jueves, 14 de mayo de 2020

Xoves, 14 de Maio de 2020.


Bos días!! Como vai a semana? 
Hoxe é xoves, polo que imos facer unha sesión de contos. Espero que vos guste moito!😊
Pero antes de comezar, non olvidedes traballar as cancións e o calendario que forman parte da nosa rutina. Unha vez feito isto, continuamos coa sesión de hoxe.

Lembrades quen é Hervé Tullet? O noso proxecto de aula naceu dun conto deste autor que vos gustou moito. Aquí tedes a foto da portada, estou segura de que vos acordaredes😉



Algo que caracteriza a este autor é que nos seus libros xoga co factor "sorpresa", utilizando a maxia e as cores especialmente. Hoxe quero propoñervos outros dous contos de Hervé Tullet, moi diferentes ós que xa vimos, pero moi divertidos.

- Comezaremos a sesión de hoxe escoitando e vendo os seguintes vídeos:



- Que vos pareceron? Agora imos a traballar empregando os nosos DEDOS.


  • Podemos facer un debuxo de primaveira (unha vez na aula fixemos un moi chulo) ou calqueira outro que vos apeteza. Experimentade e xogade coa arte libremente!😄 Déixovos algúns exemplos:




  • Outra actividade consiste en crear títeres de dedo e contar unha historia: con papel, cartulina, limpiapipas, telas...










  • E por último, imos traballar a lateralidade e a coñecer os nomes dos nosos dedos con estas cancións:
           CARLOTA: déixovos dúas cancións que lle encantan e que podedes cantar con ela facendo movementos.




           ISAAC y LUCI: contamos os dedos e aprendemos os seus nomes.




     Despois, debuxamos as nosas mans traballando cal é a esquerda e cal a dereita e poñemos os nomes dos dedos:





Encantaríame ver algunha das vosas creacións e historias cos títeres de dedo!😄

Correo: oteromiguelez.lucia@gmail.com

PROFE ELENA:

Bos días hoxe hai video común sorpresa para todos na outra pestaña, que temos a León de superheroe.
Despois de mirar o video ver tamén o video dos mamíferos, seguimos repasando. Deixo aquí o enlace que é o mesmo :
https://www.youtube.com/watch?v=eZXJ-g4jBG4

Ó rematar facerlle preguntas orais de comprensión sobre o que veu no video. Podes empregar algunha das que lles deixei no enlace da outra pestaña (actividade 1 tamén), pero por exemplo:

-¿Todos os mamíferos viven na terra?
-¿Qué comen?
-¿Nos primeiros anos maman ou comen carne e herba?
-¿O morcego é un mamífero?, ¿e a xirafa?
-¿Qué fan os rumiantes?
-¿como respiran os golfiños?
-¿Os mamíferos mariños teñen aletas, patas ou ás?..........

Podedes facer a actividade 3 , buscar e comentar de forma oral que seguro que lle fai ilusión ver un pez coma León. Pode buscar el a información , ensinámoslle a poñer no buscador o animal do que quere saber cousiñas.

Biquiños para os tres e ata mañán😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario