miércoles, 13 de mayo de 2020

Bos días🙋, como foron os exercicios de mate?, sinxelos ?. Xa estamos en Maio e eu tiña con algúns nenos o trato que en Maio xa ningún podía fallar en ningunha tabla de multiplicar........
Espero que se poñan todos as pilas e que estén preparados para poder botar algún día cando se volte ao cole unha partida co paliño das táboas, pero......unha partida super super rápida, polo que hai que sabelas todas moi ben para responder moi rápido. Xa sabedes, o que antes responda e acerte é o que gaña e por suposto haberá premios.

TAREFAS DE HOXE

Hoxe ides traballar galego e lingua castelá ó mesmo tempo, xa sabedes o que aprendemos nunha lingua, vémolo moitas veces na outra. Tendes que aprender a traducir e a saber empregar as dúas linguas dependendo do contexto ou da situación en que esteades. Eu xa sei que agora cada vez que mando redactar en galego non vos gusta, que me consta polos pais e na aula facíades o mesmo, pero xa veredes como a base de practicar, empregar e estudar co paso do tempo cada vez seravos máis sinxelo e vos gustará incluso máis, xa veredes😉😉.

Hoxe ides traballar os pronomes persoais e un pouco os verbos. Despois deixo outra tarefa pero non de escribir vale?.Podedes facela a tarde noite mellor, non sei cando decidan os adultos que che van axudar.

LENGUA:
Vemos el video y hacemos el ejercicicio de abajo de poner cada verbo al lado de la mochila de la conjugación correspondiente.
https://drive.google.com/open?id=1jk4axQT-vt6climGxjtYZVPgqyaa9RUq


GALEGO:



COMPRENSIÓN LECTORA
Sei que non todos últimamente están lendo e eu xa vos expliquei moitas veces o importante que é a lectura de libros incluso para que vos salgan os problemas de matemáticas. Canto máis leas maior comprensión tes de calquera escrito, canto máis leas máis improvisación resolución, axilidade mental e sobre todo para maior razoamento. Iso para as mates e para as linguas xa sabes que canto máis leas máis vocabulario sabes, mellor ortografía, máis creatividade para crear un relato.......Resumindo a lectura é moi importante para todo.  Tendes que ler polo voso ben, sexa do libro que queirades pero mínimo dúas folliñas polas noites.
Deixo eiquí unha lectura con exercicios, pero non quero que escribades, senón que leades e un adulto che faga os exercicios de forma oral, así se tes dúbidas de vocabulario pode axudarche. Se non hai ningún adulto contigo ou non poden atenderte non te preocupes dille que che deixen un teléfono e avísame e chámote eu para os exercicicos orais. O que quero e que leades galego e vos soíños.

https://drive.google.com/open?id=16w6E6zBd5MF0R5LCnnJ9C6zIe2VOFFHx

https://drive.google.com/open?id=1cg_nsDMxpwYdeHwfjWVYkC8eg43dNdSq

Biquiñosssssssss

3 comentarios: