Luns, 25 de Maio de 2020.
Bos días!! Que tal foi a fin de semana? Espero que disfrutárades moito.
Imos coa última semana do mes de maio😉. Coma todos os días, comezamos traballando coas cancións e o calendario. E despois, podedes facer as seguintes tarefas que vos propoño para hoxe. Unha aperta!!
CARLOTA
Podedes seguir traballando a través de cancións, puzzles e xogos de encaixar, o uso de pictogramas, vocabulario de animais, alimentos, cores, roupa...
LUCI
Seguimos traballando co nome propio, a comunicación e expresión a través da formación de frases e preguntas que lle formulemos, xogamos coas vogais buscando palabras que as conteñan, vocabulario, conteo, xogos de motricidade fina, e fomentamos a atención e a memoria.
ISAAC
Traballamos a lectura e comprensión, a comunicación e expresión, a formación de palabras e frases, a memoria e atención, facemos problemas sinxelos, escribimos números anteriores e posteriores e traballamos o reloxo.
E de parte de Carlos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario