lunes, 18 de mayo de 2020

Bos días a todos, como foi esa fin de semana?, seguro que moitos paseos, voltas en bici, un pouquiño de sol que facía falta despois de tanto tempo na casa.......
Agora o vir o bo tempo sei que xa non vos apetece estar na casa  e menos facendo tarefas, pero como vos dixen o outro día xa queda moi pouquiño para rematar o curso. A parte dixo quero que entendades que non tendes que facer as tarefas porque a profe manda e  porque mamá/papá obrigan,  por iso non, xa sodes maiores para entender as cousas e que cada un de nos ten unha responsabilidade, e tendes que saber cal é a vosa sen ninguen decirvos nada.

Lembrades cando vos explicaba na aula que eu non quería nin castigarvos  nin enoxarme todos os días polo comportamento?, que vos explicaba?, que coa idade que tendes xa tiñades que entender o que estaba  mal ou ben, que comportamentos se debían corrixir e todo iso, sen necesidade de me enoxar a mín,o importante era que vos recapacitarades e o entenderades sen necesidade de regañinas.

Pois agora coas tarefas é o mesmo, ao cole non vamos, pero o cole continua e facede memoria cando na aula falabamos do dereito a educación, dos dereitos dos nenos vimos que tiñades dereito aprender por iso ibamos ao cole. No veran descansábades do cole, pero non por iso deixades de aprender, todos os días se aprender cousas novas.

O que quero que entendades hoxe é que aprender é moiiiiii importante para comprender o mundo que nos rodea, pero para aprender é necesario a VOLUNTAD que é a implicación e esforzo pola vosa parte. Facede memoria as frases que tendes no voso lapis, lembrades que moitos tiñan algo relacionado co que estou dicindo verdade?, pois non o esquecer ;agora máis que nunca debedes aprender a esforzarvos, non a conformarvos, pero non só coas cousas do cole eh!, nin aprender só no cole, senón esforzarvos e despertar esa curiosidade por aprender no voso día a día.

Hoxe vouvos deixar outro curto para a nosa colección de curtos do curso. Este é un pouco parecido aquel que viramos no  que a nena non era capaz de facer o xarron de barro lembrades? , pero en aquel caso vimos que coa confianza nun mesmo e a persistencia consiguense as cousas.
Bueno pois este de hoxe a ver o que interpretades, pero estavos mostrando a importancia de aprender, que con motivación e voluntad todo esforzo trae algo bo.( Se non o entendes falaio cun adulto ou chamame a mín que o vexo contigo). Gustaríame estar na aula para explicalo e que me contárades vos como sempre o que pensades e as conclusións.💭

https://www.youtube.com/watch?v=anTp6N7JBXk

TAREFA DE HOXE
Hoxe só deixo de tarefa matemáticas, uns exercicios diferentes, son uns test, si si o que escoitades en matemáticas tamén podemos facer test jaja, xa o digo porque algún estará a dicir como un test?.
Bueno pois agora veredes que son moitas preguntas, pero de responder algúnha nun minuto, outras en 5 minutos non máis.Este test é importante porque serve para darlle un repaso aos conceptos que sabemos e sabendo isto nos problemas só tendes que aplicar a lóxica.

Intentar facedeo soliños que son cousas que sabedes, que se vos puido olvidar algún nombre como sustraendo pode ser non digo que non, pero pensade que polo contexto ,sustraendo xa o di a palabra sustrae, coa división lembrade dividendo= divisor x cociente+resto,.......Xa non dou máis pistas que son cousas sinxelas e repito son de cumplimentar.
Por exemplo:
1- A
2-B
 O rematar a tarefa seguide lendo debaixo que hoxe os profes traemos unha proposta.

https://drive.google.com/open?id=1MUa3X88dNCha2RW9eE-cAIRFvKk7H7lT

Bueno agora deíxovos aquí unha xincana que preparamos os profes de primaria para todos os cursos. Trátase dunha xincana na que tes que conseguir facer os 6 retos para cubrir toda a xincana. Todos os cursos tendes 6 retos das mesmas especialidades pero según o curso varian esas actividades.
 Hoxe só a deixo para que vaiades vendo un pouco en que consiste pero mañán explicarémola mellor vale?.
Non é obrigatoria pero si que nos gustaría que mostrárades o voso interese, motivación, esforzo e participarades. Son retos sinxelos e se hai algún de escribir , como o da carta para vos esta chupado xa. Pero iso da carta xa o falaremos mañán. Hoxe só é para ler e ir pensando cousiñas. O xoves non vou poñer tarefas para que dediquedes a mañán a empezar a facer algúns dos retos aínda que a xincana tendes ata final de mes para conseguila, moito ánimo e a divertirnos e a participar todos.

https://drive.google.com/open?id=1p3cVXJ2RN8c2JXRTUs-pQsG34cMeEW_L

Biquiños a todos e mañán colgovos as solucións ao test a ver se tendes o número coa letra correcta. Se algún neno non entende algo que me pregunte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario