martes, 19 de mayo de 2020

Bos días a todos/todas , antes de nada o primeiro que quero é felicitar a dúas persoas que me esquecín do seu aniversario, Andrés porque pensei que era o 26 e Valeria como xa lle dixen porque non tiña anotado o día🙆. Na clase non se nos pasan estas cousas verdade?.....
Bueno pois que saibades que xa teñen 9 anos, Andrés dende o sábado e Valeria dende onte. Así que como máis vale tarde que nunca :


PARABÉNS DOS VOSOS COMPAÑEIROS E MEUS





SUPERPONDAIS

Púxenvos estas fotos porque seguro que vos traen bos recordos.

Bueno agora imos ao lio, que tal os cuestionarios de onte?, sei que algúns ben, só dudaban o das divisións pero xa dixen que fora erro meu. Polo demais houbo algúns que me dixeron que lles gustara mais facer o test que cando son exercicios.
Así que penseino e inda que vos grabei un video para repasar divisións, vouno deixar para o xoves e así fago recopilación das dúbidas dos test cos videos.Así damos matemáticas estes dous días e logo centramonos noutras cousiñas.
Hoxe vou deixar outros test e quero que me enviedes entre hoxe e mañán os test de onte e de hoxe, así sen correxir, xa os corrixo eu, así vexo os fallos para grabar videos de reforzo de matemáticas según os erros e o xoves xa correxides vos os vosos propios falliños.
Deixo aquí debaixo os test de hoxe.

A ver que tal vos salen hoxe, o que non vos esqueza deixádeo en branco que despois xa vexo eu o que hai que reforzar. De todas formas tendes o libro para consultar o das medidas de lonxitude e tamén o último que deramos dos ángulos que era só iso que vos aparece no test. Aprendede a buscar vos soliños dúbidas no libro, manexar información tanto hoxe no libro como cando vos digo a buscar en internet, tendes que intentar solucionar vos os problemas e aprender a resolver. 

Pensa que farías se non estivera mamá/papá na casa?, buscarías no libro , consultarías dúbidas e responderías. Pois faino igual que si non hubera ninguén na casa. Claro que si non entendes podencho explicar, pero unha cousa é non entender e outra non lembrar, se non lembras, vai o libro e consulta. 
Cantas veces vos dixen eu na clase , olvidate de que estou aquí que farías?, verdade que a máis de un díxenllo?, e dixen moitas veces o motivo de porque o dicía, para que aprendades tamén a resolver vos os obstáculos do día a día, senón sempre estades: profe no me coge, profe se me rompió, profe y como hago ahora, profe él me molesta, profe yo no encuentro la página.......Se eu che digo todo a primeira e che axudo en todo , nunca vas ter autonomía, e sodes maiores . Claro que como vos dixen eu explicocho as veces que faga falta, pero primeiro intenta buscar solucións ti só, que as veces xa me chamades antes de acabar de ler o enunciado jaja.
Pois na casa igual, ten autonomía, no caso de que vexas varias veces que non eres capaz nin buscando no libro,entón si pide axuda, pero son cousas dadas na clase ao longo do curso.
LEMBRADE ENVIARME ENTRE HOXE E MAÑÁN OS CUESTIONARIOS 1/2/3/5/6/7 (ONTE E HOXE).

Xa non vos poño nada mais, prefiro que repasedes ben iso. Por certo o da xincana esperade ata mañán que subiremos as explicacións todos os profes que hoxe non puido ser. 
O rematar as tarefas podes ler un pouco e senón a noitiña pero ler todos os dias. Os nenos/nenas que tiñan conmigo o trato de que antes de rematar Maio ían aprender todas as tablas, lembrolles que hoxe é día 19 xa quedan menos de 15 días para que remate o trato.......

Deixovos unha canción relacionada co noso proxecto, mirade as imaxes e escoitadea ben.

Biquiños a todos e ata mañán.



3 comentarios:

  1. Buenos días, Elena.
    Nos diste acceso a muchas fichas para los niños.
    Supongo que los test que tienen que hacer son los de la carpeta "test día 2", verdad?
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
    2. Laura penso que xa está non?,avisademe se é que non. Gracias

      Eliminar