Bos días!! Que tal estades?
Como xa sabedes, este curso non imos poder voltar ó cole. Sei que tiñades moitas ganas de ver ós vosos compañeiros, pero temos que pensar que é a mellor decisión para coidar os uns dos outros, porque aínda temos que seguir loitando contra o virus para poder estar xuntos de novo sen medos.
Pero seguiremos traballando a través do blog da mellor forma posible e faremos por vernos aínda que sexa a distancia. Para calqueira cousa que precisedes, tedes o meu correo á vosa disposición😉. Ánimo familias!!
Para hoxe propóñovos as seguintes tarefas:
- XOGOS PRIMAVEIRA
Imos seguir traballando a estación de primaveira a través de actividades de atención, conteo, seriación, sombras, debuxos...
CARLOTA
Coas seguintes actividades podemos traballar as cores, os alimentos e vocabulario de obxectos e animais e a motricidade fina.
LUCI
Traballamos o conteo e os números, as vogais e(xogando con palabras que comecen por elas) e a motricidade fina.
ISAAC
Podemos traballar o abecedario e pensar palabras que comecen por unha letra dada ou que a conteña, os números ordinais e a motricidade fina.
E de parte de Carlos:
PROFE ELENA
Bos días , como puxen na outra publicacións esta semana foi o Día Mundial das Abellas así que hoxe todos imos traballar un pouquiño de comprensión sobre as abellas, pode leer a ficha que deixei na outra publicación (exercicios) e facerlle unhas preguntiñas de alí ou mellor mirar estes videos e facerlle unhas preguntiñas sobre estes videos a ver que tal a comprensión.
https://www.youtube.com/watch?v=546MGlSthbU
https://www.youtube.com/watch?v=fB76tEKsc_U
Un biquiño aos tres e ata mañán😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario