Ola, son a profe Elena, benvid@s a Superpondais, a esta nova forma de comunicarnos. Na clase sempre falamos de que existen moitas formas de expresarnos, verdade? Pois esta é outra que nos permite reforzar o xa aprendido, pero sobre todo seguir unid@s e xuntiñ@s.
viernes, 29 de mayo de 2020
Bos días a todos, como o levades?, sei que fai calor e que costa centrarse, que pesan os días, as tarefas e que queredes xogar e saír, pero poñendo da vosa parte só tardades un ratiño en facer as tarefas.
MATEMÁTICAS
Hoxe ides traballar matemáticas pero algo novo para variar e motivarvos un pouquiño. Sei que cando son tarefas de adiviñar gústavos máis , así que; hoxe déixovos dúas deste tipo.
Primeiro miramos o video:
https://youtu.be/5SkqFMmnnp8
Agora facemos a tarefa sobre os números romanos, pensádeos ben. Se non sodes capaces, non pasa nada consultades a teoría que puxen no enlace de embaixo. Copiando e cubrindo tamén se aprende. Cortóuseme o video, pero só me faltaba enfocar a pizarra como vos dicía😉.
https://drive.google.com/drive/folders/1B8hq1I-gyrL1oPFmeT07j9yctfuzspXj?usp=sharing
Deíxovos a teoría para saber preparar as tarxetas ou estudalos por aquí (xa vos queda para o curso seguinte).
https://drive.google.com/drive/folders/1gtMDHKjKGKO6JeL5vd25616I-4021vYM?usp=sharing
GALEGO:
-Escribe 3 frases: unha en presente, outra en pasado e outra en futuro.
-Cita 3 verbos da 1º conxugación, 3verbos da segunda e 3 verbos da terceira.
PARA A SEMANA QUE BEN
Por último, cóntovos a tarefa do venres que ben. Para ese día quero que elixades un tema de sociais ou naturais ( o que vós queirades).
Por exemplo: O tema do universo.
Pois con ese tema ou outro, tendes que facer unha exposición, é dicir; presentarme o tema da maneira que vós queirades nun video.
Por exemplo: cunha maqueta, facer unha serie de debuxos explicándomos, un experimento co que expliques ese tema, un lapbook, unha presentación con figuras de plastilina, de recortes, incluso unha canción, un rap......
Calquera cousa que se vos ocorra, co que vós fagades ben a exposición. Por suposto, valorarei tanto os coñecementos que mostredes sobre ese tema, coma o traballo previo para esa presentación.
Non quero dar máis ideas porque gústame que salga de vós. Pensade que é un traballo para a evaluación, así que espero que poñades moito da vosa parte por esforzarvos.
O traballo do que vos acompañedes é o que vos vai axudar a saber explicalo ben. A exposición, presentarédela a través dun video .
Confio en vós, quero que preparedes o tema e me expoñades o que saibades (sin ler por un papel nin nada).
Cóntovos isto hoxe, aínda que falte unha semana para que: vaiades elixindo o tema, pensando como facelo, buscando materiais e estudando o que me queredes contar.
A semana seguinte tendes o mércores e xoves para facer este traballo que sei que leva tempo . Non porei tarefas eses dous días.
Biquiños a todos e boa fin de semana😘
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola Elena soy Mateo Vega y te quiero preguntar si puedo hacer El trabajo sobre Los dinosaurios. Soy muy fan de ellos estoy toda la mañana viendo videos sobre ellos y tengo Muchos juegos sobre ellos Muchos besos
ResponderEliminarMe gustaria mucho. Me aria illusion, Muchos besos
Eliminar