viernes, 15 de mayo de 2020

Bos días a todos/todas moito ánimo que xa vamos coas últimas tarefas da semana ademáis hoxe temos celebracións para poder traballar.

Non sei se o sabedes pero hoxe é o "Día Internacional da Familia", aínda que este día deberíamos celebralo todos os días do ano, hoxe dámoslle un valor especial.
Penso que xa vos teño falado moitas veces da importancia dos pais e da familia en xeral pero gustaríame lembrarvos algunhas cousiñas.
O primeiro, que o máis positivo que puidemos sacar deste confinamento foi ter máis tempo para pasar coa familia, para facer o dobre de cousas xuntos na casa e para ter moitas conversas que ás veces na rutina/estrés do día a día non nos permiten os adultos buscar tantos momentos para todo iso cando en realidade " a familia" e o máis importate que temos.

Quero que lembredes que sodes moi afortunados de ter unha familia, como xa dixen outras veces, da o mesmo pai-nai  na mesma casa ou en casas separadas, da o mesmo que sexan parexa ou non, como vos expliquei algúns de vós algún día, eses pais non é que non se queiran senón que se queren de forma diferente e non o suficiente como para vivir xuntos, o cal non é necesario porque o importante e que todos/todas tendes un pai e unha nai que vos queren a VÓS que iso si é o importante, é o único que realmente importa "que vos queren a vos". Xuntos formades unha familia igualmente a cal non sempre ten que estar baixo o mesmo teito.

Estou lembrando os momentos eses de aula nos que dicides: é que miña nai é unha aburrida que sempre me está a chamar a atención, é que meu pai non me deixa tal....é que castigáronme sen tal...., por culpa de meu irmá non podo tal...., miña avoa sempre me berra....obríganme a estudar moito.....Pois hoxe quero repetir o mesmo que non por berrarvos vos queren menos, todooooo o contrario, se vos berran, os obrigan e demais é porque vos queren moito e queren o mellor para vós e o mesmo que quero eu : que seades futuros homes e mulleres cuns valores.

Eles vos están dando o mellor regalo dos regalos "os valores humanos" e iso non se compra con cartos. Dade gracias de ter unha familia na que repito non sempre todo son momentos de felicidade senón que se trata de xuntos resolver problemas, buscar solucións e entre todos buscar o benestar de todos os compoñentes da familia.

Así que valorade a sorte que tendes, axudar a ese benestar tamén, asumir as vosas responsabilidades, comportádeos ben e disfrutar, sobre todo iso disfrutade da familia que "a familia" é o único lugar ideal para TODO (educación, coidados,aficións, diversións, gustos.....).

1º TAREFA
Despois desta charla como faríamos na aula, agora propoño unha tarefa que é diseñar nun folio ou nun cuarto de cartolina unhas "normas de familia" ou de casa para que as podades colgar nalgún lugar da vosa casa. Se o facedes en cartolina sempre queda máis chulo ou no folio con coloríns e decorado o arredor, iso xa como é para a vosa casa deixo a gusto de cada un. Aínda que as normas de cada casa xa falamos que son diferentes, como dixemos na casa da avoa se vos permiten outras cousas que papá e mamá non jaja, a pesar dixo moitas normas si son comúns, evidentemente a educación e para todos nenos e adultos. Pero.....  hoxe vos propoño unhas normas divertidas para que vos queden chulas na casa, son como a do cadro que estabamos facendo dos heroes na aula lembrades?, que puxéramos nesta clase prohibido entrar triste, só berrar de alegría.....
Bueno pois para que se vos ocurran as vosas para toda a familia deíxovos ideas:

 Cada un que invente as propias da súa casa, podedes facer esta actividade en familia e que todos poñan unha norma. Pero decorar un cuadro ou cartel chulo para a vosa casa e cada vez que algún membro non cumpra a norma  recordalla. Por exemplo: a min gústame moito a dos 20 abrazos, recórdame moito  a: Ali,  Valeria, Iker, Mateo Vega,  Daniella,  Carlota,  Isaac,  Darío A, Luci, Alexandra, e a Carme, por que a eles?, porque son os que nos comennnn con  apertas todooooo o día a todos. Os abrazos son moi importantes e nestes momentos son o que máis se botan de menos que co COVID non podemos dalos.
Cando fagades o cartel tipo cadro gustaríame miralo, se hai cousas, normas íntimas de familia non claro, pero quero saber polos pais polo menos que o fixéstedes. Podedes deixar a actividade para facer o finde todos xuntos en familia.
https://drive.google.com/open?id=10nbXnNNfUDYlXbXvjN59fPaX1m6E1ClZ

https://drive.google.com/open?id=1jbJboOLy8zNaPuqZohhWwc4zA3IpXAds


2º TAREFA
Este domingo  é o día 17 de Maio data importante  "Día das letras Galegas" o cal celebramos sempre. Este ano os actos presenciais, actividades e celebracións pospóñense para o 31 de Octubre debido ó Covid -19, pero inda así debemos facer unha celebración colectiva  lembrando todos os galegos a figura de "Ricardo Carvalho Calero". Como xa sabedes cada ano adícase as Letras Galegas a unha figura, homenaxéase a un autor Galego.

Bueno pois hoxe a tarefa que vos deixo e a de ler sobre este autor que sei que son 7 páxinas pero tamén é só o que vades facer ler moito que os ben moi ben e facer dúas únicas tarefas. Unha é a que aparece ó final desta publicación que vades ler (actividade 5):
-Esta actividade 5: Síntome mais libre e feliz cando........(sobre 5 liñas, quen quera máis por suposto que pode).Esta actividade é moi  rápida e sinxela só se trata de contar como vos sentides. O neno que queira facer o resto das actividades que se propoñen ahí pode facelas orais, de feito a do escudo (3) é moi interesante.
É OBRIGATORIO LER TODO O QUE APARECE NO ENLACE E ENTERARVOS DO QUE DÍ, QUE APRENDADES COUSAS QUE SODES MAIORES PARA LER.

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha2.pdf

3ºTAREFA

-Ó rematar ides facer a seguinte actividade  na que quero que vos esforcedes porque é o único que vos vai dar traballo hoxe.


Poñedes nun folio o título de:

"UN LUGAR DE GALIZA"

Quero que fagades unha redacción sobre un lugar que vos guste de Galiza, pode ser un sitio, unha cidade ,un monumento importante.....non sei o que queirades. Buscade información sobre lugares bonitos de Galiza se non se vos ocorre. Se forades mais maiores pediríavos un traballo de monumentos de Galiza para visitar, pero hoxe con que fagades unha redacción ou pequeno traballo sobre un lugar ou ambas cousas, lugar e monumento chega. Bueno cada un o lugar que queira pero xa sabedes IMPORTANTE: UNHA CARILLA.

Darlle a cabeza que Galicia é moi bonito e ten lugares fermosos para visitar, por suposto podedes dar a vosa opinión sobre o sitio ou sitios, se estivestedes ahí nese lugar, se vos gustaría,a xente que hai,algunha comida típica, non sei.....

-Se algún neno/nena prefire poñer de título "GALIZA UN LUGAR MÁXICO" e así contar todo o que queira sobre Galiza  por suposto que pode  falar de forma máis xeral Galiza, as súas costumes, lugares, comidas, lingua......

ESTAS DÚAS ACTIVIDADES SON EN GALEGO E PARA ENVIARME CANDO POIDADES.
O CARTEL DAS NORMAS DA CASA EN CASTELÁ E NON É OBRIGATORIO ENVIALO PERO SI FACELO HOXE OU A FIN DE SEMANA.

Boa fin de semana a todos e espero eses lugares, o mellor eu inda non o visitei........😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario