Bos días familias!! Que tal estades?
Esta fin de semana comezamos o mes de Maio, aquí vos mando o calendario de hoxe. Empezamos o día coas rutinas das cancións para traballar os días da semana, os meses e as estacións, e aprender estes conceptos.
Agora, deixo unha serie de actividades para traballar outros aspectos importantes e que podedes gardar para repetilas cando queirades.
CLASIFICACIÓN: Con estas tarxetas poden aprender vocabulario de animais, comida, roupa e transportes. Podedes clasificalas, escribir as palabras, describir os debuxos (que son, como son e para que serven ou que fan...), etc.
SERIACIÓNS: Con obxectos da casa poden facer series de tamaños, cores, formas, etc.
TARXETAS "COMPLETAR OS BOCADILLOS": Estas tarxetas serven para traballar a atención e aprender a describir.
ESTAMPACIÓNS:con rodillos, corchos, algún alimento...
BONECOS E PRENDAS DE VESTIR: este xogo pode facilitar a aprendizaxe das partes do corpo e das prendas de vestir, as cores, etc.
E agora vos mando unhas tarefas individuais:
CARLOTA
Seguir traballando con fotografías de familiares, con pictogramas, cancións para momentos do día e recollida do material, lavado de mans; as cores, a motricidade con diferentes actividades e xogos, a estimulación sensorial. É importante traballar a autonomía na vestimenta, facendo que ela mesma colla os zapatos e intente poñelos, por exemplo.
LUCI
Comunicación, motricidade, números e letras, tarefas da casa, autonomía na vestimenta, etc.
ISAAC
Lectura e escritura, tarefas da casa, compra-venta, horas, comunicación oral, problemas sinxelos, número maior e menos, etc.
Tamén podedes traballar a autonomía para atar os tenis. Déixovos unhas plantillas por se as precisades:
Unha aperta!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario