Bos días meus heroes/heroínas aínda que non haxa cole sabedes que temos que traballar igual, así que hoxe imos traballar matemáticas e galego. Vades facelo con calma e entre asignatura e asignatura descansades.
MATEMÁTICAS: imos repasar un pouco do tema 6 inda que esteamos rematando o 7. Primeiro vamos atar cabos como facemos sempre no encerado antes de facer os exercicios.
Lembremos que hai unhas unidades de medida naturais como son a palma da man, o paso e os pés e sabemos que a unidade de medida principal é o metro (m) verdade??
Aínda que midamos co metro sabemos que cando queremos medir cousas maiores ou menores co metro utilizamos os amigos das escaleiras a k si? (km,hm,dam,m,dm,cm,mm). Xa non vos debuxo a escaleira porque sei que a sabedes moi ben e que diferenciabades ben que medida empregabamos para medir unha piscina, un anel, una mochila……..Tamén lembrade k cando subíamos a escaleira dividíamos e cando baixabamos multiplicabamos por 10.
Pois agora ánimo e facede os problemas da páx 92 o exercicio 5 e da páxina 93 o exercicio 7,11 e 12. Ollo!!!!, recorda como fan os problemas os heroes: leen ben o problema , a continuación plantexano( datos), despois deciden o que van facer (dividir, multiplicar,restar,sumar sempre hai palabras que lle dan pistas para iso).Despois calculan e resolven e por último comproban que está solucionado correctamente e que non lle falte ninguna pregunta por resolver, xa sabedes as veces fan varias preguntas. Acordadevos o que digo sempre: nas operacions non sumamos peras con mazás, sempre todo na mesma medida ou igual que facíamos cos euros debaixo de euros e céntimos debaixo de céntimos ( se non esta na mesma medida hai que pasalo antes que nada).
Para rematar matemáticas como sempre un pouco de calculo, hoxe unhas divisións xa que é o que máis vos gusta, non olvidedes facer a proba D= d x c+ r.
Adxunto un video para os país de como facemos as división por si aparecen dúbidas, ¡ánimoooo!
Premede eiquí para ver o video (non na foto): Video División
Que me esquezaba!!!!, a ver que héroe/heroína está moi atento o video e se da conta dun erro que fixen ou digo na proba da división para ver quen é o pillo que se da conta igual que bos fago na clase, uyyyyy eses nomes…... pensade nos xestos que soemos facer coas mans cando dicimos cociente, cal é o cociente??
Premede eiquí para ver o video (non na foto): Video División
Que me esquezaba!!!!, a ver que héroe/heroína está moi atento o video e se da conta dun erro que fixen ou digo na proba da división para ver quen é o pillo que se da conta igual que bos fago na clase, uyyyyy eses nomes…... pensade nos xestos que soemos facer coas mans cando dicimos cociente, cal é o cociente??
AGORA COMO SE FORAMOS AO PATIO JAJA DESCANSADE E XOGADE UN POUCO, NADA DE FORNAIT EHH QUE VOS COÑEZO.
GALEGO: vamos agora con galego que imos tamén facer uns exercicios de repaso dos demostrativos , artigos e posesivos (que levan diante o artigo).
Xa sei que moitos aprendestes todos eles moi ben cos nosos raps e xestos sempre, por se algún neno non lle acorda adxunto video para que os repase, pero facede vos os xestos na casa para ver a que distancia se atopan os demostrativos e o seu xénero e número ( lembrade os exemplos: a porta nosa, a de Doris e a de Tomás).
Explicación Artigos, audio
Explicación Artigos, audio
Páxina 113 o 4 e 7 e páxina 120 o 3. E por último que eses son moi rapidiños dille a papá ou mamá que che faga un dictado que sei que vos gustan moito. Se queren pode ser o da páxina 115 e explícalle como os facemos.
Primeiro ditacho diciendo os puntos e comas só nada máis. E cando son enumeracións nin as comas sequera. Nos dictados só dou pistas vou citar varias cousas, vai falar alguén, vai haber un diálogo, fago as entonacións precisas para signos interrogación…..
O rematar o dictado dille a mamá/papá que eles volven ditado corrixindo en voz alta todo e ti eres quen corrixe no dictado os teus erros. Despois sabes que tes que repetir debaixo cada erro tres veces e por últimos leer os erros en voz alta e deletrealos como facemos no encerado para adiante e para atrás.
IMPORTANTEE!!!!, TODOS OS NENOS DEBEN LEER TODOLOS DÍAS UN POUCO E REPASAR AS TABLAS DE MULTIPLICAR (PRACTICAR AS TABLAS COMO FACEMOS NA CLASE CO PAU, XA QUE ESTADES NA CAS MEDIDE CUN METRO COUSAS DA CASA, O VOSO CUARTO COS VOSOS PÉS E COMPARADE CON DOS PAIS COMO FIXESTEDES CONMIGO….)
Ata aquí a tarefa de hoxe e nada de protestarlle polo traballo os país ehh, que xa dixemos que non estabamos de vacacións. Cada día un pouco e inda tendes o resto do día para xogar e disfrutar da familia. Saúdos a todos.
Muchas gracias Elena, pero donde está el video??? No lo vemos
ResponderEliminarEstá xa?
ResponderEliminarGracias Elena !!!
ResponderEliminarPerfecto.. muchas gracias
ResponderEliminarOla bo dia a tod@s.
ResponderEliminarGrazas a vosa profesionalidade sobre todo en momentos tan delicados é sensibles.
Forza.
Grazas a vós e só pido comprensión ante calquer erro ou tardanza que poidamos ter o profesorado en xeral. Hoxe a mañá non foi sinxelo poder subir a publicación (debe andar o Coronavirus ata polas redes).Un saúdo e grazas.
ResponderEliminar