe, agora resulta que tamén aguantou 61 días sen comer 🙀  ........

Non sei que pensades vos pero creo que vou ter que anotar a León no libro Guinnes ese que temos dito na clase lembrades?,jaja.

Xa o temos falado que estes peixes ás veces non sobreviven moito e menos sen comer, pero este leva todo o curso con nós. Demostrou que loita cada día e esfórzase por superarse, así que aprendede del, traballar moito e intentar esforzarvos no último spring para rematar o curso.
Non teño 25 heroes/heroínas senon 26 (León), quero que os 26 me demostren que cada día fan as cousiñas un pouco mellor vale?

TAREFAS


Bueno e como a cousa vai de animais hoxe, seguimos repasando naturais o tema dos vertebrados que demos pero vou deixar un video para ampliar. Neste video cóntavos cousiñas moi interesantes e o do morcego e así que xa o contara eu.


https://www.youtube.com/watch?v=eZXJ-g4jBG4


A tarefa vai ser coma cando fixemos aquelas preguntas do papiro, o libro.....Pois o mesmo ,vedes todo o video moi atentos e despois respondede as preguntas.


https://drive.google.com/open?id=1VjdviCKLorDHQBJZqUdI75NEFujJ6VlA



Deixo outro video para que aclaredes ideas, porque o esquemiña do outro día poñía as características xerais de cada vertebrado, pero só un neno se parou a pensar e me dixo: profe pon que todos os mamíferos teñen pelo e os mamíferos mariños non teñen pelo........


O resto da clase que creedes ,que si todos teñen pelo?, ou que non?, por exemplo: as orcas , os golfiños teñen pelo? 💭💭,algún estará pensando que  nin de broma outros pensarán que si.


Bueno pois a tarefa vai ser, buscar esta información: todos os mamíferos teñen pelo?. 


Pero......  non vale unha frase eh!, senón unha búsqueda de información,un pequeno traballo de rapaces de 3º xa.

As búsquedas do outro día do teléfono moitas estaban moi ben:, con debuxos,algún incluso con fotos (que non é necesario que gastedes tinta) estaban moi ben....
Nembargantes, outrosescrbiron unha liña ou duas na máis,. Lei do mínimo esforzo non.!, porque o neno/nena que escriba dúas liñas, catro liñas ,entón mándolle máis tarefa doutras asignaturas.

 Prefiro que fagades hoxe cousas así que vos interesen, que traballedes coa tecnoloxía, coa información e tamén serve o traballo para que redactedes, así que fixádevos na ortografía, expresión e presentación.


Resumindo as tarefas de hoxe son:


1º) Ver video e responder preguntas. FACER EN LENGUA CASTELÁ

2º) Traballiño de búsqueda no que hai que responder máis ou menos: todos os mamíferos teñen pelo?, e as orcas?, os golfiños?, algún máis?, porque non lle vemos pelo?.......

 Podes falarme deses mamíferos mariños que nomees, por exemplo :xa que buscas se teñen pelo os golfiños, pois seguro que che conta tamén cantas horas durmen....

3º) A última tarefa vai ser buscar información sobre o noso peixe, lembrades o nome non?, "PEZ BETA". Pois en media carilla  se queredes contade un pouquiño sobre estes peixes, como o que vos contara eu del .

 Podedes facer un tipo ficha sobre él ou pola contra redactar. Un exemplo de ficha o tendes na páxina 132 de Lingua Galega .

Bueno agora vou intentar traer a León para a miña casa vale?, para coidalo coma sempre, que seguro que ten as defensas moi baixas e ten que recuperarse pouco a pouco. Onte cando o atoparon díxenlles que lle botaran por favor de comer pero creo que se pasaron un pouquiño....que nós xa lle tiñamos controlado a súa medida de comida e coidados. A ver se agora non empachou😅, xa vos contarei.

De hoxe quero que me enviedes as tarefas 2 e 3 a número 1 preguntareina algún día cando falemos.

Biquiños a todos/as😘



No hay comentarios:

Publicar un comentario