jueves, 7 de mayo de 2020


Xoves, 7 de Maio de 2020.


Bos días!! Hoxe é xoves, polo que imos facer unha sesión de contos. Nesta ocasión, escollín o libro de Elmer, seguro que vos gusta moito! 😊

Primeiro déixovos o enlace para que o podades ver:

https://www.youtube.com/watch?v=CFY7SQnwnbE

E agora, propóñovos unha variedade de actividades para que escollades vós cales queredes facer. Espero ver os vosos traballos!😉

PREGUNTAS SOBRE O CONTO


CREAMOS O NOSO PROPIO ELMER

Podedes pintalo coas vosas cores favoritas ou con esponxas, facelo cun tubo de cartón ou con plastilina.

XOGOS 





 PUZZLES




PROFE ELENA:

LUCI
Bos días para Luci, mándolle moitos biquiños. Hoxe cando Salva faga a carta ,Luci pode facerlle un debuxo a quen ela queira do cole, un debuxo ou varios para quen ela queira.

ISAAC
Bos días Superheroe, segue traballando moito que cada vez queda menos para ese Oscar. Hoxe vas ler a outra publicación e vas facer en lugar dunha carta, unha tarxetiña cunha mensaxe e un debuxiño para a persoa que tí queiras do cole ou para varias en xeral como queiras.
Preguntas para axudarlle un pouquiño a coller ideas para escribir a tarxeta con oracións ou mensaxe:

¿A quen queres escribirlle?
¿por qué lle escribes?
¿ qué lle queres dicir?
¿qué é o que máis botas de menos?......

Biquiños e ata mañán😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario