viernes, 22 de mayo de 2020

Ola papis, aquí vos deixo o que acordamos para o xogo do vocabulario. Deixo aquí unha foto de como xogamos na aula. O primeiro é preparar o xogo, escribir as palabaras en castelá na cartolina que mercastedes ( na amarela por exemplo) e a palabra en galego na cartolina laranxa, diferenciando as dúas linguas por cores. Se as van escribir eles en maiúscula mellor que visualizando memorizan a palabra mellor. As palabras escribiránse separadas para despois poder recortalas en rectángulos como as da foto e xogar con elas como se foran tarxetas.

Para non subir varias veces vocabulario, fixen esta única recoplilación de vocabulario: vocabulario do curso, o que inda quedaba por ver e sobre todo metín vocabulario que anotei dos escritos que teño deles de todo o curso,erros que se foron cometendo. Escriben un pouco en galego , despois meten seguido palabras en castelá e o máis lles custa son os verbos en galego. Todo isto é normal, están aprendendo pero bueno nunca está demais prácticar xogando e así vanlle quedando.

Non é obrigatorio, sei que algúns pais o querían comparto no blogue xa que é bó para todos, pero nin é obrigatorio nin as vou preguntar nin evaluar  nin moito menos. Son aprendizaxes e xogos proveitosos que nunca están demais para axudar aos nenos/nenas, porque como vos teño dito o vocabulario e a lectura axúdalles a eles despois a saber expresarse tanto de  forma escrita como oral.

Deben xogar con 20 palabras, así cando vexades que esas 20 saben relacionalas, outro día con outras 20 e así ir engadíndo ou sustituíndo as palabras do xogo.

Na aula no xogo este de galego-castelá metíalles 30 palabras, e nese sobre íballes cambiando palabras. Teño que recoñecervos que por xogar  cos outros xogos de adxectivos e así pelexaban, pero este de galego  non o querían, porque como lles custa prefiren os outros.Puxen unhas en femenino, outras en masculino e outras en plural para que traballen todo. Eles vendo a lista van dicir que a saben pero despois non é así, sobre todo cando en galego e castelá dixe igual pero se escribe diferente.

https://drive.google.com/open?id=1rkfhx4XDtzfV0klZhcGklGMEePLGDBhg

Un último spring papis ,digovos o mesmo que aos nenos que estades todos facendoio moi ben💪. Para a miña consideración por vós jaja adxunto unha imaxe que vai dirixida tanto para nais como pais.





Boa fin semana a todos/todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario