Bos días!! Como estades?
Imos comezar o día co calendario e as cancións, e despois podemos facer algún dos exercicios de psicomotricidade que vos planteei en entradas anteriores: posturas de ioga, xogos de movemento onde traballedes conceptos coma números, letras, antónimos... Desprazaros coma se forades distintos animais (canguro, águia, ra...).
Ó longo da maña deixareivos un vídeo que preparamos os profes da xincana, para animarvos a todos e todas a participar😊. Esperamos que vos guste!
Adxúntovos tamén a plantilla e as instrucións para que teñades todo xunto. A xincana consiste en que tedes que ir facendo as distintas actividades que se propoñen (son 6 en total) e a medida que as ides completando, lle mandedes un correo ó profe correspondente para que vos diga se o reto está superado. Podedes facelas na orde que prefirades. Unha vez rematáchedes todas e as mandáchedes, podedes enviarlle un correo ó profe Alberto para avisarlle de que completáchedes a xincana😉.
Como hoxe nos tocaría facer unha sesión de psicomotricidade, podedes aproveitar para facer o reto do profe Alberto😉
Enlace instrucións:
CARLOTA
LUCI
ISAAC
E de parte de Carlos:
Unha aperta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario