jueves, 28 de mayo de 2020

Bos días meus heroes/heroínas, como estamos?, espero que todos moi ben. Hoxe ides repasar o dos ángulos, que para os que non o tiñades claro déixovos un video que vos explica moi ben os tipos que hai co voso corpo en movemento . Así que: todos en pé e a facelo. Este video é como fixemos coas horas no chan de clase, lembrades?.

https://www.youtube.com/watch?v=6wscEyBlPLA

Agora que xa repasamos os ángulos, podemos aprender que tipos de triángulos hai según os ángulos.
Sabedes que hai moitos triángulos diferentes?, por exemplo, cando na clase facíades un triángulo coa regla, algún dicíame que non lle saía ben porque non era coma o do libro.

 Pois no video, ides mirar que tamén están ben eses outros triángulos. Aínda que non teñan todos os lados iguais ou os ángulos, son triángulos tamén.

https://www.youtube.com/watch?v=MextPb4-wsA

TAREFA

Agora ides intentar facer estes dous exercicios para ver se vos quedástedes con algo. Non vos preocupar se non vos acordan os nomes ou non entendedes, xa o explicaremos no cole vale?.

Sei que ver cousiñas novas tamén vos gusta de cando en vez.

https://drive.google.com/open?id=1Pt4ilgtZQ8HJS97a2o5Tc22XYChXSNyV

OPERACIÓNS:

89642 x 478=
74659x 629=

GALEGO
A continuación, vas buscar no dicionario ou en internet o significado de "aceptación" e "diversidade". Vas anotar os significados, no folio que tes das definicións de valores.

Para rematar, vas mirar un curto da nosa lista do proxecto que ten que ver co valor que acabas de buscar. Fíxate moi ben en cada xesto das persoas do video, en cada detalle.

Douche unhas pistas para que te fixes e teñas en conta varias cousiñas que temos falado: aceptar outras culturas, outros rasgos, normalizar que todos somos iguais, saber o importante que é o traballo en equipo e sobre todo a importancia de aceptarnos a nós mesmo como somos.

https://www.youtube.com/watch?v=kNw8V_Fkw28

Responde a estas dúas preguntas razoando as respostas.:
-¿Que lle pasa a nai e por que saca o pano da cabeza?
-¿A nena acéptase a si mesma ou non?

Bo traballo e agora fáltache disfrutar o resto do día.
Moitos biquiños e ata mañán campeóns😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario