jueves, 7 de mayo de 2020

Bos días Superpondais, xa vamos na metade da semana e xa cumplístedes coa metade do voso traballo💪, uns protestando outros non pero cumprindo.
Hoxe ides facer só dúas cousiñas porque sei que cando facedes as cousas con interese, esforzándovos e superándovos inda vos leva tempo. Entón prefiro que fagades menos pero que a fagades ben ben.

MATEMÁTICAS:

48976 x 67=

65408 x 82=

63282 x 324=

48962 x 256=

GALEGO:

Falando con algúns de vos, das cousas que botábades de menos, que cousas tiñades ganas de facer, a quen tiñades ganas de mirar, que é o que máis añorábades do cole, que persoas do cole....... ..
Pois por esas cousiñas que me contábades e sobre todo por un compañeiro voso que me dixo que tiña moita pena por perderse unha cousiña que celebramos no cole e este curso non iba a ser posible, por iso a tarea de hoxe.

 A él e a mín ocurréusenos que escribírades unha carta a alguén do colexio; ben sexa para saudalo/saudala, para contarlle algo, para preguntarlle algo que vos inquiete e queirades saber, ou para pedir ou plantexar algo que fora posible ou que vos gustaría que se cumpra o día que voltamos, ou nun futuro..............

A carta como dixen pódese escribir a calquera persoa que traballe no cole: calquer mestre/mestra de calquer curso ou asignatura, ao noso director ou directora, as vosas amigas Marías de secretaría, a Miguel ou Fran, as cociñeiras............

Pensade, pensade a quen vos gustaría atoparvos ou volver a mirar pero como non é posible escribídelle unha carta, tanto saudando como falando de cousiñas. Non quero dar pistas, cada un que sorprenda e que escriba o que queira, pero lembrade: "escribir é libre" podedes escribir dende como vos sentides, ata o que queredes saber ou ata facer peticións ou dar ideas.

Por suposto, este é un escrito o cal vai servir para poñer unha estreliña en galego pola boa presentación, letra, expresión e interese por intentar redactar ben.

A carta é vosa non dos pais, así que podedes preguntarlles dúbidas de palabras pero sabedes facelo soíños. Lembrades cando fixeramos aquela carta a Papá Noel recortando as súas partes, pois tende en conta tódalas partes que ten que ter unha carta. Para os nenos/nenas que non se lembren das partes, deixo aquí abaixo un esquemiña.

Por suposto a carta pódese decorar  ou o que queirades, sempre e cando teña boa presentación (nada de lapis). Podedes incluso facer unha plantilla como vos fixera eu para poñer por debaixo.

Hoxe é esa tarefa só pero quero esforzo polo escrito. Pensade, pensade a ver a quen ou para quen. Se lle preguntamos a Luci seguro que nos dí que bota de menos falar con María a de secretaría para que  lle poña música para bailar, Isaac seguro que está desexando ir con Marieta e Mari á biblioteca, Carlota desexando ir a area a xogar, algúns que eu sei estarán botando de menos ás cociñeiras, a pizza do cole ou o churrasco..... , outros estarán pensando noutras persoas para saudar, pedir cousas.

Uyyyyy medo me dades coas cartas, inda estou pensando no plan de firmas que fixérades as miñas espaldas para pedir un circo no cole😂😂. Moi ben, se iso gústame, que sexades creativos e ás veces os desexos cúmprense.

Biquiños e ata mañá. Espero con entusiasmo a chegada das cartas para ler (non enviar ata o venres que así enviades as cartas con algunha cousiña máis que pedirei).





2 comentarios:

  1. Bos días a todos.
    Temos unha dúbida: a carta ten que ser en galego ou castelán?

    ResponderEliminar
  2. En Galego que hai que reforzar. Ánimo!!

    ResponderEliminar